Saltar ao contido

Arantei, Salvaterra de Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arantei
Igrexa parroquial de San Pedro.
ConcelloSalvaterra de Miño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°04′41″N 8°32′09″O / 42.078078, -8.535701
Área4,3 km²
Poboación430 hab. (2025)
Densidade100 hab./km²
Entidades de poboación16[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Arantei é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2025 tiña 430 habitantes (212 mulleres e 218 homes),[2] distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 460 habitantes.

Pertence ó arciprestado de Entenza.

Festas populares

[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1998 e 2006 acolleu un Festival Folclórico con grupos internacionais na área recreativa do Manteiro[3]. No primeiro fin de semana de xuño celebra dende 2017 o Serán de Arantei.

Conta coa histórica Festa do Viño Novo de Arantei, unha festa etnográfica e gastronómica onde dende hai máis de 25 anos se degusta o viño novo da parroquia, elaborado pola Comisión de Festas a partir das uvas doadas polas veciñas e veciños da parroquia[4].

A parroquia chamouse Retorta até a metade do século XVII por estar a igrexa parroquial nunha retorta do río Miño. No ano 1647 comezouse a construción do novo templo no lugar alto denominado Arantei, do cal tomou o nome, e foi inaugurado o 17 de novembro de 1652.[5][6]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

O Pazo do Souto[7] (século XVI) é unha construción en dúas plantas, de fábrica mixta en cachotaría e mampostaría. Loce un escudo de armas na súa fachada oeste, coas armas dos Barros, Troncoso de Lira e Soutomaior.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Arantei

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Arantei no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra)

A Carrilla | As Cerdeiriñas | A Corredoura | O Currás | Gondarán | A Grela | A Igrexa | Os Laranxeiros | O Montiño | A Muguiña | Novelle | A Pedra Moura | A Praza | A Quinta da Fillaboa | A Rúa Nova | O Xestal

Parroquias de Salvaterra de Miño

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 09 de xuño de 2026.
  3. ↑ "Arantei recibe a grupos folclóricos de Turquía, Georgia y China". Faro de Vigo (en castelán). 2005-07-29. Consultado o 2026-06-09.
  4. ↑ Redacción (2025-11-05). "Festa do Viño Novo de Arantei 2025: programación, horarios y menú". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2026-06-09.
  5. ↑ "Arantei, San Pedro de". Galiciana.
  6. ↑ "Arantei". Concello de Salvaterra.
  7. ↑ "Pazo de Souto". Turismo | Concello de Salvaterra. Consultado o 9 de xuño de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]