Volta a Turquía
| Nome oficial | International Presidential Marmara Cycling Tour (1966–1966) International Presidency Turkey Tour (2001–2007) Presidential Cycling Tour of Turkey (1967–2000) Presidential Cycling Tour of Türkiye (2008–) |
|---|---|
| Tipo | carreira por etapas |
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Localización e Datas | |
| Localización | Turquía 39°N 36°L / 39, 36 |
| Vixencia | 1965 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | tourofturkey.org.tr |
A Volta a Turquía (en turco: Cumhurbaşkanlığı Bisiklet Turu) é unha volta ciclista por etapas que se disputa en Turquía todos os anos. Ten categoría 2.HC do UCI Europe Tour dende o 2010, aínda que anteriormente tivo outros coeficientes: dende 2006 categoría 2.2, e entre 2008 e 2010 coeficiente 2.1.
Dispútase dende o ano 2002, aínda que dende 1967 xa se levaban disputando outras edicións illadas. A primeira edición foi afeccionada mentres que as dúas seguintes xa foron da máxima categoría afeccionada, a 2.6. e logo de 2.5 (última gategoría profesional). Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI sempre formou parte do circuíto europeo, aínda que non sempre co mesmo coeficiente.
Realízase en oito etapas, aínda que nalgunhas ocasións a primeira é un prólogo ou unha carreira de exhibición. Normalmente, saía de Istanbul e acababa en Alanya, porén dende a edición de 2012 vense facendo ao revés, con inicio en Alanya e chegada en Istanbul.
O único ciclista con dúas vitorias é o iraniano Ghader Mizbani. O actual campión é o portugués José Gonçalves.
Clasificacións
[editar | editar a fonte]Dende o 2016, as clasificacións que se disputan son as seguintes:
Gañadores
[editar | editar a fonte]Lista de gañadores dende o ano 2002.
| Ano | Gañador | Equipo |
|---|---|---|
| 2002 | Telekom Malaysia Cycling Team | |
| 2003 | ||
| 2004 | Giant Asia Racing Team | |
| 2005 | Cycling Club Bourgas | |
| 2006 | Brisaspor | |
| 2007 | Velo-M-Hemus-Makedonya | |
| 2008 | Karpin Galicia | |
| 2009 | Barloworld | |
| 2010 | ISD-Neri | |
| 2011 | Team Type 1–Sanofi Aventis | |
| 2012 | Astana) | |
| 2013 | Team Europcar | |
| 2014 | Orica-GreenEDGE | |
| 2015 | Lampre-Merida | |
| 2016 | Caja Rural-Seguros RGA |
Vitorias por países
[editar | editar a fonte]Lista de vitorias por países dende o 2002.
| País | Vitorias |
|---|---|
| 3 | |
| 2 | |
| 1 | |