Cans, O Porriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cans
Can Cans.jpg
Escultura co logo do festival de Cans.
ConcelloO Porriño
Poboación436 hab. (2017)
Entidades de poboación11

Santo Estevo de Cans é unha parroquia do concello do Porriño, situada no Val da Louriña. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 458 habitantes (224 mulleres e 234 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución dun habitante en relación ao ano 1999, cando tiña 459 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A parroquia creouse en 1904, segregada da de Atios. O 26 de febreiro de 1955 tivo lugar na parroquia un accidente dun autobús que ía desde O Porriño cara a Ponteareas, onde ese día había feira. O vehículo incendiouse logo de envorcar nunha curva, morrendo 31 das 44 persoas que nel viaxaban[1]. No lugar da traxedia construíse un monólito conmemorativo.

A parroquia está atravesada pola autovía A-52 que une Vigo e Ourense, e que discorre paralela á estrada N-120. Entre os monumentos naturais e culturais máis sobranceiros destaca o seu famoso castelo, sitio medieval emprazado nun outeiro granítico que domina toda a contorna. No mes de maio celébrase nela o Festival de Cans de curtametraxes, coincidente co Festival de Cannes.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cans[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cans no concello do Porriño (Pontevedra)

Adroza | A Buraca | A Carreira | O Castelo | A Cavadiña | A Chandeiriña | Os Eidos do Medio | Os Eidos | A Graña | O Painzal | A Pedreira

Parroquias do Porriño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Porriño

Atios (Santa Eulalia) | Cans (Santo Estevo) | Chenlo (San Xoán) | Mosende (San Xurxo) | Pontellas (Santiago) | O Porriño (Santa María) | San Salvador de Budiño (San Salvador) | Torneiros (San Salvador)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cuando Cans fue Angrois", artigo de Alfonso Pato en El País, 5 de agosto de 2013 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]