Saltar ao contido

Grandes Voltas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O pelotón do Tour de Francia en 2005

As Grandes Voltas, en ciclismo, é o nome que reciben as tres carreiras por etapas máis importantes: Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España.

Características comúns

[editar | editar a fonte]

Duración e organización

[editar | editar a fonte]
Thor Hushovd gañando o prólogo do Tour 2006

As tres Grandes Voltas teñen en común a súa duración. Todas elas comezan un sábado e rematan un domingo; e teñen polo xeral 21 tiradas (tendo en conta a existencia de dous días de descanso, no Tour de Francia e na Vuelta a España os dous últimos luns).

É común que as Grandes Voltas comecen cunha contra o reloxo prólogo, aínda que isto non se fai tódolos anos; adoita haber dúas contra o reloxo chás (que no Tour teñen lugar sempre en sábado) e, ás veces, algunha contra o reloxo de montaña (cronoescalada). A última etapa é case sempre chá, e remata nas cidades de Milán, París ou Madrid.

As etapas de montaña son, xunto coas contra o reloxo, as máis importantes para os ciclistas que aspiran a gañar as Grandes Voltas. No Giro, sitúanse nos Alpes e nos Apeninos; no Tour, nos Alpes e Pireneos; na Vuelta, na Cordilleira Cantábrica, os Pireneos e Serra Nevada.

Desenvolvemento das tiradas

[editar | editar a fonte]

As tiradas das Grandes Voltas aseméllanse ás habituais no ciclismo en estrada, pero teñen certas peculiaridades derivadas da súa lonxitude.

Poden distinguirse catro tipos de tiradas:

Tiradas chás

[editar | editar a fonte]

Son aquelas que case non teñen dificultades montañosas. Adoitan situarse ó principio das Grandes Voltas, aínda que, como xa se dixo antes, a última o é tamén.

Nestas tiradas, o máis habitual é que un ou varios ciclistas se separen do pelotón ó principio para intentar unha vitoria en solitario. Porén, é frecuente que o pelotón avance e reabsorba estes ciclistas escapados, producíndose así ó final un desenlace ó sprint.

Tiradas de alta montaña

[editar | editar a fonte]
Unha tirada de montaña no Giro

Son aquelas nas que hai grandes dificultades montañosas (portos de montaña de primeira categoría ou categoría especial). En moitas destas tiradas, o final lévase a cabo no cume dunha montaña (final en alto); noutras, ten lugar despois de subilas e baixalas.

Nestas tiradas adoita producirse unha escapada semellante ás das etapas chás ó principio. Nestes casos, é moito máis habitual que os ciclistas escapados disputen entre eles a vitoria da tirada; porén, ás veces, son reabsorbidos polo pelotón.

Estas tiradas, en especial as de final en alto, son moi importantes para a clasificación xeral das carreiras (é dicir, para decidir o gañador da Volta Grande). Tamén, evidentemente, son fundamentais na clasificación da montaña.

Tiradas de media montaña

[editar | editar a fonte]

Son as tiradas nas que hai unha serie de dificultades montañosas, polo xeral portos de entre primeira e terceira categoría, que adoitan ter un final chan.

Nestas tiradas máis que en ningunha outra, as escapadas adoitan chegar á meta con bastante vantaxe respecto do pelotón.

Un exemplo sería o Macizo Central do Tour de Francia.

Contra o reloxo

[editar | editar a fonte]

Son aquelas nas que os ciclistas non corren xuntos, senón que cada un o fai por separado. Ó final, compútanse os tempos que lle levou a cada un facer o percorrido. Polo xeral, estas contra o reloxo teñen unha lonxitude próxima ós 30-50 quilómetros.

Nestas tiradas, ademais das de montaña, é onde se decide a clasificación xeral da carreira. Polo xeral, os gañadores das contra o reloxo son os homes máis fortes da carreira e os que ocupan os primeiros postos.

Existen contra o reloxo especiais:

  • Prólogos. Son as contra o reloxo curtas, duns 10 quilómetros, que se disputan o primeiro día de cada Volta Grande. Serven para fixar a clasificación xeral de cara á primeira semana de carreira. Moitos anos non se celebran.
  • Cronoescaladas. Son aquelas contra o reloxo nas que, no canto de percorrerse un tramo chan, se sobe unha montaña, polo xeral unha de primeira categoría ou categoría especial. Non son moi frecuentes porque adoitan supor grandes cambios na clasificación da carreira.

As clasificacións e as camisolas

[editar | editar a fonte]
A maglia rosa do Giro

Nas Grandes Voltas, hai varias clasificacións:

  • A clasificación xeral. Consiste na suma dos tempos que os ciclistas tardaron en levar a cabo o percorrido das tiradas. O gañador desta clasificación é, polo tanto, o gañador da Volta. O líder da clasificación xeral recibe unha camisola especial: maglia rosa no Giro, maillot amarelo no Tour; jersey oro na Vuelta.
  • A clasificación dos puntos. En tódalas tiradas, agás nas contra o reloxo, hai sprints intermedios. Estes consisten en pequenas metas situadas a metade de carreira (polo xeral hai dous por tirada) nas que se proporcionan puntos ós primeiros que as cruzan. Ademais, tamén se engaden puntos ós primeiros que chegan á liña de meta. O corredor que acumula maior cantidade destes puntos recibe unha camisola especial: maglia ciclamino (malva) no Giro; maillot vert no Tour; jersey de puntos na Vuelta.
  • Nas Grandes Voltas tamén se lles proporcionan puntos ós corredores que pasan en primeiro lugar os cumes das montañas. O ciclista que é líder na clasificación da montaña recibe unha camisola concreta: maglia verde no Giro; maillot à pois rouges (de puntos vermellos) no Tour; jersey malva na Vuelta.
  • No Tour de Francia hai unha camisola especial para o novo (de menos de vinte e cinco anos) mellor situado na clasificación xeral: maillot blanc (branco).
  • Na Vuelta a España hai tamén un jersey azul para a clasificación combinada.
  • No Giro hai unha maglia azzurra para o ciclista con máis puntos na clasificación dos sprints intermedios (é dicir, igual que a clasificación por puntos pero excluíndo os das metas).

Características particulares

[editar | editar a fonte]
O Stelvio, un porto do Giro d'Italia

As tres Grandes Voltas teñen bastantes diferenzas entre elas. Polo xeral, considérase que:

  • O Tour de Francia é a carreira máis prestixiosa e, polo tanto, a máis difícil de gañar. A súa media de velocidade é sempre a máis alta, e a lonxitude das súas tiradas é moi superior á das do Giro ou a Volta.
  • O Giro de Italia é especialmente coñecido pola dificultade das súas etapas de montaña. Crese, polo xeral, que é unha Volta máis destinada ós escaladores (ciclistas que soben ben nas montañas) que as outras dúas.
  • A Vuelta a España é unha carreira tamén moi centrada nas montañas, aínda que non tanto coma o Giro; a súa dificultade é moito menor ca do Tour.

Ademais, as tres carreiras distínguense en moitas das normas. O sistema de puntuación nas clasificación secundarias como a clasificación da montaña e da regularidade son distintas.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Marcas de corredores

[editar | editar a fonte]

Tan só 6 ciclistas na historia gañaron as 3 grandes voltas durante a súa carreira, aínda que ningún gañou as 3 nun mesmo ano.

Bernard Hinault e Alberto Contador son os únicos que lograron repetir a vitoria nas tres carreiras.

Gimondi, Merckx e Hinault, ademais, lograron tamén gañar o Campionato do Mundo de ciclismo.

Podios nas tres grandes Voltas

[editar | editar a fonte]

Catorce ciclistas lograron acadar o podio nas tres grandes voltas

Ciclista Tour Giro Volta Total
Francia Jacques Anquetil 6 6 1 13
Bélxica Eddy Merckx 6 5 1 12
Italia Felice Gimondi 2 9 1 12
Francia Bernard Hinault 7 3 2 12
España Miguel Indurain 5 3 1 9
Italia Vincenzo Nibali 3 3 2 8
España Alejandro Valverde 1 1 6 8
España Carlos Sastre 3 1 3 7
España Alberto Contador 2 2 3 7
Francia Laurent Fignon 3 2 1 6
Suíza Tony Rominger 1 1 4 6
Australia Cadel Evans 3 1 1 5
Nairo Quintana 3 1 1 5
Denis Menchov 1 1 2 4
España José Manuel Fuente 1 1 2 4
España Joaquim Rodríguez 1 1 2 4
Bélxica Herman Van Springel 1 1 1 3

Gañadores de dúas Grandes Voltas no mesmo ano

[editar | editar a fonte]

Nove corredores foron capaces de gañar dúas grandes voltas no mesmo ano.

Tour e Giro:

  • Fausto Coppi Italia: 1949 e 1952.
  • Jacques Anquetil Francia: 1964.
  • Eddy Merckx Bélxica: 1970, 1972, 1974.
  • Bernard Hinault Francia: 1982, 1985.
  • Stephen Roche : 1987.
  • Miguel Indurain España: 1992, 1993.
  • Marco Pantani Italia: 1998.

Tour e Vuelta:

  • Jacques Anquetil Francia: 1963.
  • Bernard Hinault Francia: 1978

Giro e Vuelta:

  • Eddy Merckx Bélxica: 1973.
  • Giovani Battaglin Italia: 1981.
  • Alberto Contador España: 2008.

Gañadores de etapa nas tres Grandes Voltas

[editar | editar a fonte]

O primeiro ciclista que logrou vitorias nas tres Grandes Voltas foi o italiano Fiorenzo Magni que o logrou en 1955, tras acadar a súa primeira vitoria de etapa na Vuelta Ciclista a España. Anteriormente xa o conseguira no Giro de Italia en 1948, e no Tour de Francia en 1949.

Tras Fiorenzo Magni, moitos corredores o conseguiro, pero só tres ciclistas conseguiron vencer etapas das tres Grandes Voltas no mesmo ano:

  • España Miguel Poblet en 1956, 3 etapas da Vuelta s España, 4 etapas do Giro de Italia e 1 etapa do Tour de Francia.
  • Italia Pierino Baffi en 1958, 2 etapas da Vuelta a España, 1 etapa do Giro de Italia e 3 etapas do Tour de Francia.
  • Italia Alessandro Petacchi en 2003, 6 etapas do Giro de Italia, 4 etapas do Tour de Francia e 5 etapas da Vuelta a España.

Gañadores das tres clasificacións nunha Gran Volta

[editar | editar a fonte]

Só tres ciclistas lograron vencer o mesmo ano a clasificación xeral, a da regularidade e a da montaña dunha Gran Volta:

  • Bélxica Eddy Merckx, no Giro de Italia 1968 e no Tour de Francia 1969.
  • Suíza Tony Rominger, na Vuelta a España 1993.
  • Francia Laurent Jalabert, na Vuelta a España 1995.

Máximos gañadores de Grandes Voltas

[editar | editar a fonte]

Os corredores que gañaron máis dunha gran volta ó largo da súa carreira deportiva.

Nome Total Tour Giro Vuelta
Bélxica Eddy Merckx115 (1969, 1970, 1971, 1972, 1974)5 (1968, 1970, 1972, 1973, 1974)1 (1973)
Francia Bernard Hinault105 (1978, 1979, 1981, 1982, 1985)3 (1980, 1982, 1985)2 (1978, 1983)
Francia Jacques Anquetil85 (1957, 1961, 1962, 1963, 1964)2 (1960, 1964)1 (1963)
España Miguel Indurain75 (1991, 1992, 1993, 1994, 1995)2 (1992, 1993)0
Italia Fausto Coppi72 (1949, 1952)5 (1940, 1947, 1949, 1952, 1953)0
España Alberto Contador72 (2007, 2009)2 (2008, 2015)3 (2008, 2012, 2014)
Italia Gino Bartali52 (1938, 1948)3 (1936, 1937, 1946)0
Italia Felice Gimondi51 (1965)3 (1967, 1969, 1976)1 (1968)
Italia Alfredo Binda505 (1923, 1925, 1927, 1928, 1929)0
Italia Vincenzo Nibali41 (2014)2 (2013, 2016)1 (2010)
Suíza Tony Rominger401 (1995)3 (1992, 1993, 1994)
España Roberto Heras4004 (2000, 2003, 2004, 2005)
Bélxica Philippe Thys33 (1913, 1914, 1920)00
Francia Louison Bobet33 (1953, 1954, 1955)00
Greg LeMond33 (1986, 1989, 1990)00
Chris Froome33 (2013, 2015, 2016)00
Francia Laurent Fignon32 (1983, 1984)1 (1989)0
Luxemburgo Charly Gaul31 (1958)2 (1956, 1959)0
España Pedro Delgado31 (1988)02 (1985, 1989)
Italia Carlo Galetti3(*)03 (1910, 1911, 1912(*))0
Italia Giovanni Brunero303 (1921, 1922, 1926)0
Italia Fiorenzo Magni303 (1948, 1951, 1955)0
Francia Lucien Petit-Breton22 (1907, 1908)00
Bélxica Firmin Lambot22 (1919, 1922)00
Italia Ottavio Bottecchia22 (1924, 1925)00
Luxemburgo Nicolas Frantz22 (1927, 1928)00
Francia André Leducq22 (1930, 1932)00
Francia Antonin Magne22 (1931, 1934)00
Bélxica Sylvère Maes22 (1936, 1939)00
Francia Bernard Thévenet22 (1975, 1977)00
Suíza Hugo Koblet21 (1951)1 (1950)0
Stephen Roche21 (1987)1 (1987)0
Italia Marco Pantani21 (1998)1 (1998)0
Países Baixos Jan Janssen21 (1968)01 (1967)
Francia Roger Pingeon21 (1967)01 (1969)
España Luis Ocaña21 (1973)01 (1970)
Países Baixos Joop Zoetemelk21 (1980)01 (1979)
Alemaña Jan Ullrich21 (1997)01 (1999)
Italia Giovanni Valetti202 (1938, 1939)0
Italia Franco Balmamion202 (1962, 1963)0
Italia Giuseppe Saronni202 (1979, 1983)0
Italia Ivan Gotti202 (1997, 1999)0
Italia Gilberto Simoni202 (2001, 2003)0
Italia Paolo Savoldelli202 (2002, 2005)0
Italia Ivan Basso202 (2006, 2010)0
Italia Giovanni Battaglin201 (1981)1 (1981)
Denis Menchov201 (2009)1 (2007)
Nairo Quintana201 (2014)1 (2016)
Bélxica Gustaaf Deloor2002 (1935, 1936)
España Julián Berrendero2002 (1941, 1942)
España José Manuel Fuente2002 (1972, 1974)
Suíza Alex Zülle2002 (1996, 1997)

* A edición de 1912 do Giro de Italia correuse por equipos. O equipo Atala, do que formaba parte Galetti, foi o vencedor.

Máis podios en Grandes Voltas

[editar | editar a fonte]

Independentemente que non o conseguisen nas tres Grandes Voltas.

CorredorTourGiroVueltaTotal
Francia Jacques Anquetil66113
Francia Bernard Hinault73212
Bélxica Eddy Merckx65112
Italia Felice Gimondi29112
Francia Raymond Poulidor80210
Italia Gino Bartali37010
España Miguel Indurain5319
Italia Fausto Coppi2709
Países Baixos Joop Zoetemelk7018
España Pedro Delgado3058
Italia Vincenzo Nibali3328
España Alejandro Valverde1168

Gañadores das Grandes Voltas

[editar | editar a fonte]
AnoItalia Giro de ItaliaFrancia Tour de FranciaEspaña Vuelta a España
2016Italia Vincenzo Nibali Chris Froome Nairo Quintana
2015España Alberto Contador Chris FroomeItalia Fabio Aru
2014 Nairo QuintanaItalia Vincenzo NibaliEspaña Alberto Contador
2013Italia Vincenzo Nibali Chris Froome Chris Horner
2012 Ryder Hesjedal Bradley WigginsEspaña Alberto Contador
2011Italia Michele Scarponi [1]Australia Cadel EvansEspaña Juanjo Cobo
2010Italia Ivan BassoLuxemburgo Andy Schleck [1]Italia Vincenzo Nibali
2009 Denis MenchovEspaña Alberto ContadorEspaña Alejandro Valverde
2008España Alberto ContadorEspaña Carlos SastreEspaña Alberto Contador
2007Italia Danilo di LucaEspaña Alberto Contador Denis Menchov
2006Italia Ivan BassoEspaña Óscar Pereiro [2] Alexander Vinokourov
2005Italia Paolo Savoldelli[3]España Roberto Heras
2004Italia Damiano Cunego[3]España Roberto Heras
2003Italia Gilberto Simoni[3]España Roberto Heras
2002Italia Paolo Savoldelli[3]España Aitor González
2001Italia Gilberto Simoni[3]España Ángel Casero
2000Italia Stefano Garzelli[3]España Roberto Heras
1999Italia Ivan Gotti[3]Alemaña Jan Ullrich
1998Italia Marco PantaniItalia Marco PantaniEspaña Abraham Olano
1997Italia Ivan GottiAlemaña Jan UllrichSuíza Alex Zülle
1996 Pável TonkovDinamarca Bjarne RiisSuíza Alex Zülle
1995Suíza Tony RomingerEspaña Miguel IndurainFrancia Laurent Jalabert
1994 Eugeni BerzinEspaña Miguel IndurainSuíza Tony Rominger
1993España Miguel IndurainEspaña Miguel IndurainSuíza Tony Rominger
1992España Miguel IndurainEspaña Miguel IndurainSuíza Tony Rominger
1991Italia Franco ChioccioliEspaña Miguel IndurainEspaña Melchor Mauri
1990Italia Gianni Bugno Greg LemondItalia Marco Giovannetti
1989Francia Laurent Fignon Greg LemondEspaña Pedro Delgado
1988 Andrew HampstenEspaña Pedro Delgado Sean Kelly
1987 Stephen Roche Stephen Roche "Lucho" Herrera
1986Italia Roberto Visentini Greg LemondEspaña Álvaro Pino
1985Francia Bernard HinaultFrancia Bernard HinaultEspaña Pedro Delgado
1984Italia Francesco MoserFrancia Laurent FignonFrancia Eric Caritoux
1983Italia Giuseppe SaronniFrancia Laurent FignonFrancia Bernard Hinault
1982Francia Bernard HinaultFrancia Bernard HinaultEspaña Marino Lejarreta
1981Italia Giovanni BattaglinFrancia Bernard HinaultItalia Giovanni Battaglin
1980Francia Bernard HinaultPaíses Baixos Joop ZoetemelkEspaña Faustino Rupérez
1979Italia Giuseppe SaronniFrancia Bernard HinaultPaíses Baixos Joop Zoetemelk
1978Bélxica Johan De MuynckFrancia Bernard HinaultFrancia Bernard Hinault
1977Bélxica Michel PollentierFrancia Bernard ThévenetBélxica Freddy Maertens
1976Italia Felice GimondiBélxica Lucien Van ImpeEspaña José Pesarrodona
1975Italia Fausto BertoglioFrancia Bernard ThévenetEspaña Agustín Tamames
1974Bélxica Eddy MerckxBélxica Eddy MerckxEspaña José Manuel Fuente
1973Bélxica Eddy MerckxEspaña Luis OcañaBélxica Eddy Merckx
1972Bélxica Eddy MerckxBélxica Eddy MerckxEspaña José Manuel Fuente
1971 Gösta PetterssonBélxica Eddy MerckxBélxica Ferdinand Bracke
1970Bélxica Eddy MerckxBélxica Eddy MerckxEspaña Luis Ocaña
1969Italia Felice GimondiBélxica Eddy MerckxFrancia Roger Pingeon
1968Bélxica Eddy MerckxPaíses Baixos Jan JanssenItalia Felice Gimondi
1967Italia Felice GimondiFrancia Roger PingeonPaíses Baixos Jan Janssen
1966Italia Gianni MottaFrancia Lucien AimarEspaña Francisco Gabica
1965Italia Vittorio AdorniItalia Felice GimondiAlemaña Rolf Wolfshohl
1964Francia Jacques AnquetilFrancia Jacques AnquetilFrancia Raymond Poulidor
1963Italia Franco BalmanionFrancia Jacques AnquetilFrancia Jacques Anquetil
1962Italia Franco BalmanionFrancia Jacques AnquetilAlemaña Rudi Altig
1961Italia Arnaldo PambiancoFrancia Jacques AnquetilEspaña Angelino Soler
1960Francia Jacques AnquetilItalia Gastone NenciniBélxica Franz De Mulder
1959Luxemburgo Charly GaulEspaña Federico Martín BahamontesEspaña Antonio Suárez
1958Italia Ercole BaldiniLuxemburgo Charly GaulFrancia Jean Stablinski
1957Italia Gastone NenciniFrancia Jacques AnquetilEspaña Jesús Loroño
1956Luxemburgo Charly GaulFrancia Roger WalkowiakItalia Angelo Conterno
1955Italia Fiorenzo MagniFrancia Louison BobetFrancia Jean Dotto
1954Suíza Carlo ClericiFrancia Louison Bobet[4]
1953Italia Fausto CoppiFrancia Louison Bobet[4]
1952Italia Fausto CoppiItalia Fausto Coppi[4]
1951Italia Fiorenzo MagniSuíza Hugo Koblet[4]
1950Suíza Hugo KobletSuíza Ferdi KüblerEspaña Emilio Rodríguez
1949Italia Fausto CoppiItalia Fausto Coppi[4]
1948Italia Fiorenzo MagniItalia Gino BartaliEspaña Bernardo Ruiz
1947Italia Fausto CoppiFrancia Jean RobicBélxica Edouard van Dyck
1946Italia Gino Bartali[5]España Dalmacio Langarica
1945[5][5]España Delio Rodríguez
1944[5][5][5]
1943[5][5][5]
1942[5][5]España Julián Berrendero
1941[5][5]España Julián Berrendero
1940Italia Fausto Coppi[5][6]
1939Italia Giovanni ValettiBélxica Sylvère Maes[6]
1938Italia Giovanni ValettiItalia Gino Bartali[6]
1937Italia Gino BartaliFrancia Roger Lapébie[6]
1936Italia Gino BartaliBélxica Sylvère MaesBélxica Gustaaf Deloor
1935Italia Vasco BergamaschiBélxica Romain MaesBélxica Gustaaf Deloor
1934Italia Learco GuerraFrancia Antonin Magne-
1933Italia Alfredo BindaFrancia Georges Speicher-
1932Italia Antonio PesentiFrancia André Leducq-
1931Italia Francesco CamussoFrancia Antonin Magne-
1930Italia Luigi MarchisioFrancia André Leducq-
1929Italia Alfredo BindaBélxica Maurice De Waele-
1928Italia Alfredo BindaLuxemburgo Nicolas Frantz-
1927Italia Alfredo BindaLuxemburgo Nicolas Frantz-
1926Italia Giovanni BruneroBélxica Lucien Buysse-
1925Italia Alfredo BindaItalia Ottavio Bottecchia-
1924Italia Giuseppe EnriciItalia Ottavio Bottecchia-
1923Italia Costante GirardengoFrancia Henri Pélissier-
1922Italia Giovanni BruneroBélxica Firmin Lambot-
1921Italia Giovanni BruneroBélxica Léon Scieur-
1920Italia Gaetano BellonioBélxica Philippe Thys-
1919Italia Costante GirardengoBélxica Firmin Lambot-
1918[7][7]-
1917[7][7]-
1916[7][7]-
1915[7][7]-
1914Italia Alfonso CalzolariBélxica Philippe Thys-
1913Italia Carlo OrianiBélxica Philippe Thys-
1912Italia Atala [8]Bélxica Odile Defraye-
1911Italia Carlo GalettiFrancia Gustave Garrigou-
1910Italia Carlo GalettiFrancia Octave Lapize-
1909Italia Luigi GannaLuxemburgo François Faber-
1908-Francia Lucien Petit-Breton-
1907-Francia Lucien Petit-Breton-
1906-Francia René Pottier-
1905-Francia Louis Trousselier-
1904-Francia Henri Cornet [9]-
1903-Francia Maurice Garin-
  1. 1 2 En principio o gañador foi Alberto Contador pero foi desclasificado por dopaxe (ver Caso Contador).
  2. ↑ "Óscar Pereiro é o gañador do Tour de Francia 2006, o dopaxe de Floyd Landis foi confirmado pola UCI". Consultado o 22 de novembro de 2007.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 A UCI confirmou a solicitude da USADA de desposuír a Lance Armstrong dos seus títulos conseguidos despois de 1998.
  4. 1 2 3 4 5 Edicións suspendidas por falta de colaboración económica.
  5. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Edicións suspendidas pola II Guerra Mundial.
  6. 1 2 3 4 Edicións suspendidas pola Guerra Civil española.
  7. 1 2 3 4 5 6 7 8 Edicións suspendidas pola I Guerra Mundial.
  8. ↑ Edición disputada por equipos, sen clasificación individual.
  9. ↑ Levouse a cabo unha serie de descualificacións e penalizacións polas que o gañador, Maurice Garin, xunto cos tres seguentes, foron borrados da clasificación xeral. Finalmente, elaborouse unha polémica lista que situaba como vencedor a Henri Cornet, que quedou quinto. Grazas a isto, Henri Cornet ten o récord no Tour, de ser o máis novo en vencer. Tamén as vitorias de etapa de Garin foron eliminadas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]