Xoana de Flandres
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1295 |
| Morte | setembro de 1374 |
| Duquesa consorte | |
| 30 de abril de 1341 – 16 de setembro de 1345 ← Joana de Saboia, Duquesa da Bretanha (pt) | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Tickhill Castle (en) |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
| Outro | |
| Título | Duquesa Duquesa |
| Familia | Casa de Dampierre (pt) |
| Cónxuxe | Xoán II de Montfort (1329 (Gregoriano)–) |
| Fillos | Xoán IV da Bretaña, Joan of Brittany, Baroness of Drayton |
| Pais | Lois de Nevers |
| Irmáns | Louis Ier de Flandre |
| Descrito pola fonte | A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country |
- Para a Condesa de Flandres (1206-1244), ver Xoana I de Flandres.

Xoana de Flandres, nada en 1295 e finada en 1374, era unha princesa francesa filla de Lois I de Flandres, conde de Nevers, e de Xoana de Rethel, condesa de Rethel.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guerra de Sucesión da Bretaña
[editar | editar a fonte]Á morte de Xoán III da Bretaña, Xoán de Monfort disputoulle o ducado á súa sobriña Xoana de Penthièvre, o que levou a unha guerra de vinte anos chamada Guerra dos dous Xoáns ou Guerra de Sucesión da Bretaña. Cando Xoán de Montfort foi feito prisioneiro, Xoana tomou a dirección dos seus exércitos e continuou a loita, permitindo ao seu fillo Xoán (V ou VI) (segundo as distintas fontes) conquistar o Ducado da Bretaña.
Xoana de Flandres tamén é famosa por unha acción espectacular: mentres as tropas de Carlos de Blois cercaban Hennebont, onde estaba Xoana, conseguiu galvanizar as tropas e os civís tan ben que todos os ataques foron rexeitados. Unha noite, á fronte dun destacamento de soldados, saíu da cidade e prendeu lume ás tendas das tropas do adversario. Máis tarde, grazas a isto, conseguiu chegar a Auray, desde onde puido levar 600 cabaleiros, o que permitiu a liberación da cidade. Despois diso, Xoana de Flandres pasou a chamarse Xoana a Chama.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]
Casou con Xoán II de Montfort (1294-1345), conde de Montfort, e tivo a:
- Xoán V (ás veces Xoán VI), coñecido como o anglófilo (m. 1399), duque da Bretaña e conde de Richmond.
- Xoana (1341 - 1399), casada con Ralph Basset de Drayton.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]| 16. Guillerme II de Dampierre | ||||||||||||||||
| 8. Guido de Dampierre | ||||||||||||||||
| 17. Margarida de Constantinopla | ||||||||||||||||
| 4. Roberto III de Flandres | ||||||||||||||||
| 18. Roberto VII de Béthune | ||||||||||||||||
| 9. Mafalda de Béthune | ||||||||||||||||
| 19. Isabel de Morialmes | ||||||||||||||||
| 2. Lois I de Nevers | ||||||||||||||||
| 20. Hugo IV de Borgoña | ||||||||||||||||
| 10. Otón de Borgoña | ||||||||||||||||
| 21. Iolanda de Dreux | ||||||||||||||||
| 5. Iolanda de Borgoña | ||||||||||||||||
| 22. Arquimbaldo IX de Borbón | ||||||||||||||||
| 11. Matilde II de Borbón | ||||||||||||||||
| 23. Iolanda de Châtillon-Saint-Pol | ||||||||||||||||
| 1. Xoana de Flandres | ||||||||||||||||
| 24. Hugo II de Rethel | ||||||||||||||||
| 12. Manasés V de Rethel | ||||||||||||||||
| 25. Felicidade de Broyes | ||||||||||||||||
| 6. Hugo IV de Rethel | ||||||||||||||||
| 26. Xerardo II de Écry | ||||||||||||||||
| 13. Isabel de Écry | ||||||||||||||||
| 27. Felicidade | ||||||||||||||||
| 3. Xoana de Rethel | ||||||||||||||||
| 28. Henrique IV de Grandpré | ||||||||||||||||
| 14. Henrique V de Grandpré | ||||||||||||||||
| 29. María de Garlande | ||||||||||||||||
| 7. Isabel de Grandpré | ||||||||||||||||
| 30. Erardo I de Brienne | ||||||||||||||||
| 15. Isabeal de Brienne | ||||||||||||||||
| 31. Filipa de Champaña | ||||||||||||||||
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana de Flandres |