Conan o bárbaro (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conan o bárbaro
Ficha técnica
Título orixinal Conan the Barbarian
Director John Milius
Produtor Raffaella De Laurentiis
Buzz Feitshans
Guión John Milius
Oliver Stone
Robert E. Howard
Baseado en Conan o bárbaro de Robert E. Howard
Intérpretes
Música Basil Poledouris
Fotografía Duke Callaghan
Montaxe C. Timothy O'Meara
Estudio Dino De Laurentiis Corporation
Distribuidora Universal Studios (EE.UU.)
20th Century Fox (Internacional)
Estrea España 16 de marzo de 1982
Flag of the United States.svg 14 de maio de 1982
Duración 129 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Fantástico
Orzamento $16 000 000[1]
Recadación $130 000 000[1]
Filme seguinte Conan o destrutor

Conan o bárbaro (en inglés: Conan the Barbarian) é un filme fantástico dirixido e coescrito por John Milius que foi estreado en 1982. Está baseado nas historias de Robert E. Howard, un escritor de ficción pulp da década de 1930, que tratan das aventuras da personaxe epónima nun mundo ficticio de maxia negra e violencia. Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger e James Earl Jones, e conta a historia dun mozo bárbaro (Schwarzenegger) que busca vinganza pola morte dos seus pais a mans de Thulsa Doom (Jones), o líder do culto da serpe. Buzz Feitshans e Raffaella De Laurentiis produciron o filme para o pai dela, Dino De Laurentiis, con Edward R. Pressman como produtor executivo. Basil Poledouris compuxo a banda sonora.

Argumento[editar | editar a fonte]

Nunha escura época dominada polo poder da espada e a maxia (a Era Hiboria), os secuaces de Thulsa Doom, xefe dun exército de guerreiros que domina Aquilonia, entran nunha aldea de Cimmeria asasinando a tódolos seus habitantes, agás ós nenos, que son feitos presos. Un deles, Conan, olla cos seus propios ollos como Thulsa Doom mata ós seus padres, botándolle os cans ó seu padre e decapitando á súa nai. O estandarte que porta o exército invasor queda gravado a lume na memoria do xove Conan, dúas serpes enfrontadas sobre unha lúa e un sol nacente. Anos despois, o xove converterase nun forzudo e afouto guerreiro.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Actor Personaxe
Arnold Schwarzenegger Conan
James Earl Jones Thulsa Doom
Max von Sydow Rei Osric
Sandahl Bergman Valeria
Ben Davidson Rexor
Cassandra Gava Bruxa
Gerry López Subotai
Mako Iwamatsu O Mago Akiro / Narrador
Valérie Quennessen Princesa Yasimina
William Smith Pai de Conan
Franco Columbu Explorador picto
Jack Taylor Sacerdote
Sven-Ole Thorsen Thorgrim
Nadiuska Nai de Conan
Jorge Sanz Conan de neno

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 PRODUCER New York Times (1923-Current file) [New York, N.Y] September 20, 1987: SMA65

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]