Pixar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada dos estudios Pixar.

Pixar Animation Studios é una compañía de animación por ordenador especializada na produción de gráficos en 3D e con sede en Emeryville, California (Estados Unidos). Obtivo coas súas producións 22 premios Óscar da Academia, 4 Globos de Ouro e 3 Grammys.

Pixar foi a creadora da primeira longametraxe comercial totalmente animada por ordenador, Toy Story, que se estreou o 22 de novembro de 1995 nos Estados Unidos. Despois de Toy Story produciu outras 11 películas: A Bug's Life (1997), Toy Story 2 (1999), Monsters, Inc. (2001), Finding Nemo (2003), The Incredibles (2004), Cars (2006), Ratatouille (2007), WALL-E (2008), Up (2009), Toy Story 3 (2010) e Cars 2 (2011).

O 24 de xaneiro de 2006, a compañía Walt Disney acordou comprar Pixar por 7.400 millóns de dólares. A adquisición rematouse o 5 de maio de 2006, facendo a Pixar unha subsidiaria completamente de Disney.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]