Bokmål

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bokmål (literalmente lingua de libro) é o estándar máis común da lingua norueguesa baseado orixinalmente no danés, a outra forma escrita oficial é o nynorsk. É utilizado, como forma escrita, por entre o 85 e 90% da poboación[1] e é usado comunmente para os estudantes estranxeiros que aprenden noruegués.

Escritura e fala[editar | editar a fonte]

A primeira ortografía do bokmål foi oficialmente adoptada en 1907 co nome de riksmål despois de estar en desenvolvemento desde 1897. Foi unha adaptación do danés escrito, o cal se usaba como lingua oficial dende a pasada unión con Dinamarca, á koiné dano-norueguesa falada principalmente pola elite urbana norueguesa, especialmente na capital. Cando en 1923 o gran xornal conservador Aftenposten adoptou a ortografía de 1907, a escritura danesa deixou practicamente de se utilizar en Noruega. O nome bokmål foi adoptado oficialmente en 1929 despois dunha proposta de chamar a lingua escrita "dano-norueguesa", proposta derrotada por un voto no Storting.

Distinto á maioría das linguas estándar, non existe un estándar codificado para o bokmål (e o nynorsk) falado. Hai, con todo, variedades faladas de noruegués que son case idénticos ou estreitamente relacionados ao bokmål escrito. Para Gjert Kristoffersen en "A Fonoloxía do Noruegués", o bokmål é a variedade máis común entre a clase media urbana atopado especialmente na parte occidental do sur de Noruega, con Oslo como o seu centro obvio.

Historia[editar | editar a fonte]

Até ao redor do ano 1300, o idioma escrito de Noruega, o noruegués antigo, foi esencialmente idéntico ao nórdico antigo. Esta fala foi gradualmente diferenciándose en dialectos rexionais e locais. Mentres Noruega permaneceu como un reino independente a lingua escrita mantívose esencialmente constante.

En 1380, Noruega uniuse con Dinamarca e por moito tempo non tivo o seu propio rei. A comezos do século XVI, Noruega perdera as súas institucións políticas separadas e xunto a Dinamarca formou a unidade política chamada Dinamarca-Noruega até 1814, converténdose progresivamente no membro débil da unión. Durante este período o noruegués escrito foi substituído polo danés, o cal foi usado virtualmente en todos os documentos administrativos.

Os noruegueses utilizaron primeiramente o danés na escritura, pero este gradualmente pasou ser falado pola elite urbana en ocasións formais ou oficiais. Aínda que o danés non se converteu na lingua falada pola basta maioría da poboación, para a época de 1814 cando os lazos entre Noruega e Dinamarca eran fortes, un vernáculo dano-noruegués a miúdo chamado "fala educada diaria" converteuse en lingua materna de parte da elite urbana. Esta nova koiné dano-norueguesa como danés con pronuncia de noruegués do leste, algo de vocabulario noruegués e unha gramática simplificada. Ou como o expresou Kristoffersen:

O estándar Østnorsk pode ser considerada un sociolecto que foi desenvolvido como resultado de tensión entre o danés como escritura oficial e nalgúns contextos falado, lingua usada polas clases altas antes de 1814, e a variedade de noruegués usada polas clases sociais baixas nos pobos orientais de Noruega.

En 1814, Noruega foi cedida por Dinamarca a Suecia. Nese entón Noruega desafiou a Suecia e os seus aliados, declarou a súa independencia e adoptou unha constitución democrática. Aínda que obrigada a someterse a unha unión dinástica con Suecia, este sentimento independentista continuou crecendo, influenciando a evolución da lingua en Noruega. Antigos idiomas tradicionais foron revividos polo poeta patriótico Henrik Wergeland (1808-1845), quen defendeu unha lingua escrita non danesa. Haugen indica que:

Dentro da primeira xeración de liberdade, dúas solucións emerxeron e gañaron adeptos, unha baseada na fala das clases altas e unha na do pobo común. A primeira chamada de norueguización do danés escrito, a última para un novo comezo.

A máis conservadora das dúas transicións do idioma foi adiantada polo labor de escritores como Peter Asbjørnsen e Jørgen Moe, o mestre e axitador da reforma lingüística Knud Knudsen e o seu famoso discípulo Bjørnstjerne Bjørnson, así como unha máis prudente norueguización por Henrik Ibsen. En particular, o traballo de Knudsen na reforma lingüística a mediados do século XIX foi imporante para a ortografía de 1907 e a subsecuente reforma de 1917. Knudsen é a miúdo chamado "pai do bokmål".

Características[editar | editar a fonte]

Diferenzas co dialecto tradicional de Oslo[editar | editar a fonte]

Coloquialmente, o estándar Østnorsk é a miúdo chamado o dialecto de Oslo. Con todo, o Østnorsk estándar non está confinado a Oslo e o dialecto tradicional de Oslo é diferente ao Østnorsk estándar. En realidade, moitos nativos de Oslo poden falar un sociolecto que vai nunha escala desde o dano-noruegués tradicional nun extremo até o dialecto de Oslo ao outro extremo.

A seguinte táboa mostra algúns importantes casos onde o bokmål e o Østnorsk estándar seguen ao danés máis que ao dialecto tradicional de Oslo. Noutros casos o bokmål segue ao dialecto de Oslo. As formas radicais que están permitidas pero non son moi usadas están entre paréntese.

Diferenzas entre bokmål e o dialecto de Oslo
Danés Bokmål/Østnorsk estándar Dialecto de Oslo
tradicional radical
Diferenciación entre masculino e feminino
un home pequeno
unha muller pequena
non
en lille mand
en lille kvinde
non
en liten mann
en liten kvinne
si
en liten mann
ei lita kvinne
si
en liten mann
ei lita kvinne
Diferenciación entre masc. e fem. definido plural
os botes
os vagóns
non
bådene
vognene
non
båtene
vognene
si
båta
vognene
Sufixo definido plural neutro
as casas
-ene/erne
husene
-ene
husene
-a
husa
-a
husa
Verbo feble xermánico sufixo participio pasado
cycled
-et
cyklet
-et
syklet
-a
sykla
-a
sykla
Verbo feble xermánico sufixo pretérito
cycled
-ede
cyklede
-et
syklet
-a
sykla
-a
sykla
Verbo forte xermánico sufixo participio pasado
escrito
-et
skrevet
-et
skrevet
-i
skrivi
Infinitivo dividido
vir/chegar
estar en cama
non
komme
ligge
non
komme
ligge
si
komma
ligge
Fraccionamento de final masculino e vocal sen acento
escala
ronda
non
stige
runde
non
stige
runde
si
stega
runde
Ditongo escandinavo occidental
perna
fume
suave/mollado (adxectivo)
non
ben
røg
blød
non
ben
røk
bløt
si
bein
røyk
blaut
si
bein
røyk
blaut
Escandinavo occidental u por o
ponte
non
bro
non
bro
si
bru
si
bru
Escandinavo occidental a-umlaut
piso
non
gulv
non
gulv
(si)
(golv)
si
gølv
Acento na primeira sílaba en préstamo de palabras
banana
non
/ba'na:n/
non
/ba'na:n/
si
/'banan/
Retroflexo /ɽ/ do noruegués antigo /rð/
mesa, taboleiro
non
/bo:r/
non
/bu:r/
si
/bu:ɽ/
Retroflexo /ɽ/ do noruegués antigo /l/
sol
non
/so:l/
non
/su:l/
si
/su:ɽ/
si
/su:ɽ/
Vocabulario danés
xantar
por que
si
spise
hvorfor
si
spise
hvorfor
non
eta
åffer
Vocabulario danés
nena
como
si
pige
hvordan
si
pike
hvordan
non
jente
(åssen)
non
jente
åssen

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Utilización do nynorsk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Bokmål.