Portal:Cine
Artigo destacado
Dredd é un filme de ciencia ficción e cine de acción estreado no 2012, dirixido por Pete Travis e escrito e producido por Alex Garland. Baseouse no protagonista da serie de banda deseñada Judge Dredd da publicación 2000 AD, creado por John Wagner e Carlos Ezquerra. Karl Urban é o protagonista do filme no papel de Judge Dredd, un axente da lei coas capacidades de xuíz, xurado e verdugo, nunha gran metrópole distópica chamada Mega-City One situada nun ermo postapocalíptico. Garland comezou a escribir o guión do filme no 2006, aínda que o desenvolvemento desta nova adaptación de Judge Dredd, sen relación co filme homónimo de 1995, non se fixo público ata decembro do 2008. Producida polo estudio británico DNA Films, a rodaxe comezou en novembro do 2010, facendo uso extensivo de cámaras 3D. As localizacións desta rodaxe foron en Cidade do Cabo e Xohanesburgo. Dredd estreouse o 7 de setembro do 2012 no Reino Unido e o 21 de setembro do mesmo ano no resto do mundo. As críticas do filme foron positivas en relación os efectos visuais, o elenco de actores e a acción. Porén, o filme recibiu algunhas críticas negativas enfocadas principalmente na percepción dunha falta de elementos satíricos propios da banda deseñada homónima e no exceso de violencia. A baixa recadación nos cines fixo que unha secuela fose improbable, pero o bo número de vendas das edicións domésticas e os esforzos dos afeccionados apoiados pola editorial de 2000 AD, Rebellion, mantiveron viva a posibilidade dun segundo filme. Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada
Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.
Interpretou o papel principal nas comedias How to Marry a Millionaire (Como casar cun millonario, 1953), The Seven Year Itch (1955) e Bus Stop (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi Some Like it Hot (1959), filme polo que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia. Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de barbitúricos, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que manexou a xustiza estadounidense foi a do suicidio, pero nunca puido ser corroborada. O American Film Institute considéraa a sexta mellor estrela de cine feminina de todos os tempos. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|