Saltar ao contido

Con saias e a rachar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Con saias e a rachar
Póster de filme
 Instancia de
 Parte de
 Título
Some Like It Hot (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado en
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
19 de marzo de 1959 (Estados Unidos de América)
17 de setembro de 1959 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor (22 de febreiro de 1960)
Óscar ó mellor guión adaptado (22 de febreiro de 1960)
Academy Award for Best Costume Design, Black-and-White (en) Traducir (22 de febreiro de 1960)
Academy Award for Best Cinematography, Black-and-White (en) Traducir (22 de febreiro de 1960)
Óscar ó mellor director (22 de febreiro de 1960)
Óscar á mellor dirección artística en branco e negro (22 de febreiro de 1960) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración120 min Editar o valor en Wikidata
Custo2883848 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación25000000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316751546 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-6E03-0000-Q-0000-0000-X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0k4f3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
8.2/10 Internet Movie Database (7 de marzo de 2026)
98/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
94% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
9.1/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0053291 Filmaffinity: 353180 Allocine: 26186 Rottentomatoes: m/some_like_it_hot Mojo: somelikeithot Allmovie: v45555 TCM: 16637 Metacritic: movie/some-like-it-hot TV.com: movies/some-like-it-hot BNE: XX3762253 Netlix: 60010910 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Con saias e a rachar (en inglés: Some Like It Hot) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake. Foi lanzada o 29 de marzo de 1959, distribuída por United Artists (comprada en 1981 por MGM) e custou pouco máis de 2'8 millóns de dólares.

Dous músicos, Joe e Jerry, presencian o Masacre de San Valentín en Chicago en 1929, feito pola Mafia. Son perseguidos polos gánsteres, que queren desfacerse destas incómodas testemuñas e ao non ter diñeiro e para fuxir de Chicago, disfrázanse de mulleres e ingresan nunha banda de mozas, pasando a chamarse Josephine e Daphne. A banda diríxese a Florida. Joe e Jerry namóranse da cantante e intérprete de ukelele, Sugar, e compiten por chamar a súa atención, á vez que loitan por que non se descubra que son homes. En Florida, o millonario Osgood namórase de Daphne/Jerry, mentres Joe adopta unha dobre personalidade masculina/feminina e vístese imitando a Cary Grant, finxe ser millonario para conquistar a Sugar. A Mafia chega a Miami finalmente e descobre ás testemuñas.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Tony Curtis e Marilyn Monroe en Con saias e a rachar

Gañou un Oscar por Mellor vestiario en branco e negro (Orry-Kelly) e foi nomeada para Mellor actor (Jack Lemmon), Mellor dirección de arte-set branco e negro, Mellor fotografía en branco e negro, Mellor director e mellor guión.

A película foi aclamada mundialmente como unha das mellores comedias xamais feitas (n.º 1 na Lista das grandes comedias da American Filme Institute e 14.º na Lista das 100 mellores películas americanas). A película foi considerada de "significado cultural" pola Biblioteca do Congreso de Washington e seleccionada para a súa preservación na National Filme Registry.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]