Mafalda de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mafalda de Portugal
Raíña de Castela

Reinado1215-1216
Nacemento11 de xaneiro de 1197
Falecemento1 de maio de 1256
Amarante, Reino de Portugal
SepulturaAbadía de Arouca (Portugal)
PredecesorLeonor Plantagenet
SucesorBeatriz de Suabia
Cónxuxe/sHenrique I de Castela
Casa realCasa de Borgoña
ProxenitoresSancho I de Portugal
Doce de Aragón

Escudo de Mafalda de Portugal
Na rede
WikiTree: Portugal-6

Mafalda de Portugal nada o 11 de xaneiro de 1197 e finada o 1 de maio de 1256, foi unha infanta de Portugal e raíña consorte de Castela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Sancho I de Portugal o Poblador e da súa muller, Doce de Barcelona.[1] En 1215 contraeu matrimonio con Henrique I de Castela pero a mocidade de ambos fixo que o matrimonio non se chegase a consumar. Ao ano seguinte, o matrimonio foi declarado nulo polo Papa Inocencio III por parentesco en grado prohibido.[1]

Á morte do seu pai, Mafalda, segundo as disposicións do testamento, tiña que recibir o castelo de Seia e a porción restante do termo municipal así como todas as rendas que aí se producían. Ademais, concedíaselle o dereito a utilizar o título de raíña.

Isto xerou un conflito co seu irmán Afonso II de Portugal que, desexando un poder centralizado, obstaculizou que a súa irmá puidese recibir os títulos e dereitos que lle correspondían. Afonso temía que algo parecido puidese suceder cos seus outras dúas irmás, Tareixa e Sancha, e cos eventuais herdeiros destas, creando un problema de soberanía que podía chegar a dividir o país.

Unha boa parte dos nobres portugueses puxéronse de parte de Mafalda e as súas irmás, pero terminaron derrotados. Á morte de Afonso II, o seu fillo Sancho II concedeu ás súas tías algunhas terras e castelos, pero fíxolles renunciar ao título de princesa-raíña. A paz definitiva chegou en 1223.

Vida relixiosa[editar | editar a fonte]

Beato Mafalda de Portugal
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1197
Pasamento1 de maio de 1256 en Amarante, Reino de Portugal
Proceso de canonización
Beatificación27 de xuño de 1793 por Pío VI
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade2 de maio

Finalmente, tanto Mafalda como as súas irmás fixéronse monxas cistercienses. Mafalda fundou a Abadía de Arouca. O 1 de maio de 1256 faleceu no mosteiro de río Tinto. Ao querer trasladar o seu corpo ata Arouca atopárono incorrupto, o que xerou unha forte devoción cara á infanta portuguesa.

O 27 de xuño de 1793 foi beatificada polo Papa Pío VI, acompañando así ás súas irmás Tareixa e Sancha, declaradas beatas desde principios do século XVIII. A súa festividade celébrase o 2 de maio.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernandes Marques, Maria Alegria (2008). Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal (en portugués). Coímbra: Estudos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 972-772-019-6. 
  • Rodrigues Oliveira, Ana (2010). Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História (en portugués). Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-989-626-261-7. 
Predecesor:
Leonor Plantagenet
Raíña consorte de Castela
12151216
Sucesor:
Beatriz de Suabia