Saltar ao contido

Monti Castiñeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMonti Castiñeiras

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0145240 Facebook: monti.castineiras Twitter: MCastinheiras Editar o valor en Wikidata

Ramón Castiñeiras Rodríguez, máis coñecido como Monti Castiñeiras, nado en Santiago de Compostela o 6 de setembro de 1963, é un actor galego de cine, teatro, televisión e dobraxe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Inglesa e Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. En canto á súa formación como actor, estudou interpretación, danza, expresión corporal, ortofonía, dicción, canto, voz, narración oral etc. con Arnold Tarraborelli, Begoña Valle, Marta García, Jesús Aladrén, Ramón Bermejo, Vicente Fuentes, Assumpta Serna, Scott Cleverdon ou José Campanari.

Actividade laboral

[editar | editar a fonte]

Traballou en cinema, teatro, televisión, publicidade e dobraxe. Gran parte da súa carreira desenvolveuse en Galiza, onde traballou tanto en curtametraxes coma en longametraxes, debutando como actor de cine cun pequeno papel no filme Divinas palabras, de José Luis García Sánchez. Nas seguintes tres décadas participou en case todas as series de éxito da Televisión de Galicia como Mareas vivas, Rías Baixas, Pratos combinados, Padre Casares, Matalobos ou Libro de familia, e contou con numerosos papeis en filmes como Era outra vez, Condenado a vivir, Días de voda, O lapis do carpinteiro, Sinbad ou A esmorga, tendo incluso un pequeno papel no filme Julieta, de Pedro Almodóvar. Tamén se lle viu en aparicións capitulares dalgunhas series de éxito a nivel estatal como Un paso adelante ou El comisario, entre outras, ademais do seu papel fixo na telenovela Géminis, venganza de amor.

Gañou especial fama en Galicia grazas ao seu papel de Santos na serie Serramoura, popularidade que lle valeu un Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria e que levou á creación dun spin-off sobre a súa personaxe protagonizado por el mesmo, A lei de Santos. En 2016 foi o protagonista do filme Sicixia, de Ignacio Vilar, xunto a Marta Lado. En 2018 interpretou ao narcotraficante galego Colombo na serie de Antena 3 Fariña, personaxe inspirada en Marcial Dorado, e pouco despois deu vida ao traficante de armas Mauro Galdón en Auga seca.

En teatro foi autor e produtor, ademais de protagonista, dun dos seus últimos espectáculos, Borracheira de paixón. É tamén actor de dobraxe dende a década de 1980 e puxo voz en galego a numerosos actores como Matt Dillon, Charlie Sheen, Quentin Tarantino, Brad Pitt, Tom Cruise ou Johnny Depp. Traballou tamén na dobraxe en galego de numerosas series de animación como O detective Conan, Doraemon, Shin-chan ou a saga Dragon Ball, na que deu voz a varias personaxes.

Televisión

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Título Resultado
2005 Mellor actor secundario Libro de familia Nomeado
2006 Mellor actor secundario Os aires difíciles Proposto
2009 Mellor actor secundario O Nordés Proposto
2014 Mellor actor secundario Serramoura Nomeado
2015 Mellor actor secundario Serramoura Nomeado
2016 Mellor actor protagonista Sicixia Nomeado
Mellor actor secundario Serramoura Gañador
2017 Mellor actor secundario Serramoura Nomeado