Saltar ao contido

Montes Cárpatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cárpatos»)
Este artigo é sobre a cadea de montañas da Terra. Existe tamén unha cordilleira lunar chamada Cárpatos (Lúa).
Modelo:Xeografía físicaMontes Cárpatos
Imaxe
Tipocordilleira
sistema montañoso Editar o valor en Wikidata
EpónimoCarpos Editar o valor en Wikidata
Parte decinturón alpino Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°00′N 25°30′L / 47, 25.5
Composto por
Características
Altitude2.655 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións1.700 (lonxitude) km
Punto máis altoGerlachovsky Stit Editar o valor en Wikidata  (2.654,4 m Editar o valor en Wikidata )
AtravesaSerbia, Ucraína, Austria, República Checa, Eslovaquia, Polonia, Hungría e Romanía Editar o valor en Wikidata
Historia
PlantaArco Editar o valor en Wikidata

Os Cárpatos (checo, eslovaco, polaco e ucraíno Karpaty, romanés Carpaţi, húngaro Kárpátok) forman a á oriental do gran sistema de montañas da Europa, percorrendo 1500 km ao longo das fronteiras da República Checa, Eslovaquia, Polonia, Romanía e Ucraína.

O nome deriva probabelmente da tribo dacia Carp, que vivía no primeiro milenio a.C. nas elevacións orientais dos Cárpatos. Outra fonte puido ser a palabra indoeuropea "karpa", que significa montaña ou rocha. Como Chrawat, usárona primeiro os habitantes da rexión, de onde pasou á forma Krapat ou Karpa para dar nome á cadea de montañas.

En documentos oficiais húngaros do século XIII e XIV os Cárpatos eran chamados Thorchal ou Tarczal, ou aínda Montes Nivium. A parte externa dos Cárpatos formaba a fronteira do reino de Hungría do século XIII ata o inicio do século XX.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Comezan no Danubio preto de Bratislava, contornan a Hungría e a Transilvania nun largo semicírculo cuxa concavidade está dirixida ao suroeste, e terminan no Danubio, preto de Orşova, na Romenia. O comprimento total dos Cárpatos é de máis de 1500 km e a súa largura varía entre 12 e 500 km. A maior largura dos Cárpatos coincide coa súa maior altitude. Así, a cadea atinxe súa largura máxima no planalto da Transilvania e no sector das montañas Tatra (maior altitude: monte Xerlachovsky - 2655 m por riba do nivel do mar, en territorio eslovaco). Os Cárpatos cobren unha área de 190.000 km², formando a máis longa cordilleira europea despois dos Alpes.

Os Cárpatos non forman unha cadea ininterrompida de montañas, mais son compostos de diversos grupos distintos tanto orograficamente como xeoloxicamente; na verdade, presentan tanta variedade canto os Alpes. Os Cárpatos, que raramente atinxe máis do que 2500 m, non presentan campos con neve, nin grandes glaciares, nin cataratas nin os lagos que se poden atopar nos Alpes. Non posúen neves eternas en ningún punto, e non hai presenza de glaciares. Así, mesmo nos seus puntos máis elevados, lembran a rexión mediana dos Alpes, cos cales, non obstantes, teñen diversos puntos en común, como a aparencia, estrutura e flora.

O Danubio separa os Cárpatos dos Alpes, que se encontran en apenas dous puntos, os Montes Leitha en Bratislava, e os Montes Bakony, mentres que este río sepáraos dos Balcáns en Orsova, na Romanía. O val do March e o Oder separa os Cárpatos das cadeas da Silesia e da Moravia, que pertencen á á central do gran sistema de montañas europeo. Contrariamente ás outras ás do sistema montañoso europeo, os Cárpatos, que son o punto de división das augas entre os mares do norte e o mar Negro, están rodeados de planicies por todos os lados, principalmente a planicie Panoniana no suroeste, a planicie do Baixo Danubio (Romanía) no sur e a planicie da Galitzia no nordeste.