Río Tea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Tea
Tea.jpg
Río Tea en Ponteareas.
País Galicia Galicia
Lonxitude 50 km
Caudal medio 17,5 m³/s
Desembocadura Río Miño

O río Tea é un afluente do río Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.

Características[editar | editar a fonte]

Nace da confluencia de dous brazos, dos cales un nace na parte sur da Serra do Suído, a uns 900 msnm, e outro a 940 msnm no Faro de Avión, no límite entre as provincias de Ourense e Pontevedra.[1] Baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño, onde desemboca no Miño. A súa conca cobre unha área de 411 km².

O Tea é un río de característico réxime pluvial. O seu caudal medio é de 17,5 m³/s. O seu percurso inicial é encaixado, abríndose xa no val de Mondariz, atravesando logo pola vila de Ponteareas, antes de ir ao Miño. Entre os seus afluentes destaca o Alén, pola dereita, que recibe aínda na montaña. Xa no curso baixo úneselle o Uma pola esquerda.

Está declarado como Lugar de importancia comunitaria (LIC).[1]

En agosto de 2014 o río sufriu unha vertedura de sosa procedente da planta embotelladora de Augas de Mondariz[2].

Flora[editar | editar a fonte]

A vexetación é moi rica, tipo bosque de galería dos ríos do sur de Galiza, a formación típica é o ameal ou formación de amieiros. A vexetación é completada con freixos, salgueiros, pradairos, sabugueiros, bidueiros, cerdeiras bravas e algún carballo. Seguindo o bosque de galería atopamos unha segunda formación na que aparece a carballeira ou fraga mixta dominada por carballos (Quercus robur L.), e completada con loureiros, pereiras bravas, acivros (aceviños), cerquiños, e ás veces freixos, pradairos e castiñeiros. Nos outeiros fórmanse piñeirais de piñeiro bravo (Pinus pinaster var. maritima), froito das reforestación dos séculos XIX e XX, mesturadas hoxe en día con carballos, eucaliptos etc. Complétase todo cunha rica formación arbustiva e herbácea: cáncaros, campaíñas, amorodeiras bravas (morotes), hedras (areiras ou hadreiras), silveiras, roseiras bravas, estripeiros, chuchameles (Lonicera spp.), fentos variados, brións etc. Así coma toxos, uces etc. nas zonas altas.

Fauna[editar | editar a fonte]

Aves[editar | editar a fonte]

Mamíferos[editar | editar a fonte]

Peixes[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]