Joaquim Rodríguez
Joaquim Rodríguez | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Joaquim Rodríguez Oliver |
Nacemento | 12 de maio de 1979 |
Lugar de nacemento | Barcelona e Parets del Vallès |
Nacionalidade | España |
Ocupación | ciclista |
Na rede | |
http://www.joaquimrodriguez.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joaquim Rodríguez Oliver, coñecido como Purito Rodríguez, nado o 12 de maio de 1979 en Barcelona, é un ciclista español. Comezou a competir como profesional no ano 2001. É quen de acadar vitorias en clásicas, en carreiras dunha semana, e boas clasificacións en carreiras de 3 semanas. O seu punto feble son as contra o reloxo.

Palmarés[editar | editar a fonte]
Ten acadado vitorias en carreiras dunha semana como a Volta a Cataluña, a Semana Catalá ou a Volta a Burgos. No seu palmarés tamén hai 4 vitorias parciais na Vuelta a España e 1 no Tour de Francia. O máis salientable da súa carreira profesional foi:
- No ano 2005 venceu na clasificación de montaña da Vuelta a España.
- No ano 2007 gañou o Campionato de España de Ciclismo en Ruta.
- No ano 2009 foi medalla de bronce no Campionato do Mundo de ciclismo en ruta.
- No ano 2010 gañou a Volta a Cataluña.
- No ano 2010 foi o gañador do UCI World Ranking.
- No ano 2012 perdeu o Giro de Italia na derradeira etapa por 12 segundos.
- No ano 2012 acadou o terceiro posto na Vuelta a España despois de varias xornadas sendo líder.
Participacións nas Grandes Voltas[editar | editar a fonte]
Carreira | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | 80º | - | - | - | 80º | - | - | 17º | Ab. | - | 4º | 2º | - | Ab. | - |
Tour de Francia | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 7º | - | - | 3º | 54º | 29º |
Vuelta a España | - | - | 26º | 42º | 37º | 17º | - | 6º | 7º | 4º | 19º | 3º | 4º | 4º | 2º |
Equipos[editar | editar a fonte]
- ONCE-Eroski (2001-2003)
- Saunier-Duval-Prodir (2004-2005)
- Caisse d'Epargne-Illes Balears (2006-2009)
- Team Katusha (2010-actualidade)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joaquim Rodríguez ![]() |