Jan Mayen
Jan Mayen | |||
---|---|---|---|
| |||
Capital • Poboación | Olonkinbyen 35 non permanentes | ||
Linguas oficiais | Noruegues | ||
• Total | 377 km² | ||
Costas | 124´100 km | ||
• Total | 35 hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
PIB (nominal) | |||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Prefixo telefónico | n/d | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
A illa de Jan Mayen, parte do Reino de Noruega, é unha illa volcánica de 373 km² situada no ártico, parcialmente cuberta por glaciar e dividida en dúas partes por un estreito istmo. Atópase no mar noruegués e marca o seu límite co mar de Groenlandia; ao norte de Islandia entre Groenlandia e Noruega a 71º N e 8º O. A illa é montañosa debido á súa orixe volcánico e o seu pico máis alto é o volcán Beerenberg (2.277 m) ao norte da illa.
Esta illa non posúe recursos naturais explotables. A súa actividade económica limítase a prover servizos aos empregados das estacións de radio e meteorolóxicas norueguesas situadas na illa. Ten unha pista aérea sen pavimentar de aproximadamente 1.585 m de longo e os seus 124,1 quilómetros de costa carecen de portos ou peiraos, tendo unicamente ancoradoiras fóra da costa.
Jan Mayen é parte xeograficamente integrada de Noruega. Desde 1995 foi administrada polo gobernador (fylkesmann) do condado (fylker) de Nordland, no entanto, parte da autoridade foi delegada a un comandante de estación do Servizo Noruegués de Comunicación de Defensa.
Henry Hudson descubriu esta illa en 1607 e chamouna Hudson's Tutches ou Touches. A partir de entón foi observada varias veces por navegantes que exitosamente se aduciron o seu descubrimento e a renomearon. Así, en 1611 ou un ano despois baleeiros de Hull chamárona Illa Trindade; en 1612 Jean Vrolicq, un baleeiro francés, chamouna Île de Richelieu (Illa de Richelieu); en 1814 Joris Carolus nomeou un dos seus promontorios Jan Meys Hoeck (Outeiro de Jan Mey) en honra do capitán dun dos seus barcos. O nome actual da illa provén disto último xa que a afirmación do descubrimento en 1611 por un navegante holandés de nome Jan Mayen non ten fundamento.
A illa está habitada por persoal que opera unha base de navegación de alto alcance (Loran-C) cun total de 14 empregados e unha estación de servizos climatolóxicos con persoal de 4. Os membros do persoal de ambas viven no centro de aloxamento da base de Loran-C chamado Olonkinbyen (Cidade de Olonkin).
A illa non ten habitantes nativos ou aborixes pero se lle asignou o ISO 3166-1 código do País SJ, o dominio de internet de máis alto nivel (ccTLD) é .no (.sj está asignado pero non se utiliza) e o código de datos é JN. O prefixo de radio é JX.
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jan Mayen ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jan Mayen. The World Factbook. Central Intelligence Agency.
- Jan Mayen en Curlie (en inglés)
- www.jan-mayen.no Arquivado 22 July 2011 en Wayback Machine.
- Jan.Mayen.no
- Jan Mayen year round webcam
- Jan Mayen at Norwegian Polar Institute
- TopoJanMayen – Interactive map of Jan Mayen by the Norwegian Polar Institute
- Photographs and information on Jan Mayen
- Satellite Radar image of Jan Mayen
- Glaciers of Jan Mayen
- www.janmayen2011.org - a site about JX5O - international ham radio expedition to Jan Mayen island in 2011
- Weather forecasts for Jan Mayen at yr.no (Norwegian Meteorological institute and NRK)
- USCG Spar 403 1966