Eddy Merckx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eddy Merckx
Eddy Merckx Molteni 1973.jpg
Nome completoÉdouard Louis Joseph Merckx
AlcumeEl Caníbal
Nacemento17 de xuño de 1945
 Meensel-Kiezegem
NacionalidadeBélxica
Ocupaciónciclista
FillosAxel Merckx
Premioscabaleiro da Lexión de Honra, Comendador da Lexión de Honor, Officer of the Order of Leopold II, Ordem do Mérito da República Italiana, Marca Leyenda, sen etiquetar, sen etiquetar e Belgian National Sports Merit Award
editar datos en Wikidata ]
A bicicleta coa que bateu a marca da hora.

Edouard Louis Joseph Merckx, nado en Meensel-Kiezegem o 17 de xuño de 1945, é un ex ciclista profesional belga, coñecido como Eddy Merckx. Acadou sona por gañar o Tour de Francia cinco veces e outras moitas probas ciclistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Merckx comezou a súa carreira de ciclista en 1961 dentro da categoría afeccionado. Só tres anos más tarde gañou o seu primeiro grande título: campión do mundo afeccionado. En 1965, fíxose profesional; a partir de aquí, o seu continuo encadeado de vitorias fíxolle gaña-lo sobrenome de O Caníbal. De feito, o seu número absoluto de vitorias ascende a 525, dentro das cales podemos contar 5 tours, 5 giros e unha Vuelta a España, unha Volta a Cataluña, unha Volta a Suíza e tres París- Niza, unha Dauphine Libere e unha Volta a Valencia, entre as voltas por etapas.

Entre as numerosas clásicas salientan os sete triunfos na Milán-San Remo, cinco Lieja-Bastogne-Lieja, tres París-Roubaix e tres Frecha Valoa. Gañou en seis ocasións a Escalada ao Montjuic. Venceu tamén nunha ocasión no Gran Premio das Nacións e tres veces no campionato do mundo. Foi récord da hora en 1972 (49,431 km)

Merckx retirouse o 17 de maio de 1978.

Vitorias[editar | editar a fonte]

Marcas[editar | editar a fonte]

  • Maior número de vitorias: 525.
  • Percorreu 49,432 km nunha hora en pista (a marca da hora)
  • Maior número de vitorias nunha temporada: 54.
  • Maior número de tiradas no Tour de Francia: 34.
  • Maior número de tiradas co maillot jaune: 96.
  • Único corredor en gañar a clasificación xeral, por puntos e da montaña nun mesmo Tour (1969)

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Tour de Francia: 5 veces a clasificación xeral: 1969, 1970, 1971, 1972, 1974. 3 veces a clasificación dos puntos: 1969, 1971, 1972. 2 veces a clasificación da montaña: 1969, 1970. 5 veces a clasificación combinada. 34 vitorias en tiradas.
  • Giro de Italia: 5 veces a clasificación xeral: 1968, 1970, 1972, 1973, 1974. 25 vitorias en tiradas. Unha vez a clasificación por puntos: 1973. Unha vez a clasificación da montaña. 4 veces a clasificación combinada
  • Vuelta a España: 1973. Seis etapas, regularidade e combinada
  • Campionato do mundo: 1967, 1971, 1974
  • Numerosas clásicas e carreiras menores.