Saltar ao contido

Guarda, Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGuarda, Portugal
Imaxe

Localización
Mapa
 40°32′11″N 7°16′06″O / 40.5364, -7.2683
EstadoPortugal
DistritosDistrito da Guarda Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Adão (pt) Traducir
Aldeia Viçosa (pt) Traducir
Aldeia do Bispo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 43+
Poboación
Poboación42.541 (2011) Editar o valor en Wikidata (59,26 hab./km²)
Xeografía
Superficie717,88 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.056 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal6300–6301 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webmun-guarda.pt Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5593937
Praza na cidade


Guarda é un municipio e unha cidade portuguesa de algo máis de 30.000 habitantes. E tamén a capital do distrito da Guarda.

Situación

[editar | editar a fonte]

Situada a 1.056 metros de altitude é a cidade localizada a maior altura en Portugal. Forma parte da rexión montañosa da Beira Alta, da cal é a poboación máis importante. Ademais é a sede episcopal da diocese da Guarda.

O concello da Guarda ten 717,88 km² de área e 44.149 habitantes (2004). Está subdividido en 55 freguesías. O termo municipal limita polo nordeste co concello de Pinhel, polo leste con Almeida, polo sueste con Sabugal, polo sur con Belmonte e mais con Covilhã, polo oeste con Manteigas e con Gouveia e polo noroeste con Celorico da Beira.

Os restos arqueolóxicos achados na zona testemuñan a presenza humana nesta terra desde a prehistoria, así como nas épocas romana e visigoda. Caída en mans dos árabes, sería reconquistada no ano 1140, sendo fortificada polo rei Sancho I de Portugal, que fixo da cidade un baluarte inexpugnábel fronte calquera posíbel novo ataque andalusí. Desta súa función guerreira veulle o nome. No 1199 obtivo carta foral, pasando a constituír parte dunha liña defensiva de castelos e fortalezas nunha rexión a disputar co reino de León e logo coa Coroa de Castela.

A muralla que cinxía a cidade é hoxe practicamente irrecoñecíbel, agás nalgúns treitos e nas tres portas aínda subsistentes das cinco orixinarias. Gran parte dos muros da cerca foron subsumidos polas edificacións construídas sobre deles. O centro histórico está formado, principalmente, de antigas casas de granito escurecido con portais góticos con fiestras de estilo manuelino ou renacentista, escudos heráldicos e gárgulas esculpidas.

O punto máis alto da cidade está na Praça Luis de Camôes, coa estatua de Sancho I no centro, e arredor da cal se miran os monumentos máis importantes da cidade.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • , a catedral é un edificio tardo gótico, terminado a mediados do século XVI. Foi ergueita con grandes bloques escuadrados de granito e provista con ornamentos manuelinos. Está provista de torres almenadas.
  • Torre de Menagem, antiga torre posta detrás da catedral.
  • Torre dos Ferreiros, formaba parte dunha antiga porta das murallas medievais.
  • São Vicente, igrexa do século XVIII con azulexos historiados da época.
  • Misericordia, igrexa barroca do século XVII.
  • Museo, disposto nunha ala do antigo Paço Episcopal, este datado en 1601, conserva coleccións de restos arqueolóxicos romanos e visigodos, pinturas provenientes dos mosteiros da rexión e cadros de pintores modernos di pittori; hai unha sección dedicada á etnoloxía e outra a armas e armaduras.

Excursións próximas

[editar | editar a fonte]

Desde a Guarda pódese saír de exploración pola próxima Serra da Estrela ou ben nunha seguir unha ruta dos castelos da Beira Alta.

A Serra da Estrela é o maior cordal montañoso portugués, que se pode considerar un apéndice occidental do Sistema Central español. Ten unha lonxitude duns 60 km e un ancho de 30. Abunda en vexetación boscosa e pasteiros. No inverno é tamén un lugar de prácticas deportivas de neve. Debem salientarse as posíbeis seguintes escalas:

  • A 20 km: Belmonte, pequena cidade duns 7.500 habitantes, sita a 600 m de altura: Aquí naceu Pedro Álvares Cabral (1467-1526), descubridor do Brasil. Monumentos: igrexa de Santiago, con capela dos Cabral e as tumbas da familia ; a igrexa da Sagrada Familia conserva a imaxe da "Nossa Senhora de Esperança", que se di acompañou a viaxe do grande navegator.

A 4 km. da Belmonte sitúanse as ruínas de Centum Cellas cun torreón romano.

  • A 29 km. Celorico da Beira. outra pequena cidade beirota dominada polo seu castelo medieval.

Comunicacións e infraestruturas

[editar | editar a fonte]

O concello está servido por unha boa rede viaria:

    • IP5 / A25 (auto-estrada) - Liga a cidade con España a leste e con Aveiro a oeste.
    • IP2 / A23 (auto-estrada) - Liga a cidade ao norte portugués (Bragança) e polo sur até Faro, no extremo meridional do país, indo polo interior de Portugal. É tamén a principal ligazón con Lisboa, ao confluír coa autoestrada A1.

Pola Guarda pasan aínda as seguintes liñas ferroviarias:

    • Liña da Beira Alta - Figueira da Foz - Guarda - Vilar Formoso.
    • Liña da Beira Baixa - Entroncamento - Guarda.

No concello sitúase o encoro do Caldeirão, importante infraestrutura para o abastecemento de auga e produzón de enerxía. Ademais foi construída con intención de que fose un polo de atracción turística.