Saltar ao contido

Fornelos, Salvaterra de Miño

Fornelos
Igrexa parroquial
ConcelloSalvaterra de Miño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°08′07″N 8°29′45″O / 42.135194444444, -8.4958333333333
Poboación745 hab. (2014)
Entidades de poboación21[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Fornelos, tamén coñecida coma Fornelos da Ribeira,[2] é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 704 habitantes (353 mulleres e 351 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 740 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 745 habitantes, sendo 386 homes e 359 mulleres.

Estatua á Virxe María.[3]

Agrarismo e o 'Crime de Fornelos'

[editar | editar a fonte]

Nas primeiras décadas do século XX nesta parroquia tivo unha notable forza o movemento agrarista, cunha sociedade de agricultores que contaba dende 1919 co apoio en Bos Aires de "Hijos de Fornelos e anexos" e co Sindicato Católico Agrario de Fornelos impulsor de diversas actividades de carácter cooperativo.[4]

Juan Domínguez Viéitez foi un labrego da aldea da Pedra Piñeira e destacado agrarista da parroquia de Fornelos da Ribeira. Morreu na presa de Curxido o 2 de febreiro de 1920[5]. A pesar de que nun primeiro momento a xustiza considerou que o falecemento fora accidental, as sociedades agrarias de Salvaterra sostiveron que se tratara dun asasinato e convocaron un mitin en Fornelos o 12 de febreiro para reclamar o esclarecemento dos feitos.[6]

A campaña estendeuse rapidamente, e numerosas sociedades agrarias e obreiras de Galicia organizaron protestas e actos reivindicativos para solicitar a investigación do coñecido como crime de Fornelos. A indignación social aumentou tras o asasinato dos mártires de Sobredo ese mesmo ano. Porén, non se conseguiu a desexada revisión do caso.

Coa caída da ditadura de Primo de Rivera reactivouse a campaña, e constituíuse unha Comisión pro-esclarecimiento del crimen de Fornelos de la Rivera, coa esperanza de que as novas autoridades da Segunda República impulsasen a revisión. A pesar diso, o proceso continuou bloqueado no Tribunal Supremo, e en 1936 o asunto permanecía sen resolver. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 provocou que o caso quedase definitivamente esquecido.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Fornelos

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Fornelos no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra)

O Abelán | O Bulleiro | O Carrascal | O Casco | Cima de Vila | A Costa | A Cruz | Enxembre | A Fraga | As Fraguiñas | Goiende | A Loña | A Mámoa | Martín | Oural | A Pedra Piñeira | Rañe | O Rebaído | Saa | A Seariña | A Xesteira

Parroquias de Salvaterra de Miño

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. "Fiestas en Fornelos da Ribeira en honor a la Virgen de los Dolores". Faro de Vigo (en castelán). 10 de xullo de 2016.
  3. Fornelos na páxina do concello.
  4. "Concello de Salvaterra - Fornelos". concellodesalvaterra.com. Consultado o 2025-11-27.
  5. "El Compostelano, 5-2-1920, p. 2.". Consultado o 27 de novembro de 2025.
  6. "El Tea, 23-9-1920, p. 1-2.". Consultado o 27 de novembro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]