Saltar ao contido

Tour de Francia 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2016
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI World Tour 2016 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.529 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaLe Mont-Saint-Michel Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
174, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, España, Andorra e Suíza Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo2 de xullo de 2016 – 24 de xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata
Número de edición103 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoChristopher Froome
Romain Bardet
Nairo Quintana
Peter Sagan
Rafał Majka
Adam Yates
Peter Sagan
Movistar 2016 Editar o valor en Wikidata

2015 Editar o valor en Wikidata
Mapa dos países participantes.

O Tour de Francia 2015 foi a 103ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. A edición deste ano disputouse entre os días 2 e 24 de xullo de 2016. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, das cales 9 eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e outras 9 maioritariamente chás deseñadas para sprinters. Ademais, este trazado tamén se caracterizou por ter discorrido por 4 países. Estes son: España, Andorra e Suíza ademais de Francia.

O pistoletazo de saída do Tour deuse no Mont Saint-Michel, rexión da Normandía e finalizou, coma é habitual, co paseo arredor do circuíto polo centro de París e que ten a meta na Avenida dos Campos Elisios. Esta proba foi a décimo novena no circuíto UCI WorldTour 2016.

A carreira gañouna por terceira vez (segunda consecutiva) o inglés nado en Kenya Christopher Froome. O ciclista do Team Sky demostrou a súa superioridade en todos os terreos (ata correndo a pé) e venceu por unha gran diferenza, debido tamén á axuda que lle prestou o seu equipo, demostrando ser unha estrutura moi forte e case infranqueábel. Tralo inglés rematou o local Romain Bardet que atacou na antepenúltima etapa saltando da quinta posición á segunda. No terceiro lugar acabou o Colombiano Nairo Quintana que era un gran favorito para a vitoria final pero que decepcionou ao non ser o mellor nos Alpes.

Dentro das clasificacións secundarias, o eslovaco Peter Sagan logrou o seu quinto maillot verde consecutivo por unha grande diferenza, que se tornou en maior logo de que a revelación do vello sprinter Mark Cavendish con catro etapas, se retirara para preparar o ciclismo en pista dos Xogos Olímpicos de Río. Ademais, o eslovaco do Tinkoff tamén logrou o premio supercombativo. Na clasificación do mellor escalador, o polaco Rafał Majka conseguiu a súa segunda vitoria nesta clasificación, logo de vencer por unha ampla vantaxe de puntos ao igual que o seu compañeiro de equipo na clasificación dos puntos. Entre os xoves, o compatriota do maillot amarelo, Adam Yates venceu tras unha bonita pelexa co surafricano Louis Meintjes. O mellor equipo volveu ser por terceiro ano seguido o Movistar Team.

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Na competición participaron 22 equipos diferentes, 18 da categoría UCI World Tour e 4 da categoría Profesional Continental invitados pola organzación (Cofidis, Solutions Crédits, Bora-Argon 18, Fortuneo-Vital Concept e Direct Énergie). En total tomaron a saída 198 ciclistas (9 participantes por equipo).

Equipo Cód.UCI Categoría Xefe de filas
Team SkyASTUCI World Tour Chris Froome
España Movistar TeamMOVUCI World TourFrancia Nairo Quintana
AstanaASTUCI World TourItalia Fabio Aru
TinkoffTNKUCI World TourEspaña Alberto Cntador
Francia Ag2r-La MondialeALMUCI World TourFrancia Romain Bardet
Países Baixos Team LottoNL-JumboTLJUCI World TourPaíses Baixos Wilco Kelderman
Trek-SegafredoTFSUCI World Tour Bauke Mollema
Suíza IAM CyclingIAMUCI World TourSuíza Mathias Frank
Cannondale-DrapacCDTUCI World TourFrancia Pierre Rolland
BMC Racing TeamKATUCI World TourAustralia Richie Porte e Tejay van Garderen
Dimension DataDDDUCI World Tour Mark Cavendish
Países Baixos Team Giant-AlpecinTGAUCI World TourFrancia Warren Barguil
Francia FDJFDJUCI World TourFrancia Thibaut Pinot
Alemaña Bora-Argon 18BOAProf.ContinentalAlemaña Emanuel Buchmann
Team KatushaKATUCI World TourEspaña Joaquim Rodríguez
Italia Lampre-MeridaLAMUCI World TourPortugal Rui Costa
Lotto-SoudalLTSUCI World TourAlemaña André Greipel
Francia Direct ÉnergieDENProf.ContinentalFrancia Bryan Coquard
Suíza Etixx-Quick StepEQSUCI World TourAlemaña Marcel Kittel
Alemaña Cofidis, Solutions CréditsCOFProf.ContinentalEspaña Daniel Navarro
Francia Orica-BikeExchangeOBEUCI World TourAustralia Simon Gerrans
Fortuneo-Vital ConceptFVCProf.Continental Eduardo Sepúlveda

Regulamento

[editar | editar a fonte]

Clasificación por puntos

[editar | editar a fonte]

En todas as etapas danse puntos para esta clasificación. Segundo o coeficiente de cada etapa, outórganse puntos de diferente maneira, en todos eles se reparten puntos aos 15 primeiros:

  • Coeficiente 1 (etapas sen dificultades): 50, 30, 20, 18, 16, 14, 12, 10, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Coeficiente 2 e 3 (etapas con percorrido accidentado): 30, 25, 22, 19, 17, 15, 13, 11, 9, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Coeficiente 4 e 5 (etapas de gran dificultade): 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Contrarreloxos individuais: 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Sprints intermedios: 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2. Hai un en cada etapa.

Clasificación da montaña

[editar | editar a fonte]

Para esta clasificación, repártense puntos aos primeiros ciclistas que coroan os portos puntuábeis. Os portos clasifícanse en 5 categorías, dende a Categoría Especial ou HC até a 4ª categoría. Cando os finais son en alto, a puntuación do porto é dobre. Segundo a categoría de cada porto repártense os puntos da seguinte maneira:

  • Categoría Especial ou HC: 25, 20, 16, 14, 12, 10, 8, 6, 4, 2 do 1.º ao 10.º
  • 1ª categoría: 10, 8, 6, 4, 2, 1 do 1º ao 6º
  • 2ª categoría: 5, 3, 2, 1 do 1º ao 4º
  • 3ª categoría: 2, 1 ao 1º e o 2º
  • 4ª categoría: 1 ao 1º

As 21 etapas do Tour de Francia 2016 consistiron en 9 de alta montaña, 2 contrarreloxos (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e 9 chás deseñadas para un final ao sprint. Nunha das etapas, a 12ª con final previsto no Mont Ventoux, a organización tivo que acurtar a ascensión ao mítico porto por mor dos fortes refachos de vento existentes nos derradeiros quilómetros. Esta etapa foi unha das máis espectaculares de toda a historia do Tour pola lea montada logo de que unha moto atropelara a un afeccionado e fixera que Froome, Porte e Mollema que ían escapados caeran. Isto deu lugar á histórica imaxe do inglés correndo a pé pola subida despois de deixar tirada a súa bicicleta rota polo choque.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª2 de xulloMont Saint-Michel-Utah Beach188 Mark Cavendish Mark Cavendish
2.ª3 de xulloSaint-Lô-Cherbourg-en-Cotentin183Eslovaquia Peter SaganEslovaquia Peter Sagan
3.ª4 de xulloGranville-Angers223,5 Mark CavendishEslovaquia Peter Sagan
4.ª5 de xulloSaumur-Limoges237,5Alemaña Marcel KittelEslovaquia Peter Sagan
5.ª6 de xulloLimoges-Le Lioran Etapa de media montaña216Bélxica Greg Van AvermaetBélxica Greg Van Avermaet
6.ª7 de xulloArpajon-sur-Cère-Montauban190,5 Mark CavendishBélxica Greg Van Avermaet
7.ª8 de xulloL'Isle-JourdainLac de Payolle Etapa de montaña162,5 Stephen CummingsBélxica Greg Van Avermaet
8.ª9 de xulloPau-Bagnères-de-Luchon Etapa de montaña184 Chris Froome Chris Froome
9.ª10 de xulloEspaña Viella-Andorra Ordino-Arcalís Etapa de montaña184,5Países Baixos Tom Dumoulin Chris Froome
10.ª12 de xulloAndorra Escaldes-Engordany-Revel Etapa de montaña197Australia Michael Matthews Chris Froome
11.ª13 de xulloCarcasona-Montpellier162,5Eslovaquia Peter Sagan Chris Froome
12.ª14 de xulloMontpellier-Chalet Reynard Etapa de montaña195Bélxica Thomas De Gendt Chris Froome
13.ª15 de xulloBourg-Saint-AndéolCaverne du Pont-d'Arc 37,5 (CRI)Países Baixos Tom Dumoulin Chris Froome
14.ª16 de xulloMontélimar-Villars-les-Dombes208,5 Mark Cavendish Chris Froome
15.ª17 de xulloBourg-en-Bresse-Culoz Etapa de montaña160 Jarlinson Pantano Chris Froome
16.ª18 de xulloMoirans-en-Montagne-Suíza Berna209Eslovaquia Peter Sagan Chris Froome
17.ª20 de xulloSuíza Berna-Suíza Finhaut Etapa de montaña184,5 Ilnur Zakarin Chris Froome
18.ª21 de xulloSallanches-Megève 17
(CREsc)
Chris Froome Chris Froome
19.ª22 de xulloAlbertville-Saint-Gervais-les-Bains Etapa de montaña146Francia Romain Bardet Chris Froome
20.ª23 de xulloMegève-Morzine Etapa de montaña146,5España Ion Izagirre Chris Froome
21.ª24 de xulloChantilly-París113Alemaña André Greipel Chris Froome
Total3.529 Chris Froome

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate do Tour 2015:

PosiciónCiclistaEquipoTempo
Chris FroomeTeam Sky89h 04' 48"
2Francia Romain BardetAG2R La Mondiale+ 4' 05"
3 Nairo QuintanaMovistar Team+ 4' 21"
4 Adam Yates Orica-BikeExchange+ 4' 42"
5Australia Richie PorteBMC Racing Team+ 5' 17"
6España Alejandro ValverdeMovistar Team+ 6' 16"
7España Joaquim RodríguezTeam Katusha+ 6' 58"
8 Louis MeintjesLampre-Meridam.t.
9 Daniel MartinEtixx-Quick Step+ 7' 04"
10República Checa Roman KreuzigerTinkoff+ 7' 11"
11Países Baixos Bauke MollemaTrek-Segafredo+ 13' 13"
12 Sergio HenaoTeam Sky+ 18' 51"
13Italia Fabio AruAstana+ 19' 20"
14Suíza Sébastien ReichenbachFDJ+ 24' 59"
15 Geraint ThomasTeam Sky+ 28' 31"
16Francia Pierre RollandCannondale-Drapac+ 30' 42"
17República Checa Mikel NieveTeam Sky+ 38' 30"
18Países Baixos Stef ClementIAM Cycling+ 38' 57"
19 Jarlinson PantanoIAM Cycling+ 38' 59"
20Francia Alexis VuillermozAG2R La Mondiale+ 42' 28"

Outras clasificacións

[editar | editar a fonte]

Clasificación por puntos

[editar | editar a fonte]
Pos.CiclistaEquipoPuntos
Eslovaquia Peter Sagan Tinkoff470
2Alemaña Marcel KittelEtixx-Quick Step228
3Australia Michael MatthewsOrica-BikeExchange199
4Alemaña André GreipelLotto-Soudal178
5 Alexander KristoffTeam Katusha172

Clasificación da montaña

[editar | editar a fonte]
Pos.CiclistaEquipoPuntos
Polonia Rafał MajkaTinkoff209
2Bélxica Thomas De GendtLotto-Soudal130
3 Jarlinson PantanoIAM Cycling121
4 Ilnur ZakarinTeam Katusha84
5Portugal Rui CostaLampre-Merida76

Clasificación dos xoves

[editar | editar a fonte]
Pos.CiclistaEquipoTempo
Adam YatesMovistar89h 09' 30"
2 Louis MeintjesLampre-Merida2' 16"
3Alemaña Emanuel BuchmannBora-Argon 1842' 58"
4Francia Warren BarguilGiant-Alpecin47' 32"
5Países Baixos Wilco KeldermanLottoNL-Jumbo1h 19' 56"

Clasificación por equipos

[editar | editar a fonte]
Pos.EquipoTempo
España Movistar Team267h 20' 45"
2 Team Sky8' 14"
3 BMC Racing Team48' 11"
4Francia AG2R La Mondiale56' 50"
5 Astana1h 16' 58"

Premio da combatividade

[editar | editar a fonte]
PosiciónCiclistaEquipo
Eslovaquia Peter Sagan Tinkoff

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]