Ordoño III de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ordoño III")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ordoño III de León
Ordono III of León.jpg
Miniatura medieval onde se representa a Ordoño III no seu trono. Catedral de León.
Nacemento926
Falecementosetembro de 956 e novembro de 956
 Zamora
SoterradoBasílica de Santo Isidoro de León
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PaiRamiro II de León
NaiAdosinda Guterrez
CónxuxeUrraca Fernandes de Castela
FillosVermudo II
IrmánsSancho I de León, Teresa of León, Queen of Pamplona e Elvira Ramírez
editar datos en Wikidata ]

Ordoño III foi un nobre galego, nado cara ao 925 e finado en Zamora no 956. É coñecido pola historiografía española como monarca do reino de León, mentres gran parte da historiografía galega considérao como rei da Galicia alto-medieval, exercendo como tal entre os anos 951 e 956.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramiro II e da aristócrata galega Adosinda, gañouse o apoio da nobreza galega, enfrontouse a navarros e casteláns, que apoiaban ao seu medio irmán Sancho na súa disputa polo trono. Este estaba apoiado polo reino de Navarra e o conde castelán Fernán González. Sancho finalmente perdeu na súa disputa polo poder en 953, tendo como segunda consecuencia o sometemento do conde castelán a Ordoño.

Este non foi o único problema que Ordoño III tivo durante o seu reinado, pois ademais soportou numerosas rebeldías internas, ataques dende España e unha sublevación de nobres galegos descontentos coa súa política. En resposta aos musulmáns, Ordoño enviou gran número de tropas, que conseguiron chegar até Lisboa (955). Ante unha incipiente guerra aberta, asinouse un tratado de paz entre o rei galaico e o califa Abd al-Rahman III (912-961).

Ordoño III levou a cabo unha exhaustiva reorganización dos seus territorios e continuou co proceso de fortalecemento das institucións reais que iniciara o seu pai.


Predecesor:
Ramiro II
 Rei de Galicia 
951 - 956
Sucesor:
Sancho I