Lamprea de río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lamprea de río
Lampetra fluviatilis.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
(sen clasif.): Cephalaspidomorphi
Clase: Hyperoartia
Orde: Petromyzontiformes
Familia: Petromyzontidae
Xénero: Lampetra
Especie: L. fluviatilis
Nome binomial
'Lampetra fluviatilis'
Linnaeus, 1758
Debuxo.

A lamprea de río (Lampetra fluviatilis) é unha especie de peixe ágnato (sen mandíbulas) da orde Petromyzontiformes, unha das poucas especies actuais da súa clase Hyperoartia. Duns 30–40 cm de longo, posúe unha boca en forma circular capaz de suxeitarse con ela ás súas presas, comportándose como predador/parasito das mesmas.

Vive en augas pouco profundas. Ten un ciclo de reprodución similar ao salmón, xa que nace nos ríos e logo vai ao mar, e cando chega o momento de procrear diríxese de novo ao río.

L. fluviatilis, posúe sete orificios branquiais, característica dos ágnatos; posúe unha aleta dorsal primaria, unha aleta dorsal secundaria e unha aleta caudal.

Descrición[editar | editar a fonte]

A medida adulta das lampreas de río é de 25 a 40 cm en ríos e de até 28 cm en lagos. O seu corpo é moi alongado e dunha cor gris escura uniforme por arriba, lixeiramente amarelenta-esbrancuxada nos lados e por debaixo é totalmente branca. Como todas as lampreas, carecen de aletas pares e posúen un disco de succión circular en lugar de mandíbulas. Teñen un só orificio nasal e sete pequenos buratos de respiración a ambos lados detrás do ollo. Ten uns dentes afiados e pódese dicir que a Lampetra planeri é bastante máis pequena polo feito de que as dúas aletas dorsais están máis amplamente separadas.

Distribución[editar | editar a fonte]

A lamprea de río europeo encóntrase en augas costeiras arredor de case toda Europa desde o noroeste do Mar Mediterráneo até o norte dos lagos de Finlandia, Escocia, Noruega (Lago Mjosa), Gales (Cors Caron) e Rusia, incluíndo ríos dos Alpes. Inicialmente, en 1996, o seu estado de conservación foi cualificado case ameazado, pero desde o ano 2008 foi clasificado como de preocupación menor despois da recuperación das poboacións tras os problemas de contaminación en Europa central e occidental. Non obstante, unha avaliación para o Mar Báltico publicou en 2014 que a lamprea de río se clasificaba como case ameazada de novo.

Presa[editar | editar a fonte]

Ao igual que a maioría das lampreas, esta especie aliméntase como un ectoparasito de peixes. Aférrase aos flancos ou as branquias dos peixes.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

As lampreas de río pertencen ao mesmo xénero que a lamprea de regato e crese que están moi estreitamente relacionadas. O pensamento actual suxire que as lampreas de regato e as fluviais europeas son unha especie par, o que significa que a lamprea de río representa a forma anadrómica da lamprea de regato residente. Non obstante, esta é unha área que aínda se está investigando activamente.

Ciclo reprodutivo[editar | editar a fonte]

A lamprea de río europea ten un ciclo de reprodución similar á da do salmón. Estas migran augas arriba desde o mar até as zonas de desova en outono e inverno. A actividade de desova é maior en primavera (como a lamprea de rego) e despois da desova, os adultos morren. As larvas novas, coñecidas como ammocoetes, pasan varios anos en sedimentos brandos antes de migrar ao mar como os adultos. Crese que estes peixes pasan dous ou tres anos nos hábitats mariños antes de facer a viaxe de retorno para desovar.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Como ammocoetes, é difícil a identificación destes animais máis alá de nivel de xénero (Lampetra) debido á súa similitude coas lampreas de regato. Teñen unha media de 30 cm de lonxitude na idade adulta, e algunhas poden ser considerablemente máis pequenas (20 cm), pero en calquera caso son claramente maiores que as lampreas de regato en etapa adulta (12–14 cm). Xeralmente pesan 150 g da masa, e a súa esperanza de vida máxima é aproximadamente de 10 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Freyhof, J. & Kottelat, M. 2008. Lampetra fluviatilis. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.2. <www.iucnredlist.org>. Downloaded on 13 November 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]