Lista de episodios de Serramoura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A seguinte é unha lista de episodios da serie de televisión galega Serramoura, da que se emitiron 173 episodios na Televisión de Galicia entre 2014 e 2020.

Tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Nº Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota
1 24 5 de outubro de 2014 22 de marzo de 2015 181 000 15,0%
2 15 4 de outubro de 2015 17 de xaneiro de 2016[1] 167 000 15,2%
3 9 8 de maio de 2016[2] 10 de xullo de 2016 132 000 12,3%
4 18 2 de outubro de 2016 29 de xaneiro de 2017 181 000 17,4%
5 21 5 de febreiro de 2017 25 de xuño de 2017
6 20 22 de outubro de 2017 28 de febreiro de 2018 122 000 12,4%
7 15 11 de marzo de 2018 17 de xuño de 2018 124 000 12,2%
8 16 7 de outubro de 2018 20 de xaneiro de 2019 112 000 11,5%
9 18 27 de xaneiro de 2019 9 de xuño de 2019
10 10 3 de maio de 2020 5 de xullo de 2020
11 7 13 de setembro de 2020 25 de outubro de 2020 89 000 10,6%
Total 173 2014 2020 133 890 12,9%

Episodios[editar | editar a fonte]

Primeira tempada: 2014-2015[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
11 "Homicidio" 5 de outubro de 2014187 00017,0%

Mónica Triáns, unha rapaza de 25 anos, aparece asasinada en Serramoura no medio do monte. Para Marga non se trata dunha vítima sen máis, xa que Mónica era unha das súas mellores amigas e, ignorando os consellos do seu superior, involúcrase no caso. O corpo sen vida estaba nunha parcela de monte propiedade de Evaristo Fiúza, dono de toda a vila menos do serradoiro, propiedade da familia Soutelo. Sabedor das débedas que causa e aproveitando que Xulián Soutelo está no seu leito de morte, Evaristo coaccionará o seu fillo, Gonzalo, para que asine os documentos de venda do serradoiro, o seu máis prezado obxecto de desexo. Mentres, a morte de Mónica, que traballaba na única taberna de Serramoura, comeza a ter repercusión entre os veciños. O seu asasinato conmociona toda a vila e pona patas arriba na procura dun culpable. Nunha primeira instancia, a investigación céntrase en Román Fiuza, ex-mozo de Mónica e fillo de Evaristo, que axiña consegue unha sólida coartada para el. O móbil da vítima, atopado na escena do crime, revela que antes de ser asasinada recibiu mensaxes ameazantes de Pancho, marido de Raquel, a irmá de Marga, e todo apunta a que é culpable. Todo parece claro, pero os protagonistas están convencidos de que Pancho non é o auténtico culpable. Xogando os seus postos dentro do Corpo, Marga e Diego investígano extraoficialmente. Tras comprobar o pasado de Mónica Triáns descobren algo sorprendente: leva 30 anos morta. A súa documentación era unha falsificación e estaba usando unha identidade falsa. 

22 "O año na lobeira" 12 de outubro de 2014181 00016,6%

Un asalto con agresión nun pequeno dispensario da vila, dirixido polo doutor Emilio de la Cruz, porá a Marga e a Diego na pista dun toxicómano da vila. Axiña, as súas indagacións atoparán un inquedante nexo entre este suceso e o asasinato de Mónica Triáns. 

33 "Queimando probas" 19 de outubro de 2014

O atraco a punta de pistola nun banco conmocionará novamente Serramoura. O atracador non levou cartos ningúns, só unha caixa de seguridade a nome de Mónica Triáns. Que gardaba a moza asasinada no banco? Dar co ladrón podería ser a única maneira de descubrir cal era a verdadeira identidade da vítima e, polo tanto, o móbil do seu asasinato. Deter o atracador e recuperar a caixa de seguridade de Mónica Triáns pasa a ser prioridade para os nosos protagonistas. Se o conseguen, poderán reabrir a investigación e avanzar nun caso que se está transformando para os dous nunha obsesión. O atraco coincidirá no tempo co funeral de Xulián Soutelo, patriarca da familia propietaria do serradoiro e cita ineludible para todo aquel que se considere alguén en Serramoura. O evento perfecto para que Teresa Soutelo pesque investidores para o seu necesitado serradorio. Pronto Raquel acabará cos soños de prosperidade dos Soutelo. A contabilidade do negocio é tan mala que botaría por terra calquera plan de investimento... ou poida que non? Allea a todo isto Álex, a filla de Raquel e Pancho, iniciou a súa propia investigación para dar co asasino de Mónica e así sacar o seu pai do cárcere. En contra das advertencias do seu amigo Quique, a moza intentará gañarse a confianza de Román Fiuza, sospeitoso inicial que se resgarda baixo unha falsa coartada. 

44 "Lume" 26 de outubro de 2014

Un incendio de grandes dimensións prende nos montes de Serramoura. A Garda Civil aínda non o sabe, pero o incendio foi provocado. O que non imaxinan os investigadores é que o motivo foi a queima do cadáver do atracador que roubou a caixa de seguridade de Mónica Triáns. A investigación do caso prosegue, tortuosa e traumática pois cada pista fai xurdir un novo sospeitoso. Pero para os habitantes de Serramoura o urxente será extinguir o lume que ameaza non só os montes de Serramoura, senón ao modo de vida dos seus habitantes e, en especial, da familia Fiúza, principais terratenentes da zona. A Garda Civil terá que darse présa, se non quere que Evaristo Fiúza imparta a súa propia xustiza. Mentres, no serradoiro, a familia Soutelo sospeita da existencia dun espía entre os seus empregados. Está claro que alguén tivo que contarlle a Evaristo que se planeaba unha recapitalización do negocio. Os investidores estaban moi interesados, pero a filtración dunha dobre contabilidade e o temor ao escándalo e ao cárcere deron ao traste coa operación. 

55 "Unha amiga" 2 de novembro de 2014

O achado de Raquel dun teléfono móbil escondido na súa casa supón todo un shock para a irmá de Marga, que ata agora confiara cegamente no seu home. Pero, de quen é ese teléfono, que fai agochado na súa casa e por que soa constantemente? Quizais na memoria do aparato se atope a resposta que bote luz sobre quen está detrás do asasinato de Mónica Triáns e que papel xogou Pancho. Allea a este descubrimento, a súa filla Álex continúa a súa cruzada particular: conseguir demostrar que Román é o asasino e así liberar o seu pai. Román caeu na trampa e a relación xa é real e perigosa. Ademais, deberán mantela en segredo para evitar que as súas familias compliquen aínda máis a situación. Outra relación que se estreitou considerablemente é a de Diego e Gloria, pero non ata o punto que comezan a sospeitar algúns veciños de Serramoura. Diego fíxolle un favor á muller de Fiúza e esta devolveullo entregándolle unha copia do último correo electrónico intercambiado entre Román e Mónica. Dentro hai unha nova vía de investigación: unha fotografía furtiva que, levado pola súa obsesión, lle sacou Román a Mónica e onde esta aparece cun home descoñecido que podería ser o seu asasino. Mentres, chegou a hora de inhumar os restos mortais de Mónica. Sentimentos encontrados aflorarán no momento de organizar a despedida. Marga e Luz encargaranse dos detalles, pero no seu corazón farase patente o desasosego por non saber quen era realmente a súa amiga e quen a matou. 

66 "Saldar contas" 9 de novembro de 2014

En Serramoura ninguén é quen parece ser. Un tras outro, van caendo os habitantes da vila madeireira do seu pedestal. Primeiro foi Pancho, o marido de Raquel, quen tras negar mil veces a evidencia, non tivo máis remedio que confesar a infidelidade á súa muller. Unhas mensaxes de voz acabaron por delatalo. E o último foi nada menos que Emilio, médico da vila e parella de Marga Neira, o sarxento da Garda Civil. A ambas as dúas mulleres, as súas parellas traizoáronas coa mesma muller, Mónica Triáns. Unha vítima que a cada paso que avanza a investigación, menos inocente parece. Pero, por se non houbese bastantes sospeitosos na localidade, acaba de facer acto de presenza un novo personaxe, un tal Santos, dono dun taller de despezamento e, en opinión da sarxento Neira, un home de negocios, todos eles ilegais. De quen tampouco se fía demasiado Diego Bazán é do seu propio tenente. Pero o que non sospeita o sarxento é que Tomás Penedo ten unha débeda pendente con Evaristo Fiúza e o poder suficiente para sacar á luz algo que podería acabar coa súa misión en Serramoura. Mentres tanto, no serradoiro dos Soutelo a situación económica segue empeorando e os traballadores ameazan cunha folga se non se lles paga o que se lles debe. Esta será agora a maior preocupación de Gonzalo e da súa nai, pero non de Raquel, administradora do negocio, que asiste con temor á consolidación da relación entre a súa filla e Román Fiúza. 

77 "A festa da leña" 16 de novembro de 2014

Mónica pensaba abandonar Serramoura. A súa equipaxe e unha gravación de despedida apareceron nun vello alpendre propiedade de Santos, home carente de toda honradez e propietario do despezamento. Os axentes Marga Neira e Diego Bazán atoparon por fin un novo fío do que tirar na súa investigación. Pero deben ter coidado: oficialmente o caso está pechado e a Tomás, o seu tenente, non se lle escapa nada. E neste contexto tan particular, celébrase en Serramoura unha edición máis da súa Festa da Leña; a máis popular da comarca. O evento, que ata agora sempre patrocinaron os Soutelo, non podía chegar en peor momento para os propietarios do serradoiro. Cos traballadores en folga e sen cartos para facerlles fronte aos salarios, dona Teresa e o seu fillo Gonzalo terán que achar unha solución. A Festa da Leña debe celebrarse, custe o que custe. Un ano máis, Serramoura servirá de punto de encontro para transportistas, madeireiros e propietarios para gozar dun día, como di Marga, de comida, bebida e moita troula. Pero o máis espectacular desta festividade é o seu tradicional concurso. Quen será o máis rápido da comarca cortando leña? Ata a data, a competición supuxo, ano tras ano, a maior exhibición do enfrontamento entre os Fiúza e os Soutelo. 

88 "Arma homicida" 23 de novembro de 2014

Pancho por fin saíu de prisión. Pero o prezo que ten que pagar pola súa liberdade é moi elevado. Agora toda Serramoura coñece o seu escuro pasado, cando traballaba de matón para Santos. Aínda que a máis sorprendida por esta historia semella será a súa propia muller. O prezo da súa liberdade inclúe tamén o asasinato de Diego Bazán. Descartado o único sospeitoso oficial, ao xuíz non lle queda máis remedio que reabrir o caso. Unha gran noticia para Marga e Diego, que por fin poden continuar coas súas investigacións de maneira oficial. Pero os sarxentos non acaban de fiarse de Tomás, o seu tenente, xa que a súa relación con Evaristo podería condicionar o seu punto de vista do caso. Pola súa parte, Román Fiúza, cuxa coartada non convenceu no seu día os investigadores, volve estar no punto de mira da Garda Civil. Unha nova fronte de batalla para o seu pai, que parece estar moi ocupado ultimamente poñendo orde na súa vida familiar. Unha posible infidelidade da súa muller puxo a Evaristo en alerta. Ata que punto estaría disposta a chegar Gloria para conservar os seus privilexios? Pero non é o seu único problema, nin sequera o máis grave, xa que a arma utilizada para matar a Mónica Triáns aparece no soto da súa casa. E, para desgraza de Evaristo, é Álex quen deu con ela. Un descubrimento que ninguén debe coñecer e que obrigará a Evaristo a chegar a extremos que nunca puido imaxinar. 

99 "Sospeitas" 30 de novembro de 2014

Tras aparecer a arma homicida no fogar dos Fiuza, un segredo instalouse entre os seus muros de pedra: para os membros da familia, non cabe dúbida de que un deles é o asasino. Evaristo é culpable a ollos de Gloria e Román. Mentres que o seu fillo é o asasino, sen ningunha dúbida, en opinión do patriarca e de Hugo, o seu avogado. E, aínda que o silencio se impón como consigna a seguir, a situación porá a proba a fidelidade dos membros da familia máis poderosa de Serramoura. O resto da vila segue a sufrir os danos colaterais desta historia que se complica un pouco máis. Raquel e Pancho pasan posiblemente polo peor momento das súas vidas, que pouco ten que ver coa súa danada relación de parella. Pancho está en débeda con Santos e este non é un tipo que se caracterice, precisamente, pola súa paciencia á hora de cobrar as súas débedas. Se Pancho non mata a Diego Bazán, Santos está disposto a tomar represalias contra a súa familia. E, entre tantas complicacións, a Garda Civil pregúntase agora onde foi parar a arma homicida. Saben que estaba na casa dos Fiuza e que alguén tivo que sacala de alí. Pero ninguén sabe onde está agora. Ninguén menos Emilio, o médico da vila. Convertido nun paria dentro de Serramoura desde que se coñeceu a súa relación con Mónica, decide investigar a morte da camareira pola súa conta, disposto a demostrar a súa inocencia. 

1010 "Criminal" 7 de decembro de 2014215 00018,5%

Evaristo Fiuza está detido polos asasinatos de Mónica e Emilio. A sospeita, que corre como a pólvora polo lugar, abrirá unha brecha insalvable entre o acusado e o seu fillo. Mentres, Santos planea a súa vinganza contra Diego Bazán desde o cárcere. Pancho fallou no seu intento de eliminar ao sarxento e ten unha débeda co axente da Garda Civil que lle salvou a vida. Con Diego ao tanto das intencións de Santos, este atopou un poderoso aliado en Vítor Somoza, do Servizo de Asuntos Internos. Vítor chegou a Serramoura coa intención de acabar coa carreira do sarxento Bazán, aínda que para iso teña que coaccionar, un a un, todos os veciños da vila. Por outro lado, preocupada pola saúde de seu pai, Álex decide levar a Pancho de novo á casa, unha situación moi incómoda para a súa nai, pero tamén para el, que vivirá en primeira persoa cada episodio da relación errada de Raquel con Gonzalo. E a investigación policial prosegue. Convencida de que o asasino os está a enganar de novo, Marga segue os pasos da investigación que desenvolveu Emilio para atopar o verdadeiro culpable. De maneira inequívoca, Marga descubrirá, por fin, o rostro do asasino de Serramoura. 

1111 "Sobran os motivos" 14 de decembro de 2014

Gonzalo Soutelo é o asasino de Serramoura e a Garda Civil sábeo. Tres persoas tiveron que morrer para chegar a el, pero os axentes están xa tras a súa pista e un só descoido pode ser suficiente para capturalo. Agora falta esclarecer o móbil dos crimes. Mónica Triáns, o atracador do banco e Emilio, o médico da vila, morreron por un mesmo motivo e as pezas do crebacabezas parece que empezan a encaixar. No fogar dos Fiúza, a familia ata agora máis poderosa de Serramoura, parece abrirse unha brecha demasiado grande entre pai e fillo. Evaristo e Román xa non están no mesmo bando e Gloria, a esposa do patriarca, gaña poder día a día. Por agora, só parece disposto a pararlle os pés Hugo, o avogado do seu home. Pero, quen gañaría se Evaristo tivese que elixir o seu home de confianza e a súa muller? Tampouco se respira tranquilidade na casa de Raquel. A súa filla Álex, conmovida polo mal estado de saúde do seu pai, decidiu levalo para a casa. O que antes era un fogar feliz é agora o acubillo dunha parella separada, cunha filla que fai o imposible porque as cousas volvan ser como antes. 

1212 "A caza" 21 de decembro de 2014

Gonzalo Soutelo non poderá escapar por moito tempo. Ou, polo menos, niso confían os axentes da Garda Civil. Grazas a Raquel, as probas contra o asasino de Mónica Triáns xa están en mans da xustiza, pero os veciños da localidade aínda non descansan tranquilos. Moi ao contrario, son moitos os que opinan que non será fácil dar co fuxido. Evaristo Fiuza será o primeiro en dar a voz de alerta e organizar os seus homes. A consigna será clara: dar caza a Gonzalo Soutelo. O seu futuro dependerá de quen dea antes con el. Se Evaristo é quen chega a el primeiro, ninguén dubida de que acabará con el. Ninguén o dubida e todos o desexan. Tras axudar a capturar o home do que estaba namorada, agora Raquel trata de recompoñer a súa vida, cousa complicada tendo en conta que está embarazada dun asasino múltiple. A Serramoura non se lle augura un futuro próximo demasiado tranquilo. Víctor Somoza, axente de Asuntos Internos da Garda Civil, acaba de chegar á vila. O seu obxectivo é claro: acabar con Diego Bazán. E, entre outros medios para conseguilo, estableceu unha peculiar alianza con Santos, a quen prometeu sacar do cárcere. Un panorama moi complicado que se verá aínda máis enturbado, cando un novo caso de asasinato sorprenda os habitantes da vila. 

1313 "Poñerse en pé" 28 de decembro de 2014

Despois de solucionar o caso de Mónica Triáns, Diego Bazán pensa en abandonar a vila, mais o sarxento non llo permite pois un novo asasinato obrigarao a prolongar a súa estancia na vila. Unha moza prostituta chamada Araceli será a vítima dun novo caso para a parella de sarxentos Neira-Bazán. Un coche sinistrado en estrañas circunstancias e unha segunda ocupante desaparecida serán as primeiras pistas para a investigación. A trama complícase cando as primeiras pescudas apuntan a un asasino a soldo como posible culpable. Quen puido contratalo? Tras a detención de Gonzalo Soutelo, aos veciños de Serramoura aínda non lles deu tempo de recobrar a normalidade. Evaristo Fiúza permanece ingresado e debátese entre a vida e a morte. E mentres o seu fillo Román se fai cargo dos seus negocios, a súa esposa Gloria conspira contra el para quedar con todo, tratando de establecer as alianzas máis inesperadas. 

1414 "A testemuña" 4 de xaneiro de 2015

Ante a negativa de dona Teresa para asociarse con Santos, non lle quedou outra opción de cambiar de estratexia. Usará os contactos que ten no cárcere para apertar a dona Teresa onde máis lle doe: o seu fillo Gonzalo. O negocio dos Fiúza tampouco parece discorrer polos camiños habituais. Román faise cargo, moi responsablemente, dos asuntos do seu pai. Pero o que descoñece o descendente dos Fiúza é ata onde pode chegar a capacidade de manipulación da súa madrasta Gloria. Mentres, a Garda Civil continúa inmersa na investigación do asasinato de Araceli. A muller desaparecida do escenario do crime xa foi identificada. Trátase de Sara, a irmá díscola de Luz, a camareira da taberna. Unha nova parella chega a Serramoura para quedar. Trátase do matrimonio formado por María e Roque. Ela, amiga da infancia de Evaristo; el, o mellor cortador profesional dos arredores. Ambos os dous non tardarán en atopar o seu lugar en Serramoura. Un lugar que espertará vellos rancores e tamén vellos amores. 

1515 "Cumprir a lei é complicado" 11 de xaneiro de 2015

Alguén entrou no posto da Garda Civil en Serramoura e chegou ata a sala de probas. Todo indicio relacionado co caso do asasinato da moza Araceli Marín foi roubado. Está claro que os ladróns contaron coa axuda de alguén de dentro do cuartel. Sen nada sólido ao que aferrarse e coa seguridade de ter un traidor entre as súas filas, os axentes só contan cunha pista para continuar: o teléfono móbil de Castro, o sicario que tratou de asasinar a Sara. Mentres, Quique, o novo garda que salvou a vida de Luz e a súa irmá, trata de asimilar a posibilidade de que o home ao que disparou faleza no hospital. Un episodio traumático que deixará secuelas no personaxe. Pola súa banda, Sara négase a declarar ante a Garda Civil. A moza decidiu sacarlle partido á súa difícil situación. Unha gravación parece ser a clave de todo. Que contén, quen estarían dispostos a pagar por ela e por que? A primeira interesada é dona Teresa e Sara sabe que pagará por ela o que lle pida. A incógnita crece: que beneficio pode sacarlle a matriarca dos Sotuelo? Na casa dos Fiúza as cousas tampouco transcorren con normalidade. A visita de María devolveulle a Evaristo a un pasado feliz; un pasado que Evaristo non cría posible recuperar. Pero, por que a muller de Roque lle ocultou ao seu marido a visita á casa do seu amigo de mocidade? Con todo, o patriarca dos Fiúza está preocupado por certos problemas laborais. Gloria e Hugo deron un paso máis no seu plan por acabar coa boa relación entre Román e o seu pai. Un paso arriscado que lles pode levar o éxito ou a ser descubertos. 

1616 "Chantaxe" 18 de xaneiro de 2015

Un descubrimento de última hora deulle un xiro absoluto á investigación do asasinato de Araceli Marín. Todo apunta a que o infiltrado na Garda Civil é o tenente Tomás Penedo e Marga parece telo acurralado. Pero o enfrontamento, pistola en man, entre a sarxento Neira e o tenente Penedo podería terminar en traxedia. Este domingo saberán quen efectuou o disparo e con que consecuencias. O caso segue aberto e no cuartel saben que necesitan o vídeo, ou polo menos descubrir que contén, para avanzar. Pero Sara manteno no seu poder e dona Teresa parece estar interesada en compralo, xa que o necesita para sacar a Gonzalo do cárcere. Faltan gardas para tanto traballo. Diego Bazán foi suspendido e Asuntos Internos vaino investigar a el e cada un dos casos en que traballou, procesos que agora se atopan na corda frouxa, para desgraza dos seus compañeiros. Mentres, en casa dos Neira están de parabéns: a familia está máis unida que nunca e Álex e Raquel decidiron mudarse á casa do avó. Arranca así unha convivencia que terá as súas luces e as súas sombras. Na dos Fiúza, non obstante, as cousas son moi distintas. Evaristo por fin lle plantou cara a Santos: nunca haberá negocios entre eles. O futuro anuncia enfrontamento entre ambos os dous e este non pode acabar ben. Igual que a relación co seu fillo Román, que xa non sabe que facer para gañar a confianza do seu pai. 

1717 "Foraxido" 25 de xaneiro de 2015

Román e Roque son agora socios, pero Evaristo non o sabe. O fillo de Fiúza e o home de María decidiron asociarse para montar o seu propio negocio: un viveiro, un modo de vida propio para non ter que renderlle contas a ninguén e que para Román supón ademais a posibilidade de liberarse do peso que supón apelidarse Fiúza en Serramoura. No cuartel, Tomás decidiu dar un paso máis na investigación do asasinato de Araceli Marín. O seu obxectivo é o xuíz instrutor do caso e indutor do asasinato da moza prostituta. A Garda Civil ten un problema grave e o seu nome é Diego Bazán. O sarxento foi suspendido por Asuntos Internos e a investigación podería pór en perigo os dous casos en que traballou na vila: os de Mónica Triáns e Araceli Marín. Só hai dúas alternativas: conseguir o vídeo, en mans de dona Teresa, ou coller a Gonzalo antes de que chegue a Portugal. Este fuxiu do cárcere coa axuda de Santos e do xuíz que instrúe a súa causa. Na casa dos Fiúza, as cousas melloraron entre Evaristo e o seu fillo, do que agora se mostra moi orgulloso, tras a impresionante competición no monte da que ambos os dous foron protagonistas. Pero hai unha cousa que Evaristo aínda non puido resolver: a venda fraudulenta de varios dos seus camións, supostamente ordenada por Román. 

1818 "Guerra (1ª parte)" 1 de febreiro de 2015

O traballo nos montes de Serramoura realízase agora escopeta en man e os límites entre propiedades xa non os marcan os rexistros, senón Evaristo e Santos en persoa. Unha situación extrema que só pode acabar mal, xa que en Serramoura mesturar escopetas e conflitos de lindes supón demasiado perigo, mesmo para a Garda Civil. Tras pasar por unha investigación por parte de Asuntos Internos, o antes sarxento Diego Bazán foi apartado da Unidade de Investigación. A partir de agora será un garda máis do posto de Serramoura e desenvolverá o seu labor con uniforme, lonxe do traballo que lle gusta. Unha sanción moi leve, se se ten en conta que estaba en xogo a súa expulsión da Garda Civil. Raquel tivo por fin o seu bebé. Unha grande alegría para todos en Serramoura, pero moi especialmente para dona Teresa, avoa do pequeno, inmersa aínda no duelo pola morte do seu fillo. 

1919 "Guerra (2ª parte)" 8 de febreiro de 2015

Gloria está perdida. Evaristo sábeo todo: o seu plan para quedar co seu patrimonio, as súas argucias para enfrontalo co seu fillo Román e ata a súa alianza con Hugo, xa que el mesmo llo confesou. Quédalle algunha oportunidade á muller de Fiúza ou está todo perdido xa? Que lle pode deparar o destino a Gloria lonxe de Evaristo? En casa dos Neira, acaban de descubrir o talento oculto de Álex: a moza descubriuse como unha intrépida cronista. O problema é que cando escribe dispara contra todo o mundo e logo pregunta. Os primeiros destinatarios dos seus “dardos” serán os axentes da Garda Civil de Serramoura, pero Álex ten tinta para todos. Isto provoca un novo conflito nunha casa onde parecía que, por fin, reinaba a tranquilidade. A Garda Civil evitou un baño de sangue na vila, ao conseguir, coa pública mediación de Evaristo e Santos, o aparente desarmamento dos homes de Serramoura. As armas foron requisadas e parece que a paz volveu aos montes. Pero un novo caso recaeu no posto do tenente Tomás Penedo: un ladrón de gando está a sementar a discordia de novo entre os veciños. Non tardarán en volver aparecer as armas de fogo e o ánimo de vinganza. 

2020 "De caza" 15 de febreiro de 2015

Chega un novo caso para os axentes da Garda Civil. Os elementos deste caso son unha parella de senderistas e un accidente que, de maneira pouco probable, se converte en traxedia. Unha desaparición e unha terrible noticia. E o que é peor: non é a primeira vez que sucede. Unha psicóloga especializada en perfís perigosos será destinada a Serramoura. A súa función será axudar en todo o posible na investigación. Cada minuto conta ao enfrontarse a un secuestrador, especialmente cando hai a certeza de que a súa intención é matar. Os axentes contan con moi pouco tempo para pescudar demasiadas cousas. O negocio da madeira en Serramoura tomou novos camiños. Santos, á fronte do serradoiro máis poderoso dos arredores, recibirá unha visita inesperada. O capo, agora disfrazado de home de negocios honrado, recibirá unha proposta tan deshonesta como irresistible. 

2121 "Sacrificios" 22 de febreiro de 2015

Silvia Pardo, a filla pequena de Roque e María, foi secuestrada e o tempo corre en contra dos axentes da Garda Civil. O secuestrador é un vello coñecido das forzas de seguridade porque actuou anteriormente e sempre co mesmo desenlace: a morte da súa vítima. A intervención da sarxento Inés Carro permítelle á Garda Civil saber moitas cousas do criminal, pero falta o máis importante: descubrir a súa identidade. Os axentes só teñen unha oportunidade para dar co secuestrador, xa que seguiu as mesmas pautas en todos os seus ataques, incluíndo a tortura psicolóxica da familia da vítima. Pero para iso ten que establecer contacto con Roque e a súa muller. María séntese culpable do sucedido e axiña será o seu home quen lle recrimine os seus actos. Se non fose pola súa visita a Evaristo Fiúza, a súa filla non emprendería o camiño de volta a casa soa. A familia Fiúza vive con especial proximidade o secuestro de Silvia. Evaristo, porque comparte o sentimento de culpa de María; e Román, pola amizade que o une á familia desde que se asociou con Roque, pero especialmente coa súa filla Elena, algo que non lle acaba de gustar á súa moza Álex. Santos parece ser o único habitante de Serramoura que pasa por un bo momento. Foi elixido Empresario emerxente do ano, algo moito máis importante que unha simple campaña de mercadotecnia. Detrás do premio agóchase unha complexa e rendible manobra vinculada ao branqueo de capitais. 

2222 "Condena" 1 de marzo de 2015219 00017,4%

Roque ten que elixir entre a vida da súa filla e a da súa muller. Pero iso non é todo, xa que a persoa que mantén secuestrada a Silvia quere que María morra a mans do seu propio home. O matrimonio recibe a mensaxe no peor momento posible. Os axentes aférranse á única pista que teñen. Nunha das comunicacións co secuestrador, parece escoitarse un leve ruído de motoserras e unha árbore caendo. Unha única vía de investigación e dous modos moi distintos de traballar: Por un lado o do sarxento Inés Carro, e polo outro o de todos os axentes de Serramoura. Gloria busca agora un medio para gañar a vida. O seu enfrontamento co seu ex marido pechoulle todas as portas da localidade, salvo a do serradoiro de Santos. O peor inimigo da súa ex parella podería converterse no seu mellor aliado. 

2323 "Desde a tumba" 15 de marzo de 2015

Anxo, o secuestrador de Silvia Pardo, está morto. A responsable é a sarxento Inés Carro, que desde un principio primou o seu desexo de capturar o que un día foi o seu secuestrador fronte á liberación da filla de Roque e María. Santos e Pancho tiveron a oportunidade de deter o asasino en serie e, con todo, ante a posibilidade de que o serradoiro fose rexistrado pola Garda Civil, optaron por deixalo ir. Agora, seguros de que o home ao que tiñan no seu poder era o secuestrador, temen as consecuencias dos seus actos. Silvia, a nova secuestrada, segue en paradoiro descoñecido. Encadeada e sen auga nin comida, os axentes da Garda Civil temen que non sobreviva moitas horas máis. Non teñen pista algunha que seguir, só as poucas pertenzas que o secuestrador levaba enriba no momento da súa detención. Gloria e Santos fortalecen a súa alianza. Ela quere controlar o agora gran empresario da comarca e úneos o seu desexo de vingarse de Evaristo Fiúza. 

2424 "Un asunto persoal" 22 de marzo de 2015157 00014,4%

Aparece un cadáver soterrado nos montes da vila. Son os restos dun crime que parece que se produciu hai uns 30 anos e do que ninguén na localidade tivo noticia xamais, ninguén salvo o asasino. A identidade da vítima conmociona Serramoura. Trátase de Carmen Varela, a nai de Marga e de Raquel e a muller de Moncho, a quen todo o mundo supoñía fuxida dun marido alcohólico. Por que a asasinaron? Que sucedeu 30 anos atrás? Preguntas para as que os homes do tenente Penedo teñen que achar respostas con poucas pistas e moi desgastadas polo tempo. Mentres a Garda Civil investiga o caso, Evaristo e dona Teresa conspiran para acabar con Santos, o seu inimigo común. Dona Teresa quere recuperar o negocio do seu home, o serradoiro dos Soutelo. Evaristo, acabar co seu peor inimigo e o último na lista de amantes da súa exmuller. 

Segunda tempada: 2015-2016[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
251 "Serramoura, 1982" 4 de outubro de 2015147 000[3]13,2%

Continúa a investigación do asasinato da nai de Marga e Raquel, cometido hai máis de trinta anos, un crime que dinamita a fráxil paz da localidade. Raquel e Marga deben retornar ao ano 1982 e buscar no pasado dos seus veciños e amigos. Unha viaxe no tempo que revela segredos, mentiras e miserias, entre os que se atopa a clave para dar co asasino da súa nai. 

262 "O foraxido (1ª parte)" 11 de outubro de 2015

Unha perigosa banda de asaltantes de casas non tarda en dar coa máis rechamante de Serramoura: a de Evaristo Fiúza. No seu asalto, os violentos delincuentes farán de Evaristo, Román e Gloria os seus reféns. A Garda Civil non tarda moito en descubrir a situación. É un caso moi complicado para os homes de Tomás Penedo, non só polo perigo dos delincuentes aos que se enfrontan, senón porque se trata das vidas dalgúns dos veciños máis coñecidos da vila. 

273 "Os foraxidos (2ª parte)" 18 de outubro de 2015173 000[4]

Evaristo pídelle axuda a dona Teresa para pagar o rescate do seu fillo. A negativa da viúva de Soutelo marca un antes e un despois entre os dous veciños máis poderosos da vila. Esgotadas todas as vías razoables, a Fiúza non lle quedará máis remedio que tratar de resolver a situación ao seu xeito. E o seu xeito implica un gran risco para el e para Gloria e Román, aínda reféns dos atracadores. 

284 "O prezo a pagar" 25 de outubro de 2015166 000[5]16,2%

A resolución do secuestro dos Fiúza rematou coa morte dun dos secuestradores, os irmáns Rial. Iago, o único sobrevivente dos dous atracadores, clama vinganza. O seu obxectivo: acabar coa vida da sarxento Marga Neira. Só o seu compañeiro, o sarxento Diego Bazán, pode protexela. Ademais os habitantes de Serramoura afrontan unha nova fatalidade: o incendio do viveiro. Pero o que parece un accidente é en realidade o resultado dun acto desesperado por parte de Roque, un dos propietarios. Unha acción que podería acabar coa vida da súa propia filla, Elena, e que axiña espertará as sospeitas da Garda Civil. 

295 "Penitencias" 1 de novembro de 201512,7%[6]

Raquel chegou ata o final na súa investigación sobre o pasado da súa nai. E, para a súa sorpresa, foi dona Teresa quen lle facilitou as pezas que faltaban na súa historia. As irmás Neira teñen a oportunidade de escoitar a voz da súa nai a través dunhas vellas gravacións das sesións que no seu día gravou o seu psiquiatra. Tremendamente doloroso é tamén polo que está a pasar Luz: vítima dun terrible crime, debe facerlle fronte a unha dura investigación. Unha misteriosa carta chega ao posto da Garda Civil, unha máis do posible asasino de Carme Varela, esta vez para exculpar a Moncho, o marido da vítima. Para os Fiúza tamén se complican as cousas. Afectados os seus terreos polo Plan Natura, Evaristo necesita buscar novas explotacións forestais, pero tópase, unha vez máis, co mesmo problema: Teresa Soutelo. 

306 "Asinado, sarxento" 8 de novembro de 2015166 000[7]14,9%

A familia Pardo abandona definitivamente Serramoura. Roque decidiu cederlle a súa parte do negocio a Román e pechar este capítulo da súa vida. A súa muller, María, diralle adeus para sempre a Evaristo, quen foi o seu amor de mocidade. Gloria cre descubrir que Evaristo é o asasino de Carme Varela. Sexa como sexa, a resolución deste misterio está en mans de Evaristo. E, no medio da investigación, Álex regresa á vila. Pero faino ás agachadas, quizais guiada polo seu instinto xornalístico. Moitas cousas cambiaron desde que a moza marchou. E entre as novidades atópase o novo emprego de Santos, que agora traballa para don Amancio, o párroco de Serramoura. Unha estraña alianza que pode ter consecuencias inimaxinables. Alleo a todo isto, Hugo, o home de confianza de Evaristo Fiúza, atópase detido e á espera de xuízo pola suposta violación de Luz, a camareira da taberna. 

317 "Isto é só o principio" 15 de novembro de 2015174 000[8]16,0%[9]

Álex foi asasinada. O seu cadáver apareceu nos bosques da vila e a escena do crime anuncia unha investigación complexa e tortuosa. Sabéndoo, o tenente Penedo quere apartar a Marga, tía da vítima, do caso. Pero a sarxento Neira amosarase firme na súa decisión: ela mesma será quen encerre o asasino da súa sobriña e comeza a investigar porque Álex non avisou a ninguén da súa visita. Mentres tanto, Santos segue a traballar para don Amancio, o párroco de Serramoura. Unha parella imposible obrigada a entenderse e que terá no serradoiro de Teresa Soutelo o seu primeiro gran conflito. Quen gañe a batalla marcará a pauta na súa relación. 

328 "Promesas" 22 de novembro de 2015198 000[10]17,6%

As alianzas en Serramoura son tan imprevisibles como pouco duradeiras. Agora Santos converteuse en provedor do serradoiro en mans de Gloria, á que fornece madeira. Pero parece que hai algo en que non conseguiron chegar a un acordo: ambos os dous teñen criterios moi distintos sobre a precisión coa que pesa a báscula do serradoiro. Detrás, como non, está Santos, personaxe obsesionado cunha soa cousa: o diñeiro. Mentres, un novo personaxe aparece en escena: o alcalde de Serramoura, Rogelio Fidalgo. Próximas as eleccións, trata de establecer novas alianzas, neste caso con Evaristo Fiúza. Pero o problema é que Evaristo non está afeito estar á sombra de ninguén e ademais non soporta a Rogelio. 

339 "Soterrado" 29 de novembro de 2015152 000[11]13,3%

Rogelio Fidalgo quere a Evaristo na súa lista para a reelección. Con todo, Teresa Soutelo faralle axiña unha proposta máis ambiciosa: encabezar a súa propia candidatura, optar a ser o próximo alcalde. No caso polo asasinato de Álex, a Garda Civil atópase tras a pista de Lucas, principal sospeitoso do crime. Ademais, a investigación deu un xiro inesperado coa localización do posible escenario do crime: a igrexa parroquial. Un elemento máis fará a súa aparición: Peixe. O peculiar delincuente, moi coñecido polos axentes de Serramoura, di atopar, casualmente, a cámara de fotos da moza. Quizais a memoria garde algunha pista do seu asasino. 

3410 "Catro sospeitosos" 6 de decembro de 2015207 000[12]19,2%

O caso do asasinato de Álex segue cheo de preguntas sen resposta. Quen matou a Lucas é a última delas. Unha peza máis no crebacabezas en que se está transformando a investigación. Outra peza atoparana Raquel e Pancho, os pais de Álex, que, na súa obsesiva cruzada por facerlle xustiza á súa filla, conseguen información moi valiosa, crucial, da que non dispón a Garda Civil. Raquel quere tomarse a xustiza pola súa man. E, para ela, a xustiza farase cando morra o asasino da súa filla, se é posible, da súa propia man. Mentres, don Amancio, párroco de Serramoura, intenta conseguir que o seu sancristán o libere do peso dunha confesión que segue a ser un misterio para o espectador, pero que pode acabar co fráxil equilibrio que se estableceu na vila tras o asasinato de Álex. E, no medio de tanto balbordo, dona Teresa orquestra a campaña política de Evaristo Fiúza. Este dedica o seu tempo a convencer os veciños máis influentes para que se unan á súa lista electoral, pero fáltalle o máis importante: atopar a persoa apropiada para que sexa o seu brazo dereito, o número dous na súa candidatura á alcaldía. 

3511 "Moito que calar" 13 de decembro de 2015158 000[13]14,8%

Don Amancio vive torturado polo segredo de confesión. O seu sancristán fíxoo partícipe do peor dos relatos e a súa condición de sacerdote obrígao a calar. O cura desexa abandonar a vila, pero a súa marcha prexudicaría seriamente a Santos, que non pensa deixar escapar un dos seus mellores negocios. Co anuncio da posible marcha de Don Amancio, comeza a loita polos terreos da parroquia. Vender ou deixar a Santos á fronte? Que será o correcto? Ao párroco preocúpalle unha soa cousa: o benestar dos seus traballadores. Mentres, a Garda Civil parece pechar o círculo de sospeitosos na súa investigación da morte de Álex. Catro homes sentados arredor dunha mesa e todos con algo que calar. Só queda esperar a que un deles diga a primeira palabra. Será o párroco, o vigairo, o sancristán ou o anticuario? Mentres tanto, Evaristo Fiúza presenta formalmente a súa candidatura á alcaldía de Serramoura, con Teresa Soutelo como valedora e única fonte de financiamento, un xogo perigoso que pode ter consecuencias insospeitadas. 

3612 "Todo por nada" 27 de decembro de 2015176 000[14]16,6%

Román Fiúza ataca a Quique, o garda civil máis novo do cuartel, sen motivo aparente. O fillo de Evaristo xa está en prisión á espera de xuízo. Pero Quique sospeita que detrás do estraño e violento comportamento de Román atópase algo máis. Sabedor do que é capaz, teme o peor. Mentres, o caso do asasinato de Álex deu un xiro inesperado: Pepe, o sancristán de don Amancio, confesou o asasinato da moza, pero aos axentes do tenente Penedo hai algo que non lles cadra na súa historia e cren que se trata dunha cortina de fume. Están convencidos de que Pepe encobre o verdadeiro asasino da sobriña de Marga. Por outro lado, deu comezo a campaña electoral en Serramoura e fíxoo con senllas campañas de descrédito cruzadas entre os dous candidatos: Evaristo Fiúza e Rogelio Fidalgo. O que non imaxinan os protagonistas é que algúns dos seus poderían non ser tan fieis como eles imaxinan. 

3713 "Loita de poder" 3 de xaneiro de 2016148 000[15]13,1%

Chegou o momento do gran mitin final da campaña de Evaristo contra Rogelio Fidalgo. Teresa Soutelo encárgase de organizalo todo; ela ten o diñeiro e ela decide, unha situación que desespera a Evaristo, pero coa que traga. Á fin e ao cabo, é a única vía para recuperar o poder social e económico do que antes gozaba o apelido Fiúza. Pero, cal será o prezo a pagar? Mentres tanto, a Garda Civil investiga unha vaga de roubos de vehículos, un caso que se presentará como a acción duns delincuentes de pouca sona e que se complicará de maneira insospeitada ao implicar algún dos veciños máis conflitivos da vila. E, tratándose de Serramoura, este veciño ten nome: Santos. Ademais, Santos decatouse, a través de Tino, do negocio deste con Hugo. Negocio que, polo ben de ambos os dous, manteñen ás costas de Evaristo. Santos, coñecedor desta circunstancia, intentará sacarlle partido, pero nin Pancho nin Hugo pensan ceder. 

3814 "Saldando contas" 10 de xaneiro de 2016195 000[16]15,8%

Tino Moreira aparece asasinado dentro do maleteiro do seu propio coche. O vehículo, roubado por un grupo de delincuentes de pouca monta, acabou nun taller de despezamento. É evidente que os ladróns descoñecían a existencia do cadáver, polo que a Garda Civil deberá seguir outras liñas de investigación. Mentres, no serradoiro, Gloria busca o apoio de Raquel para acabar cos abusos de dona Teresa, pero a administrativa non confía na exmuller de Evaristo Fiúza. A viúva de Soutelo tendeulle unha trampa a Gloria para recuperar a propiedade do negocio familiar. En Serramoura os ánimos están caldeados. O xuíz deixou en liberdade provisional a Ramiro, o home que violou a Luz. Ela vive con indignación e moito medo cada visita do seu agresor á taberna. Son varios os veciños da vila dispostos a facer xustiza pola súa conta para protexer a camareira. Os membros da Garda Civil non o terán nada fácil para asegurar a integridade física do delincuente. E neste ambiente tan enfermizo, en plena investigación por asasinato e cos veciños indignados pola posta en liberdade dun violador, chega o día das eleccións municipais. As sondaxes non apuntan nada ben para Evaristo Fiúza, o único home capaz de plantar batalla a Rogelio Fidalgo, o alcalde en funcións. 

3915 "Contar ata cen" 17 de xaneiro de 2016194 000[17]17,4%

Os accidentes laborais no monte son demasiado frecuentes, pero atopar un cadáver, o dun cuadrilleiro ilegal, esmagado por unha árbore xa non é tan habitual. Por iso, a primeira hipótese que manexan Marga e Diego é a do homicidio. A cousa complícase cando os investigadores se decatan de que o corpo apareceu nos montes da parroquia, xestionados por don Amancio e traballados por Santos. Contra todo prognóstico, Evaristo é o novo alcalde de Serramoura e unha das primeiras medidas que vai tomar será a de revisar todos os caixóns do Concello. O novo rexedor quere poñerse ao día sobre as cuestións máis importantes para o seu municipio. Para iso terá que contar coa colaboración dos funcionarios, que non llo van poñer nada doado. O recibimento por parte dos empregados non vai ser bo, xa que consideran que hai certos asuntos que é mellor non remover. Exactamente, os asuntos que Evaristo quere remover. O seu obxectivo é levar por diante a Rogelio e a dona Teresa. Mentres tanto, Hugo e Pancho están moi ocupados tratando de facer negocios ás costas de Evaristo. Pola súa parte, Martín, o sobriño de Teresa Soutelo, parece estar interesado en Raquel, algo que non lle fará demasiada graza ao seu exmarido. 

Terceira tempada: 2016[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
401 "Matounos o demo" 8 de maio de 2016137 000[18]12,3%
412 "O demo está en todas as partes" 15 de maio de 2016159 000[19]14,6%
423 "Cortina de ferro (1ª parte)" 22 de maio de 201699 000 [20]8,3%
434 "Cortina de ferro (2ª parte)" 29 de maio de 2016142 000[21]13,1%
445 "O disfrace do mal" 5 de xuño de 2016155 000[22]14,0%
456 "A árbore do aforcado" 12 de xuño de 2016150 000[23]14,2%
467 "Desde Rusia con amor" 19 de xuño de 2016138 000[24]13,1%
478 "Nada que dicir" 3 de xullo de 2016113 000[25]11,7%
489 "Caza" 10 de xullo de 201698 000[26]9,1%

Cuarta tempada: 2016-2017[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
491 "A primeira regra" 2 de outubro de 2016126 000[27]13,0%
502 "Homes de palabra" 9 de outubro de 2016127 000[28]13,8%
513 "Acabouse" 16 de outubro de 2016140 000[29]13%
524 "Máis que a nada" 23 de outubro de 2016153 000[30]14,2%
535 "Os pecados dos pais" 30 de outubro de 2016122 000[31]12,9%
546 "Un rastro que se perde" 6 de novembro de 2016137 00013,1%
557 "Segredos enterrados" 13 de novembro de 2016130 00012,3%
568 "Malas compañías" 20 de novembro de 2016162 00014,8%
579 "Coa mesma moeda" 27 de novembro de 2016180 00017,7%
5810 "De pais e fillos" 4 de decembro de 2016160 00015,6%
5911 "Da mesma madeira" 11 de decembro de 2016173 00017,8%
6012 "O forasteiro" 18 de decembro de 2016138 00014,1%
6113 "Fai o que debas" 25 de decembro de 2016137 00014,6%
6214 "O pasado sempre volve" 1 de xaneiro de 2017115 00011,3%
6315 "Dúas horas no inferno" 8 de xaneiro de 2017161 00015,1%
6416 "A febre do ouro" 15 de xaneiro de 2017171 00016,4%
6517 "Ata que a morte nos separe" 22 de xaneiro de 2017151 00014,5%
6618 "Nin contigo nin sen ti" 29 de xaneiro de 2017159 00014,9%

Quinta tempada: 2017[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
671 "Ten dereito a gardar silencio" 5 de febreiro de 2017161 00014,6%
682 "Entre reixas" 12 de febreiro de 2017178 00016,7%
693 "O inimigo na sombra" 19 de febreiro de 2017153 00014,4%
704 "Outro espello para Alicia" 27 de febreiro de 2017123 00012,5%
715 "Eles" 6 de marzo de 2017162 00015,5%
726 "Cría corvos" 12 de marzo de 2017181 00017,4%
737 "Busca e captura" 19 de marzo de 2017165 00016,8%
748 "Dille a Marga que a quero" 26 de marzo de 2017175 00016,7%
759 "Terra de lei" 2 de abril de 2017148 00014,6%
7610 "Ollos que non ven" 9 de abril de 2017169 00017%
7711 "Ás costas de lei" 16 de abril de 2017120 00013,1%
7812 "Perdendo a cabeza" 23 de abril de 2017145 00015,3%
7913 "Cando apagues a luz" 30 de abril de 2017
8014 "De entre os mortos" 7 de maio de 2017141 00014,6%
8115 "Os problemas no son para mañá" 14 de maio de 2017
8216 "Alguen ten que pagar" 21 de maio de 2017
8317 "Noite de lobos" 28 de maio de 2017
8418 "Déixame marchar" 4 de xuño de 2017142 00014%
8519 "O pasado que nunca pasa (1ª parte)" 11 de xuño de 2017147 00013,6%
8620 "O pasado que nunca pasa (2ª parte)" 18 de xuño de 2017115 00012,3%
8721 "Conta comigo" 25 de xuño de 2017122 00012,4%

Sexta tempada: 2017-2018[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
881 "O fío vermello" 22 de outubro de 2017130 00013.3%
892 "Nas mans do destino" 29 de outubro de 2017135 00014,2%
903 "Atando cabos" 1 de novembro de 2017130 00015,5%
914 "Un mesmo destino" 8 de novembro de 2017126 00012,7%
925 "Terra revolta" 15 de novembro de 2017119 00012,6%
936 "A culpa" 22 de novembro de 2017108 00011,5%
947 "Estigmas" 29 de novembro de 201799 00010,2%
958 "Tempo de secano" 6 de decembro de 2017123 00012,3%
969 "O anxo da morte" 13 de decembro de 2017114 00011,2%
9710 "En defensa propia" 20 de decembro de 2017114 00012,1%
9811 "Perdón e esquecemento" 27 de decembro de 2017101 0009,9%
9912 "Un conto de medo (1ª parte)" 3 de xaneiro de 2018132 00011,8%
10013 "Un conto de medo (2ª parte)" 10 de xaneiro de 2018110 00010,2%
10114 "Esquece, memoria" 17 de xaneiro de 2018128 00012,8%
10215 "Que teñas un bo día" 24 de xaneiro de 2018110.00011,2
10316 "A porta está aberta" 31 de xaneiro de 2018148 00015,2%
10417 "Inspira, expira" 7 de febreiro de 2018155 00015,9%
10518 "Xogo sucio, xogo duro" 14 de febreiro de 2018134 00013,3%
10619 "Saber perder" 21 de febreiro de 2018130 00013,0%
10720 "Ruleta rusa" 28 de febreiro de 2018101 0009,7%

Sétima tempada: 2018[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
1081 "As decisións correctas" 11 de marzo de 2018136 00013,1%
1092 "Ardan os culpables" 18 de marzo de 2018115 00010,8%
1103 "Lazos de sangue" 25 de marzo de 2018111 00010,3%
1114 "Oú est-elle?" 1 de abril de 201895 0009,6%
1124 "Cruzar a liña" 8 de abril de 2018124 00011%
1135 "Luces e sombras" 15 de abril de 2018145 00013,6%
1146 "Black Hat" 22 de abril de 2018114 00012,1%
1157 "Voar polos aires" 29 de abril de 2018135 00012,4%
1168 "Tamén isto ha de pasar" 6 de maio de 201884 0008,9%
1179 "Sálvame da espada" 13 de maio de 2018112 00011%
11810 "O libro e a espada" 20 de maio de 2018105 00011,3%
11911 "Demasiados segredos" 27 de maio de 2018118 00011,4%
12012 "Vellos novos descoñecidos" 3 de xuño de 2018123 00012,1%
12113 "Vellos tempos" 10 de xuño de 2018117 00011,5%
12214 "Non sei dicir adeus" 17 de xuño de 2018102 00011%

Oitava tempada: 2018-2019[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
1231 "Os bos tempos nunca foron tan bos (1ª parte)" 7 de outubro de 2018117 00012,2%[32]
1242 "Os bos tempos nunca foron tan bos (2ª parte)" 14 de outubro de 201899 00010,3%[33]
1253 "Conto de pantasmas" 21 de outubro de 201897 00010,1%
1264 "Un lugar no mundo" 28 de outubro de 201891 0009,6%[34]
1275 "Non é misión para novatos" 4 de novembro de 2018152 00014,2%[35]
1286 "Lendas vivas" 11 de novembro de 2018122 00012%[36]
1297 "Mágoa e medo" 18 de novembro de 201897 00010,4%[37]
1308 "Castigo á medida" 25 de novembro de 2018103 00010,6%[38]
1319 "Noite de mortos (Parte 1)" 2 de decembro de 2018121 00011,2%
13210 "Noite de mortos (Parte 2)" 9 de decembro de 201885 0008,7%[39]
13311 "Morrer en Serramoura" 16 de decembro de 2018118 00013%
13412 "Un bo amigo" 23 de decembro de 2018105 00011,7%
13513 "Feridas abertas" 30 de decembro de 2018119 00012,8%
13614 "Alguén en quen crer" 6 de xaneiro de 2019133 00014,5%
13715 "Seguide o diñeiro" 13 de xaneiro de 2019132 00013,7%
13816 "Do ut des" 20 de xaneiro de 201993 0009,5%

Novena tempada: 2019[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
1391 "Un andazo criminal" 27 de xaneiro de 2019
1402 "Mal de ollo" 3 de febreiro de 2019
1413 "A filla do xeneral" 10 de febreiro de 2019
1424 "Mentiría se dixese a verdade" 17 de febreiro de 2019
1435 "A cacería (Parte 1)" 24 de febreiro de 2019
1446 "A cacería (Parte 2)" 3 de marzo de 2019
1457 "Algo contigo" 10 de marzo de 2019
1468 "O reloxo" 17 de marzo de 2019
1479 "Mulleres fatal" 24 de marzo de 2019
14810 "O señor dos bosques" 31 de marzo de 2019
14911 "Castelo de naipes" 7 de abril de 2019
15012 "Consellos dos pais" 14 de abril de 2019
15113 "Contas pendentes" 21 de abril de 2019
15214 "A fin da guerra" 5 de maio de 2019
15315 "Iguais ante a lei" 12 de maio de 201986 0009,4%
15416 "Tentacións" 19 de maio de 2019
15517 "Á escoita" 2 de xuño de 2019
15618 "O home de dúas caras" 9 de xuño de 2019

Décima tempada: 2020[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
1571 "Eu non son eu" 3 de maio de 202085 0008,9%

O caso dos Osorio deu un novo xiro inesperado. Iván ten un irmán xemelgo do que ninguén sabía a súa existencia e que se fai pasar por el para manter a súa identidade oculta. Sen contar con este dato tan relevante, a investigación de Roi e Marga está nun punto morto. Consciente da importancia de resolver o caso canto antes, Tomás intenta por todos os medios facer reaccionar aos seus sarxentos para que atopen novos fíos de información, pero os métodos que está utilizando Marga durante o caso non son do agrado de Tomás que tamén terá que tomar cartas no asunto. 

1582 "Amizades perigosas" 10 de maio de 202096 0009,9%

Despois de pechar con éxito o caso dos Osorio, o cuartel de Serramoura prepárase para un novo procedemento: o xuízo contra Teresa Soutelo. Mentres tanto, Evaristo intenta por todos os medios asegurar a seguridade de Benito, a única testemuña que pode incriminar a Teresa no asasinato da súa criada. Allea a todos estes movementos, Teresa segue internada no hospital, pero a súa situación non tardará en cambiar ao coñecer a César, o perigoso psicópata. 

1593 "Tocata e fuga" 17 de maio de 2020102 00011,3%
1604 "Truco ou trato" 24 de maio de 202070 0008,4%

Despois da fuxida de César do sanatorio, todos os efectivos do cuartel de Serramoura son conscientes de que a vida de Raquel está en xogo, polo que Tomás non dubida e organizar un dispositivo de busca sen escatimar recursos. Tamén os veciños da vila bótanse ao monte para atopar a Raquel, algo que Roi e Marga intentan evitar por todos os medios. Para evitar interferencias no seu traballo, os sarxentos non dubidan en reter no cuartel a Evaristo Fiúza, algo co que non estará moi conforme.Mentres tanto, Teresa negocia con César a entrega de Raquel, pero introduce un novo punto no acordo: se César quere a Raquel, antes ten que acabar con Evaristo Fiúza. 

1615 "Deixádea ir" 31 de maio de 202091 00010,5%

O secuestro de Raquel a mans de César, o perigoso asasino en serie que está obsesionado coa irmás Neira, puxo a Serramoura contra as cordas. Despois de que o operativo que puxo en marcha o cuartel de Serramoura non dese con ela nun primeiro momento, non foi impedimento para que Raquel conseguise escapar, pero co que ninguén contaba era con que un accidente do coche patrulla alterase o final feliz e deixou a toda a vila sen respiración. 

1626 "Ten coidado aí fóra" 7 de xuño de 202078 0008,8%

O regreso de Quique ao posto de mando da vila terá hoxe un efecto reparador para a maioría dos veciños. Pero o crime na vila non descansa e a morte dun dos gardas do cuartel obrigou a Marga e a Quique a comezar unha investigación que pode ser máis perigosa do que agardan. Pola súa conta, Roi segue meditando se lle compensa seguir en Serramoura despois de perder toda esperanza de atopar a Raquel sa e salva. Mentres tanto, Teresa está arrepentida de todo o mal que leva feito e busca redimirse ante os seus veciños pedíndolle perdón a todos e cada un deles. 

1637 "Sen perdón" 14 de xuño de 202097 00011,2%

Quique está en perigo. Ou polo menos é o que pensan tanto Tomás como Marga despois das mensaxes anónimas que está recibindo o sarxento Parcero desde que volveu a Serramoura. Atopar o motivo das ameazas vai ser fundamental para dar co responsable. Temendo pola súa integridade física, Quique pide axuda a Roi para que investigue pola súa conta e o axude alocalizar ao responsable das ameazas. Mentres tanto, os plan de Evaristo para ampliar o serradoiro atópanse cos primeiros impedimentos que Luz e Pancho terán que resolver. 

1648 "Camiño sen retorno" 21 de xuño de 202093 00010,5%

O perigo que corre Quique segue estando presente no cuartel de Serramoura. Pero o que máis lle sorprende a Tomás son os supostos feitos que levaron a Quique a sufrir esta situación. Mentres tanto, a familia Fiúza recupera motivos para a felicidade. Román xa está fora do cárcere despois de cumprir condena polo asasinato de Xoel, despois da declaración de Dona Teresa. O problema, ou iso é o que pensa Pancho, é que co regreso de Román, Evaristo prescindirá dos seus servizos á fronte do serradoiro.Despois de axudar a que Román saíse do cárcere, Teresa seguen perdindo perdón a todos os veciños da vila e nesta ocasión chegou a quenda dos Neira. 

1659 "Crónica dun pasado recente" 28 de xuño de 202083 0009,6%

Marga e Quique xa teñen a Oliveira contra as cordas, ou iso é o que pensaban. A detención do sarxento pode considerarse como ilegal e, se non queren enfrontarse a Comandancia, terán que aceptar as explicacións de Oliveira e colaborar con el para atrapar o responsable das ameazas a Quique. Mentres tanto, Leandro asina o contrato cos Fiúza para a ampliación do serradoiro, pero Hugo non se fía de todo. O pasado que teñen en común é unha lousa moi pesada que o avogado dos Fiúza non será quen de levar e fará todo o posible por desfacerse de Leandro. Pero en Serramoura tamén hai tempo para o amor. Roi e Catuxa están dando pequenos pasos para comezar unha relación, algo que os dous non buscan, pero que atoparán cando menos o esperan. 

16610 "Xogar con lume" 5 de xullo de 2020

Despois de pechar o caso das ameazas de Quique e con Oliveira fóra da Garda Civil, Tomás aproveita a tranquilidade que se respira en Serramoura para renunciar ao seu posto provisionalmente e obrigar a Marga a que se ocupe do cuartel e acepte preparar o exame de Tenente. Mentres tanto, Santos recibe o convite para asistir a unha reunión cun importante delincuente para ser o seu xefe de seguridade, e a pesar dos intento de Santos, non poderá rexeitar a oferta. Despois de axudar a Hugo e fuxir de Serramoura, Evaristo ten outra fronte aberta. 

Undécima tempada: 2020[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Data de emisión Nº Espectadores Cota de pantalla
1671 "Pantasmas do pasado" 13 de setembro de 202085 00011,8%

A xuíza Tania Crespo está de volta en Serramoura para investigar a unha perigosa banda criminal. O seu principal obxectivo é entrevistarse con Santos para obter datos sobre unha das integrantes da banda: Emilia. Mentres tanto, Tomás aproveita a boa disposición de Roi para ofrecerlle un traballo como asesor externo do cuartel. A súa función é revisar casos non resoltos, algo que Roi non acolle con moito entusiasmo ata que atopa un expediente que chama a súa atención. Ao mesmo tempo Emilia volve á vila para pedir axuda a Santos. Está escapando do xefe da organización e necesita agocharse durante un tempo. Santos accederá a axudala? 

1682 "Ha de ser culpa das árbores" 20 de setembro de 2020101 00011,4%

O plan para axudar de Santos para axudar a Emilia non podía saír peor. Corso conseguiu dar co paradoiro de Emilia e esixe a devolución dos diamantes roubados, pero ninguén sabe onde están, agás Evaristo que conserva unha pequena parte. Mentres tanto no cuartel, Marga, Tomás, Tania e Quique son conscientes de que está pasando algo con Emilia, pero a pesar dos seus esforzos non conseguen ningún tipo de información, pero todo se complica cando atopan unha bomba no posto de mando. Ao mesmo tempo, Roi segue adiante coa do caso de Moisés, pero con cada novo avance o desenlace apunta na peor dirección posible. 

1693 "Baixo a pel" 27 de setembro de 2020101 00011,8%

A presenza de Corso en Serramoura non facía presaxiar nada bo e así foi. A morte de Luz causou un profundo pesar para toda a vila e en particular para os Fiúza. Román non quere saber nada do seu pai, ao que responsabiliza da morte de Luz, e Evaristo, en shock polo acontecido, só ten un obxectivo: acabar no cárcere. Mentres tanto, Roi segue adiante investigando o caso de Moisés. O primeiro obxectivo é descubrir o significado das cruces que atopou no fogar do desaparecido, algo que non será doado e requirirá a colaboración de Patri. Ao mesmo tempo, Marga recibirá unha carta onde a propoñen para un novo destino. 

1704 "Inimigos reais, amigos imaxinarios" 4 de outubro de 202071 0008,5%

En Serramoura a felicidade sempre se paga, e iso é que lle pasou a familia Neira despois de que Marga aceptase o posto que lle ofrecían en Madrid. E é que a desaparición de Monchiño colleu a toda a vila por sorpresa. Sen tempo que perder, o cuartel de Serramoura puxo en marcha un operativo de busca en toda a vila sen que houbese novidades, polo que Tomás non dubida en encargar a Roi que investigue pola súa conta e que atopará nos debuxos do neno unha pista fundamental para establecer unha teoría. A pesar de que os efectivos da Garda Civil están facendo todo o posible, os veciños de Serramoura non tardan en organizar a súa propia busca. Moncho, moi afectado pola desaparición de Monchiño, informará a Evaristo de cada movemento do cuartel para coller ao sospeitoso o antes posible. 

1715 "Non estamos tolos" 11 de outubro de 202078 0008,7%

Toda Serramoura participa na busca de Monchiño, o sobriño de Marga, pero a pesar dos esforzos aínda non se atopou ningunha pista do pequeno. O posto de mando da Garda Civil traballa coa hipótese de que o neno non marchou por vontade propia e que alguén o retén contra a súa vontade, pero quen faría algo así? Aínda que todos manteñen a esperanza de atopar a Monchiño, Roi é o único que aposta por novas liñas de investigación. Os pendentes que levou unha das mestras do neno ata o cuartel pertencen a Raquel, pero iso implicaría que a irmá de Marga está viva. 

1726 "A verdade" 18 de outubro de 202093 00010,5%

O dispositivo de busca que puxo en marcha o posto de mando de Serramoura segue sen dar resultado e os equipos de rescate non deron con ningún rastro do pequeno, con todo a teoría de Roi respecto a que Raquel segue con vida e que Moisés e Pedro son a mesma persoa, ten cada vez máis sentido. O tenente Penedo da un prazo de corenta e oito horas a Marga e Roi para probar a nova teoría, pero se non atopan nada firme, terán que abandonar esa liña de investigación. Mentres tanto, Raquel e Monchiño viven alleos a todo o que acontece en Serramoura, pero desde que Moisés levou a Monchiño ata a cabana, Raquel non fixo outra cousa que pensar nunha forma de escapar, pero o medo ao seu secuestrador xoga na súa contra. 

1737 "10 de maio" 25 de outubro de 202092 00011,6%

A tranquilidade aínda non chegou a Serramoura. Despois de escapar da casa de Moisés, Raquel e Monchiño chegaron ata o río onde Raquel tiña preparada unha embarcación para escapar co seu fillo da mans do seu secuestrador, pero no último momento Moisés conseguiu arrebatarlle o neno e deixala mal ferida, o que supuxo un golpe moi duro para Raquel. Marga e Roi non tardan en dar co paradoiro de Raquel, pero non hai rastro do neno. Sen tempo que perder, Tomás pon en marcha un novo operativo para atopar a Monchiño sa e salvo e deter a Moisés antes de que faga máis dano. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Serramoura» despide su segunda temporada con una nueva muerte
  2. "Serramoura trae novas tramas e intrigas paras as noites dos domingos na TVG". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 08 de maio de 2016. 
  3. Publicación no Facebook de Carlos Carballo
  4. Publicación no Facebook de Carlos Carballo
  5. Publicación no Facebook de Carlos Carballo
  6. Publicación no Facebook de Carlos Carballo
  7. Publicación no Facebook de Carlos Carballo
  8. Chío de Voz audiovisual
  9. Publicación no Facebook de Carlos Carballo
  10. Chío de 'tras a Claqueta'
  11. Chío de 'tras a Claqueta'
  12. Chío de 'tras a Claqueta'
  13. Chío de 'tras a Claqueta'
  14. Chío de 'tras a Claqueta'
  15. Chío de 'tras a Claqueta'
  16. Chío de 'tras a Claqueta'
  17. Chío de 'tras a Claqueta'
  18. Chío de 'tras a Claqueta'
  19. Chío de 'tras a Claqueta'
  20. Chío de 'tras a Claqueta'
  21. Chío de 'tras a Claqueta'
  22. Chío de 'tras a Claqueta'
  23. Chío de 'tras a Claqueta'
  24. Chío de 'tras a Claqueta'
  25. Chío de 'tras a Claqueta'
  26. Chío de 'tras a Claqueta'
  27. Chío de 'tras a Claqueta'
  28. La nueva temporada de «Serramoura» se consolida como líder en Galicia
  29. «Serramoura» sigue creciendo en audiencia en TVG y supera su media con 140.000 espectadores
  30. «Serramoura» fue el programa más visto en las cadenas autonómicas
  31. «Serramoura» reúne a 122.000 espectadores en TVG
  32. Top5 de ayer #domingo en nuestras televisiones
  33. Top5 de ayer #domingo en nuestras televisiones
  34. Top5 de ayer #domingo en nuestras televisiones
  35. Top5 de ayer #domingo en nuestras televisiones
  36. Top5 de ayer #domingo en nuestras televisiones
  37. Top5 de ayer #domingo en nuestras televisiones
  38. Top5 de ayer #domingo en nuestras televisiones
  39. Top5 de ayer #domingo en nuestras televisiones