Monção
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 19.230 (2011) (91 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 211,31 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4950 | |||
Fuso horario | ||||
Sitio web | cm-moncao.pt |
Monção[1] é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km²,[2] e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.[3]
Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.
O concello está subdividido en 33 freguesías:[4]
O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.
Evolución da poboación
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación do concello de Monção (1801 – 2004) [5] | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 |
12.095 | 14.983 | 26.077 | 24.585 | 27.393 | 23.799 | 21.799 | 19.956 | 19.842 |
Historia
[editar | editar a fonte]Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.
A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.
Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monção, mencionado na GEG nos artigos "Arbo", "Coral polifónica de Cariño", "Lanzós" e "Pesqueira". En ocasións escrito en galego Monçao, como en Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 107 (B2). ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Instituto Geográfico Português, /ficheiros/cadastro/caop/caop_download/caop_2013_0/areasfregmundistcaop2013_2 Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Consultado o 2 de novembro de 2017.
- ↑ INE (2012) – "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia". Consultado o 2 de novembro de 2017.
- ↑ Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Consultada o 2 de novembro de 2017.
- ↑ Recenseamentos Gerais da População - Instituto Nacional de Estatística. Consultado o 2 de novembro de 2017.
- ↑ Portal Municipal de Monção, página de História Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine.. Consultada o 2 de novembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monção |