Condado de Salvaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Condado de Salvaterra
Corona de conde.svg
Primeiro titular Diego Sarmiento de Sotomayor y Mendoza
Concesión Filipe III
20 de febreiro de 1613
Grandeza de España o 10 de xaneiro de 1718, por Filipe V
Liñaxes Casa de Alba
Actual titular Cayetano Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart

O Condado de Salvatierra é un título nobiliario español creado polo rei Filipe III o 20 de febreiro de 1613 a favor de Diego Sarmiento de Sotomayor e Mendoza, señor do Sobroso e de Salvaterra.

Diego Sarmiento de Sotomayor y Mendoza era fillo de García Sarmiento de Sotomayor y Noroña, IV señor do Sobroso e de Salvaterra, e de Leonor Sarmiento de Mendoza y Pesqueira.

O rei Filipe V concedeu a G.E., o 10 de xaneiro de 1718, a José Francisco Sarmiento de Sotomayor y Velasco, V conde de Salvaterra, marqués do Sobroso e conde de Pié de Concha.

A súa denominación fai referencia á localidade de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

O Condado de Salvatierra é un título independente e sen ningunha relación co Condado de Salvatierra de Álava, (creado por Filipe V, o 1 de decembro de 1707). Así mesmo non garda relación co Marquesado de Salvaterra (creado por Carlos IV o 21 de decembro de 1795), nin co Marquesado de Salvatierra de Peralta (creado por Filipe V o 18 de marzo de 1708).

Condes de Salvaterra[editar | editar a fonte]

Titular Período
Creado por Filipe III
I Diego Sarmiento de Sotomayor y Mendoza 1613-1618
II García Sarmiento de Sotomayor y Luna 1618-1659
III Diego Sarmiento de Sotomayor y Luna 1659-1675
IV José Salvador Sarmiento y Isasi 1675-1681
V José Francisco Sarmiento de Sotomayor y Velasco 1681-1725
VI Ana Sarmiento de Córdoba 1725-1770
VII José María Fernández de Córdoba y Sarmiento de Sotomayor 1725-1806
VIII Juana Nepomucena Fernández de Córdoba Villarroel y Spínola da Porca 1806-1808
IX Agustín de Silva y Bernuy 1808-1872
X Andrés Avelino de Silva y Fernández de Córdoba 1872-1885
XI Alfonso de Silva y Campbell 1885- ?
XII Alfonso de Silva e Fernández de Córdoba
XIII María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva
XIV Cayetano Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart 1994-actual titular

Notas[editar | editar a fonte]

  • Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto "Salazar y Castro", CSIC