Mónica García Pérez
Mónica García Pérez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1966 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | actriz |
Premios | Premio María Casares á mellor actriz secundaria 1997 Bailando en verán 2003 Os espectros 2012 Citizen |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mónica García Pérez, nada en Luarca (Asturias) en 1966, é unha actriz galega con ampla experiencia teatral e televisiva. Destacan especialmente os seus papeis nas series da TVG Pratos combinados e Valderrei, na que interpretou o papel protagonista, e a súa pertenza á compañía teatral Chévere.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Televisión[editar | editar a fonte]
- Pratos combinados (1999-2006) Capítulos 105-261. Como Mónica Regueiro.
- Pillados (2006)
- Valderrei (2007) Como Isa.
- Serramoura (2015) Capítulos 20-23. Como Inés Carro.
Cine[editar | editar a fonte]
- Continental (1990), de Xavier Villaverde.
- Contos de Alentraia: Tornabón (1994), de Jorge Coira e José Carlos Soler.
- Aínda máis difícil (1998), de Ángel de la Cruz.
- Sei quen es (1999), de Patricia Ferreira.
- Alzhéimer (2000), de Álex Sampayo.
- O lapis do carpinteiro (2001), de Antón Reixa.
- Os luns ó sol (2002), de Fernando León de Aranoa.
- Bobo Furcia (2002), de Álex Sampayo e Xoel Fernández.
- Para que non me esquezas (2004), de Patricia Ferreira.
- Amelia e as sereas (2006), de Ghaleb Jaber.
- Galatasaray-Dépor (2006), de Hannes Stöhr.
- A biblioteca da iguana (2006), de Antón Dobao.
- Bechos raros (2006), de Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes.
- A mariñeira (2007), de Antón Dobao.
- A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.
Teatro[editar | editar a fonte]
- As actas escuras (CDG, 2009; como leiteira, muller 1 e criada).
- Citizen (2011)
- Eurozone (2013)
- As fillas bravas (2014)
- Ultranoite no País dos Ananos (2014)
- Divinas Palabras Revolution (2018)
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actriz secundaria | Pratos combinados | Nomeada |
Premio María Casares á mellor actriz secundaria[editar | editar a fonte]
É a actriz que máis veces recibiu este galardón da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en concreto en tres ocasións. Recibiuno en 1997 por Bailando en verán, en 2003 por Os espectros e en 2012 por Citizen.