Dolmen de Cabaleiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°05′49″N 8°33′01″O / 43.09690, -8.55033

Dolmen de Cabaleiros.

O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros, pertencente ao concello coruñés de Tordoia, comarca de Ordes[1].

O dolmen é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico[2], considerándose na actualidade como Ben de Interese Cultural[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

Está sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. O dolmen está formado por sete ortóstatos máis a lousa de teito de 4×3,40 m. A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual.[4]

Ocupación e asentamento[editar | editar a fonte]

A existencia deste dolmen na área de Tordoia indícanos que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. Dise tamén que estas construcións colocábanas para delimitar territorios asentados, que tras facer unha selección para os pastos e cultivo, queimaban zonas de arboleda, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidade dos os seus pastos que repercute na súa actividade económica, gandeira e os cultivos forraxeiros[5]

Lenda[editar | editar a fonte]

Este dolmen, chamado tamén Casa da Moura, porque segundo conta unha lenda, unha moura, trasladou a pedra de 4,60 metros de longo sobre a cabeza, mentres tecía un vestido[6]

Situación[editar | editar a fonte]

Localización:[editar | editar a fonte]

Sita na Avenida do Dolmen s/n, parroquia de Cabaleiros.

Coordenadas:[editar | editar a fonte]

43.096922, -8.550280

Accesos:[editar | editar a fonte]

  • CP 8401 – PK 4,3 dende Santiago
  • CL 4130 dende Ordes, Cerceda e Carballo
  • AC 400 dende Santa Comba e Val do Dubra
  • CP 1914 dende Coristanco, Carballo e Santiago

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Deputación da Coruña (ed.). "Dolmen de Cabaleiros". Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  2. Toledo, Mar. el correo gallego.es, ed. "Seis mil años de vida del Dolmen de Cabaleiros". Consultado o 1 de setembro de 2013. 
  3. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  4. "Dolmen de Cabaleiros". Patrimonio Galego. 14-09-2011. Consultado o 30-04-2018. 
  5. "Dolmen de Cabaleiros. Turismo de Tordoia". Concello de Tordoia. Consultado o 21/08/2020. 
  6. Vaqueiro, Víctor (1998). Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria. Ed. Galaxia. p. 139. ISBN 84-8288-205-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]