Portal:Noruega/Cidade destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as cidades destacadas no portal da Noruega:

1[editar a fonte]

Oslo e a capital e cidade máis poboada de Noruega. A cidade constitúe ao mesmo tempo un condado e un concello. A cidade é o centro económico e gobernamental de Noruega, así como o centro da actividade comercial, bancaria, industrial e de transportes, e é un importante centro da industria marítima e de transporte marítimo europeo.

Fundada no ano 1040, e establecida como "kaupstad" ou mercado en 1048 polo Rei Harald III, en 1070 foi elevada a bispado, sendo proclamada capital do país en torno ao ano 1300 por Haakon V. En 1624 a cidade foi arrasada polo lume, sendo posteriormente trasladada a un emprazamento máis próximo á fortaleza de Akershus durante o reinado de Cristian IV e renomeada Christiania no seu honor. Estableceuse como concello (formannskapsdistrikt) o 1 de xaneiro de 1838. Logo dunha reforma ortográfica, a cidade foi coñecida como Kristiania entre 1877 e 1925, momento no cal o seu nome orixinal noruegués foi restaurado.

O 1 de xaneiro de 2016, o concello de Oslo tiña unha poboación de 658.390 habitantes, mentres que a poboación da súa área urbana ascendía a 942.084 habitantes, e a súa área metropolitana a 1,71 millóns de habitantes. A poboación da cidade aumenta a un ritmo récord, sendo a cidade co crecemento máis rápido de Europa. Este crecemento débese principalmente á inmigración internacional e á alta tasa de natalidade, así como á migración dentro do propio país. A poboación inmigrante aumenta a un ritmo maior que a poboación norueguesa, elevándose a poboación inmigrante da cidade ao 25%.


2[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/2

3[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Noruega/Cidade destacada/10