Saltar ao contido

Sara Casasnovas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSara Casasnovas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, directora de cine Editar o valor en Wikidata

Sitio websaracasasnovas.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2022375 Allocine: 662703 Rottentomatoes: celebrity/sara_casasnovas
Twitter: sara_casasnovas BNE: XX4889217 Editar o valor en Wikidata

Sara Casasnovas Pumar, nada en Ourense o 10 de xaneiro de 1984, é unha actriz e directora[1] galega.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Formouse como actriz na Escola de Arte Dramática Casa Hamlet, da Coruña, e na Sala Cuarta Pared, de Madrid. Asistiu a cursos de cabaré, voz, expresión corporal ou danza clásica entre outros.

Comezou a súa carreira participando en distintas series, coma Miña sogra e máis eu ou Maridos e mulleres, e curtametraxes de ámbito galego para máis tarde dar o salto a nivel estatal, onde destacou en primeiro lugar pola súa participación na serie El Comisario no papel de Natalia. Máis tarde, converteuse na protagonista de Amar en tiempos revueltos (TVE, 2007-2009) como Alicia, e en (2009) participou na serie Hospital Central, interpretando o papel da médico residente Jose.

No cinema, o seu traballo máis relevante foi o filme Días azuis, de Miguel Santesmases.

En xuño de 2009 foi atacada por un fan que tentou dispararlle cunha bésta á saída do teatro onde interpretaba a obra La noche de la iguana, desagradable incidente que quedou nun susto.

Intérprete

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaPelículaResultado
2007Mellor actrizAmar en tiempos revueltosFinalista
AnoCategoríaPelículaResultado
2008Mellor actriz revelaciónAmar en tiempos revueltosGañadora
AnoCategoríaPelículaResultado
2008Mellor actriz revelaciónAmar en tiempos revueltosGañadora
AnoCategoríaPelículaResultado
2007Mellor actrizRomeu e XulietaGañadora
  1. "Sara Casasnovas gaña o Fancine de Lemos na mellor curtametraxe galega". Cultura Galega. 30 de xullo de 2018. Consultado o 6 de agosto de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]