E3 Harelbeke
| Nome oficial | Harelbeke-Antwerp-Harelbeke (1958–1969) E3 BinckBank Classic (2019–2020) E3 Saxo Bank Classic (2021–2022) E3 Harelbeke (2014–2018) E3 Prijs Harelbeke (1970–2002) E3 Prijs Vlaanderen (2003–2013) E3 Saxo Classic (2023–) |
|---|---|
| Tipo | carreira dun día |
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Epónimo | E3 |
| Organizador | Unión Ciclista Internacional |
| Parte de | Clásicas de Flandres |
| Localización e Datas | |
| País | Bélxica |
| Vixencia | 1958 – |
| Calendario da tempada | marzo – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | e3saxoclassic.be |

A E3 Harelbeke, anteriormente denominada Harelbeke–Antwerp–Harelbeke e E3-Prijs Harelbeke, é unha clásica ciclista de primveira que se disputa anualmente en Flandres, Bélxica. A carreira comeza e remata na cidade de Harelbeke tras 203 quilómetros a través de Flandres Oriental.
Comezouse a disputar no ano 1958, polo que é unha das clásicas fundadas máis recentemente. Forma parte do UCI WorldTour dende o 2012 e é a primeira das Clásicas do pavé da tempada. Celébrase cada derradeiro venres de marzo e marca o comezo da Semana Ciclista Flamenga.
Percorrido
[editar | editar a fonte]
A carreira comeza no Harelbeke's Grote Markt e segue en dirreción leste por Oudenaarde e Zottegem durante 110 km chans con tramos de pavé. O pelotón chega ao punto máis oriental do percorrido en Ninove no quilómetro 85 de carreira. A partir de alí, os ciclistas tornan de dirección e van cara ao oeste a través de Geraardsbergen e Brakel. Aquí é onde comeza a sucesión de curtas pero empinadas subidas, das que entre Ronse e Oudenaarde gran parte delas son de pavé.
Normalmente ten algo máis de 200 km e sempre comeza e remata en Harelbeke. Ademais, a ruta da carreira sempre contén entre 12 e 17 subidas duras, curtas e de pavé que aparecen nos últimos 90 quilómetros. O tradicionalmente primeiro ascenso da proba é o Leberg, situado preto de Oudenaarde e costa onde nove días despois acaba a principal clásica do pavé belga, o Tour de Flandres. Logo desta ascensión empeza unha gran serie de "muros" case encadeados. Ademais do Leberg, outras das subidas máis famosas e complicadas son o Oude Kwaremont, o Paterberg e o Tiegemberg, que se caracteriza por ser tradicionalmente o último muro a 16 km de meta.
Subidas
[editar | editar a fonte]
Os 12 muros na orde na que aparecen en carreira son: La Houppe, Berg ten Stene, Boigneberg, Eikenberg, Stationsberg, Taaienberg, Kruisberg, Kapelleberg, Paterberg, Oude Kwaremont, Knokteberg e Tiegemberg. Dentro deles os dous que están considerados como máis duros son: o Paterberg, subida lastrada de 300 m cunha pendente media do 12,5% e o Oude Kwaremont, unha subida de 2200 m ao 4,2% de media, dos cales 1500 m son de pavé.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Palmarés por ciclistas
[editar | editar a fonte]| Vitorias | Corredor | Edicións |
|---|---|---|
| 5 | 2004, 2005, 2006, 2007, 2012 | |
| 4 | 1964, 1965, 1966, 1969 | |
| 3 | 1979, 1980, 1981 | |
| 2010, 2011, 2013 | ||
| 2 | 1987, 1989 | |
| 1992, 1998 | ||
| 1994, 2001 | ||
| 2022, 2023 |
Palmarés por países
[editar | editar a fonte]| Vitorias | País |
|---|---|
| 40 | |
| 6 | |
| 4 | |
| 3 | |
| 2 | |
| 2 | |
| 1 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: E3 Harelbeke |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficialArquivado 24 de marzo de 2017 en Wayback Machine.