María de Villota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María de Villota

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade España España
Anos en activo
Escudería(s) Marussia F1
Grandes Premios disputados 0
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP
Derradeiro GP

María de Villota Comba, nada en Madrid o 13 de xaneiro de 1980 e finada en Sevilla o 11 de outubro de 2013, foi unha piloto española de coches de carreiras. Era filla do expiloto de Fórmula 1 Emilio de Villota e irmá de Emilio de Villota Jr., quen do mesmo xeito que a súa irmá competiu na Formula Palmer Audi.

Carreira[editar | editar a fonte]

De Villota competiu na World Touring Car Championship e nas ADAC Procar Series. En agosto de 2009, asinou un contrato co Atlético de Madrid polo resto da tempada na Superleague Formula.

O 18 de agosto de 2011, o equipo Lotus Renault GP confirmou que De Villota fixera unha proba de debut na Fórmula 1 nun Renault R29 no circuíto Paul Ricard, e estaban en conversacións para conseguir un asento como piloto de probas na F1,[1]. En decembro reiterou o seu desexo de traballar co equipo en 2011, engadindo que estaba en conversacións avanzadas para o papel de terceiro piloto.[2]

O 7 de marzo de 2012, anunciouse que María de Villota uniuse a Marussia F1 Team como piloto de probas,[3] coa oportunidade de probar o coche de F1 a finais de ano.[4]

O 3 de xullo de 2012 sufriu un grave accidente no aeródromo de Duxford (Cambridgeshire, Reino Unido) mentres realizaba unhas probas de aerodinámica para o seu equipo. A súa vida chegou a correr serio perigo, pero tras unha rápida intervención dos servizos de urxencia estabilizóuselle. Desafortunadamente, a causa do accidente, María perdeu o ollo dereito. O accidente tivo lugar por un sistema que teñen os coches de F1. Cando o motor alcanza un nivel de revolucións baixo, o sistema aumenta as revolucións ao 50% da potencia actual. O accidente ocorreu cando o coche de María estaba ao ralentí e chocou contra un tráiler aparcado a pé de pista e coa rampla a media altura o que fixo que o accidente fóra de maior gravidade.[5] Pouco máis dun ano despois do accidente é atopada morta nun hotel de Sevilla, días antes de pronunciar unha conferencia e de presentar o seu libro La vida es un regalo.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Superleague Formula[editar | editar a fonte]

2009[editar | editar a fonte]

Nota: As carreiras en negra indican pole position. As carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Club Equipo 1 2 3 4 5 6 Posición Puntos
2009 Atlético Madrid Alan Docking Racing MAG ZOL DON EST MOZ JAR 15º 202
14 13 14 10 17 7

2009 Super Final Results[editar | editar a fonte]

  • Os puntos dos resultados da Super Final en 2009 non contaban para o campionato principal.
Ano Club 1 2 3 4 5 6
2009 Atlético Madrid
Alan Docking Racing
MAG ZOL DON EST
NSC
MOZ
N/A
JAR
NSC

Notas[editar | editar a fonte]

  1. F1: Female Driver De Villota In Talks For F1 Test Seat Arquivado 12 de novembro de 2012 en Wayback Machine. Speed.com. Posted August 19, 2011. GMM Newswire.
  2. Weeks, James (1 December 2011). "De Villota aiming for Lotus Renault third driver role in 2012". motorstv.com (Motors TV). Consultado o 1 December 2011. 
  3. "Spaniard Maria de Villota joins our test driver programme". Marussia F1 Team. 7 March 2012. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 9 March 2012. 
  4. "Maria de Villota joins Marussia F1 team as test driver for the 2012 season". Autosport. 7 March 2012. Consultado o 9 March 2012. 
  5. "María de Villota, intervenida de una fractura de cráneo tras su grave accidente en Duxford", rtve.es (en castelán).
  6. "Aparece morta a ex piloto María de Villota". De luns a venres. 11 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2013. Consultado o 11 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]