Sergio Zearreta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sergio Zearreta
Ficheiro:Sergio Zearreta.jpg
Nome completoSergio Zearreta López
Nacemento1975
 Amorebieta-Etxano
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactor e músico
editar datos en Wikidata ]

Sergio Zearreta López, nado en Amorebieta (Biscaia) en 1975, é un actor e músico vasco radicado en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado nos grupos de teatro Sardiña da Coruña e Maricastaña de Ourense, traballou coas compañías Matarile Teatro, Espello Cóncavo, Voadora Compañía, Chévere Producciones, Palimoco Teatro, Centro Dramático Galego e Contraproducións. Protagonizou o musical Galicia Caníbal de Filmanova Invest.

Participou nas series Vivir sin permiso, El final del camino, Urxencia cero, Serramoura, Hospital Real, Matalobos, Piratas e As leis de Celavella. Tamén presentou os programas da TVG Heicho cantar, queridiña e O Explorador. Protagonizou a longametraxe Crebinsky, logrando o premio ó mellor actor no Festival CineSpaña de Tolousse 2011.

Na súa faceta musical está á fronte das formacións Lamatumbá, Gallaecia Big Band e Banda Crebinsky, coa que conseguiu o premio Martín Códax 2016 ó mellor proxecto na categoría de Músicas do Mundo e 2019 na categoría de Reggae, Ska e Mestizaxe.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

  • A nena azul (2018) Curtametraxe
  • Crebinsky (2011) Longametraxe

Televisión[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

  • Banda Crebinsky (2014-actualidade) CD 'Zirkus Affe'
  • Gallaecia Big Band (2014-actualidade)
  • Anfibia (2011-2014)
  • Lamatumbá (2007-2011) CDs 'Paraugas Universal' e 'A Órbita da Banda Hipnótica'

Premios[editar | editar a fonte]

  • Mellor actor no Festival CineSpaña de Toulouse (2011) por Crebinsky
  • Primeiro premio no Certame Teatro Xove Xunta de Galicia (2001) por Novecento

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Banda Crebinsky (ed.). "Quen somos". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]