Romanía no Festival de Eurovisión
Aparencia
Romanía | |
---|---|
Estación membro | TVR |
Final nacional | Selecţia Naţională |
Aparicións | 16 |
Primeira aparición | 1994 |
Mellor resultado | |
Final | 3º 2005 3º 2010 |
Semifinal | 1º 2005 |
Peor resultado | |
Final | 22º 1998 |
Semifinal | 29º 1996 |
Ligazóns externas | |
Sitio web | |
Páxina de Romanía en Eurovision.tv |
A Romanía participa no Festival de Eurovisión dende 1994. O seu mellor resultado foi un terceiro posto con "Let Me Try" no 2005 e no 2010 co tema "Playing With Fire" interpretado por Paula Seling e Ovi. Ademais coa primeira xa lograron a súa primeira vitoria nunha semifinal.
Romanía é un dos países que se benefician do voto "veciñal" ou "de bloque", e ao voto da diáspora. Debido á súa posición en Europa do leste, Romanía obtén votos dos países veciños; especialmente recibe puntuacións altas por parte de Moldova, España e Israel, grazas ao elevado número de residentes romaneses nestes países e no caso de Moldova, comparten etnia e lingua.