Corzáns, Salvaterra de Miño
| Corzáns | |
|---|---|
| Concello | Salvaterra de Miño[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°06′40″N 8°28′29″O / 42.111141, -8.47459 |
| Poboación | 253 hab. (2014) |
| Entidades de poboación | 22[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Corzáns é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño, na Comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 253 habitantes (135 homes e 118 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia, próximo á igrexa parroquial, está o Pazo Torre de Petán.[2]
Corzáns na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]Aníbal Otero recolleu en Corzáns unha interpretación diferente á habitual na descrición da Santa Compaña. Segundo explica ó definir a denominación de estántiga, que se lle dá alí, a Compaña non estaría formada por ánimas en pena senón polos espíritos de persoas que están próximas a morrer, que se reúnen e percorren a parroquia para despedirse de familiares, amigos e dos seus bens na terra.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Pazo de Petán.
- Escudo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Corzáns
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Corzáns no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Bouza | Burguete | A Cacha | O Escambroeiro | A Feira | A Fraga | O Gurguillón | O Inferno | A Inquisición | O Lameiro | O Monte de Arriba | Petán | O Piñeiro | O Quinteiro | A Roda | A Serralleira | O Sueido | A Tafona | O Taraíño | A Torre | Vilanova |
Parroquias de Salvaterra de Miño
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Pazo-torre de Petán na páxina do concello.
- ↑ Aníbal Otero: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en Cuadernos de Estudos Galegos, XXX/90-91-92, pp. 137-155 [tomado do Dicionario de Dicionarios s. v. estántiga].
- ↑ Portal da Inquisición na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Pazo- Casa da Inquisición en Turgalicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Oya Pérez, Elisa. Informe Económico año 2004 Antena Salvaterra de Miño (en castelán).