Saltar ao contido

María Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Salgueiro
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Moaña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2191162 Editar o valor en Wikidata

María Carmen Rodríguez Salgueiro, coñecida como María Salgueiro, nada en 1967 en Moaña, é unha actriz galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudando bacharelato iniciou a súa andaina artística no grupo de teatro "Aurín", creado polo profesor Pedro P. Riobó no IES María Soliño, de Cangas.

Marchou a Madrid buscando novas oportunidades. Estudou na escola de Interpretación Juan Carlos Coraza.

No ano 1992 converteuse nunha das protagonistas do programa televisivo Pinnic (Ondas 1993), dirixido por Mikel Obiols, dando vida á personaxe de Bunbun xunto aos actores Pere Ponce, Susana García e Alex Sisteré. Este programa estivo en antena durante catro anos.

Regresou a Galicia e continuou co seu traballo artístico. Participou en numerosas obras teatrais, series televisivas e películas, e foi nomeada para o premio Mestre Mateo polo seu papel de Renata na serie A vida por diante, no que demostrou estar dotada dun gran rexistro dramático.

Participou no proxecto Bértola Teatro desmontable, co espectáculo teatral O Pack cósmico, creado a partir de tres pezas de microteatro.

Na actualidade[cando?] representa a obra O ogrocho co grupo Teatro de Ningures, dirixida ao público infantil.

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Un home afortunat (1995), de César Bermejo.
  • 15 días (2000), de Rodrigo Cortés.
  • 9:00 P.M. (2000), de Alejandro Sigüenza e Dani Cocoa.

Televisión

[editar | editar a fonte]