O berro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O berro.
The Scream.jpg
Artista Edvard Munch
Data 1893
Técnica Óleo, témpera e pastel sobre cartón
Dimensións 91 cm cm × 74 cm
Localización Galería Nacional de Oslo (Oslo)

O berro (en noruegués Skrik) é unha serie de catro pinturas do noruegués Edvard Munch, a máis célebre das cales data de 1893. A obra representa unha figura andróxina nun momento de profunda angustia e desespero existencial. O plano de fondo é o peirao da ría de Oslo (Oslofjord) ao solpor. O berro é considerado como unha das obras máis importantes do movemento expresionista e adquiriu un statutus de icona cultural, a par da Mona Lisa de Leonardo da Vinci.

A serie ten catro pinturas coñecidas: dúas en posesión do Museo Munch, en Oslo, outra na Galería Nacional de Oslo e outra en colección particular[1]. En 2012, esta última converteuse na pintura máis cara da historia para ser rematada, nunha poxa, por 119,9 millóns de dólares.[2]

O berro de Munch[editar | editar a fonte]

A fonte de inspiración d'O berro pode atoparse na vida persoal do propio Munch, un home educado por un pai controlador, que asistiu sendo neno á morte da nai e dunha irmá. Decidido a loitar polo soño de se dedicar á pintura, Munch cortou relación co pai e integrou a escena artística de Oslo. A escolla non lle trouxo a paz desexada, máis ben o contrario. Munch acabou cunha muller casada que só lle trouxo mágoa e desespero e no inicio da década de 1890, Laura a súa irmá favorita, foi diagnosticada de trastorno bipolar e internada nun asilo psiquiátrico. O seu estado de espírito está ben patente nas liñas que escribiu no seu diario:

Paseaba con dou amigos ao solpor – o ceo volveuse de súpeto vermello sangue – eu parei, exausto, e inclineime sobre o peitoril– había sangue e linguas de lume sobre o azul escuro do fiorde e sobre a cidade – os meus amigos continuaron, mais eu fiquei alí a tremer de ansiedade – e sentín o berro infinito da natureza.

Munch inmortalizou esta impresión no cadro O desespero, que representa un home con chapeu e medio de costas, inclinado sobre un valo nun escenario moi semellante ao da súa experiencia persoal. Non contento co resultado, Munch tentou unha nova composición, desta vez cunha figura máis andróxina, de fronte para o observador e nunha actitude menos contemplativa e máis desesperada. Tal como o seu precursor, esta primeira versión d’O bero recibiu o nome d’O desespero.

O cadro foi exposto por vez primeira en 1903, como parte dun conxunto de seis pezas, titulado Amor. A idea de Munch era representar as distintas fases dun caso amoroso, desde o encantamento inicial a unha rotura traumática. O berro representaba a última etapa, envolta en sensacións de angustia.

A recepción crítica foi dubidosa e o conxunto Amor foi clasificado como arte demente (máis tarde, o réxime nazi clasificou a Munch como artista dexenerado e retirou toda a súa obra en exposición en Alemaña). Un crítico considerou o conxunto, e en particular O berro, tan perturbador que aconsellou ás mulleres grávidas evitar a exposición. A reacción do público, no entanto, foi a oposta e o cadro tornouse en motivo de sensación. O nome O berro xorde por vez primeira nas críticas e reportaxes da época.

Munch acabou por pintar catro versión d’O berro, para substituír as copias que ia vendendo. O orixinal de 1893 (91x73.5 cm), nunha técnica de óleo e pastel sobre cartón, atópase exposto na Galería Nacional de Oslo. A segunda (83,5x66 cm), en témpera sobre cartón, foi exhibida no Museo Munch de Oslo até ao seu roubo en 2004. A terceira pertence ao mesmo museo e a cuarta era propiedade dun particular, até ser poxada pola Sotheby's, en maio de 2012. Para responder ao interese do público, Munch realizou tamén unha litografía (1900) que permitiu a impresión do cadro en revistas e xornais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diário de Notícias. "'O Grito' de Munch bate recorde mundial em leilão". Consultado o 4 de maio de 2012. 
  2. "Com US$ 120 milhões, quadro 'O Grito' quebra recorde em leilão". G1. 2 de maio de 2012. Consultado o 03/05/2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]