Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.
O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación da Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.
Artigo destacado
editar
O pobo wayuu (tamén chamados wayu, wayúu, guajiro, wahiro) son un pobo indíxena que habita na Península da Guajira, no norte de Colombia e o noroeste de Venezuela. A lingua wayuu forma parte da familia lingüística das linguas macroarauacas.
habitan nun territorio de 15 300 km2 dentro do departamento de la Guajira, Colombia, e 12 000 km2 dentro do estado Zulia, Venezuela, na costa do mar Caribe. O clima da sabana xerófila ó sur e occidente (Baixa Guajira) e de estepa árida ou semiárida ó norte e leste (Alta Guajira), é cálido e seco. A pluviosidade desta rexión é moi reducida e só hai chuvias no juyapu, entre setembro e decembro. Na Alta Guajira está o denominado Macizo Guajiro conformado polas serras Macuira, Jala'la, Chiare, Cojoro e Cocinas e o cerro Epitsú, que acada até 900 msnm. Ó sur da baixa Guajira corren, cara ó oeste o río Ranchería e o río Limón cara ó leste.
Lugar de interese
editar
Ciudad Perdida, Buritaca-200 ou Teyuna é un antigo poboado indíxena e sitio arqueolóxico. Foi construído arredor do século VII ou VIII, uns 650 anos antes que Machu Picchu. Hoxe forma parte dos máis de 250 poboados antigos dos catro grupos indíxenas da cara norte e suroeste da Serra Nevada de Santa Marta, no departamento de Magdalena de Colombia.
Foi descuberta en 1976 por un equipo de arqueólogos do Instituto Colombiano de Antropoloxía dirixido por Alvaro Soto e encabezado por Gilberto Cadavid e Luisa Fernanda Herrera e restaurada case na súa totalidade. Os membros dos pobos locais, os arhuacos, os koguis e os wiwas, declararon que visitaron o sitio con regularidade antes de que fose amplamente descuberto, pero gardaran silencio ó respecto. Chaman a Ciudad Perdida "Teyuna" e cren que foi o corazón dunha rede de aldeas habitadas polos seus devanceiros, os tayrona.
Ciudad Perdida foi probablemente o centro político e manufactureiro da rexión a beiras do río Buritaca e puido ter albergado entre 2.000 e 8.000 persoas. Aparentemente foi abandonada durante a conquista española.
Artigos de calidade (1)
Artigos bos (1)
Imaxe destacada
- ...Arquivo
Biografía destacada
editar
Fernando Botero, nado en Medellín o 19 de abril de 1932, é un acuarelista e escultor colombiano, recoñecido polas súas personaxes de formas redondas e voluptuosas. Séndose el mesmo alcumado ironicamente «o máis colombiano dos artistas colombianos», é un dos raros pintores a coñecer o éxito e a gloria en vida. A súa carreira comeza realmente en 1958, cando gaña o primeiro premio do "Salón de Artistas Colombianos".
Ao grao das súas numerosas viaxes en Estados Unidos e en Europa, Fernando Botero desenvolveu un estilo propio e do cal a súa natureza morta Naturaleza muerta con Mandolina, de 1957, constitúe a primeira manifestación. Este estilo, que se pode observar tanto nas súas pinturas ou debuxos coma nas súas esculturas, permítelle non ser asociado a ningún movemento ou corrente, pasado ou presente. Por outra banda, a súa obra colle inspiración esencialmente da arte precolombiana e da arte popular.
Sabías que...?
- ...Arquivo
Portais relacionados
editar
Países de América do Sur
|