Pesqueiras, Salvaterra de Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Pesqueiras
Pesqueiras, Salvaterra de Miño.jpg
Pesqueiras dende o Monte Castelo.
Concello Salvaterra de Miño
Poboación 513 hab. (2014)
Entidades de poboación 13

Santa Mariña de Pesqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 570 habitantes (306 mulleres e 264 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 611 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 513 habitantes, sendo 242 homes e 271 mulleres.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar do Outeiriño áchase a Ermida da Nosa Señora da Asunción exactamente no cume do Monte Castelo, sobre o soar dun antigo castro romanizado, encravada nunha enorme pedra granítica de singular beleza. O acceso ao seu interior faise a través dun pórtico realizado en pedra con arco apuntado de medio punto culminado por pequena estrutura a xeito de torre espadana. No seu interior pódense admirar diversos signos de forma serpentiforme, así como gravados que asemellan ferraduras nunha situación próxima ao altar. Segundo a tradición popular reza unha lenda que di: "No teitume da ermida existe unha cruz, que aínda que se intenta borrar, reaparece sempre de novo".

No lugar do Rial e da Fontarcade hai un peto de ánimas salientábel. Está situado nun cruzamento de camiños e consiste nun pequeno pedestal no que descansa unha fornela enmarcada por columnas, no interior das cales se fai unha representación iconográfica das ánimas do purgatorio en actitude suplicante envolvidas nun purificador lume. Na parte inferior e superior a imaxe da Virxe co Neno semella interceder por elas. Unha inscrición presente no propio peto de ánimas parece relacionar a súa construción coa devoción dun fregués "Felipe Álvarez", invitando a rezar pola súa alma todo viaxeiro que por alí pasase.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pesqueiras[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pesqueiras no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra)

O Alboeiro | As Arcas | Chan da Igrexa | Coruxo | A Fernal | A Fontarcade | Gallamonde | Gandarela | A Laranxeira | O Outeiriño | O Rial | O Ruxiago | Salcide

Parroquias de Salvaterra de Miño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]