Óperas de Claudio Monteverdi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Palacio Ducal de Mantua, onde se estreou L'Orfeo en 1607.

Claudio Monteverdi (1567–1643) escribiu varias obras para a escena entre 1604 e 1643, incluídas dez no xénero daquela emerxente da ópera. Destas, consérvase tanto a música como o libreto de tres: L'Orfeo (1607), Il ritorno d'Ulisse in patria (1640) e L'incoronazione di Poppea (1643). Coñecense outros sete proxectos operísticos; catro foron finalizados e representados en vida do compositor, mentres que abandonou outros tres nalgún momento. De algunhas destas óperas perdidas sobreviviu o libreto.

A ópera xurdiu durante os inicios da carreira de Monteverdi, primeiro como entretemento cortesán tratando de revivir o teatro grego.[1] A primeira obra coñecida en ser considerada unha ópera no sentido moderno é Dafne (1598) de Jacopo Peri, e a súa Euridice (1600) é a máis antiga que sobreviviu.[2] Dado que Monteverdi exerceu como compositor da corte da familia Gonzaga entre 1590 e 1612, posiblemente unírase ao duque Vincenzo Gonzaga en Florencia para a estrea o 6 de outubro de 1600 de Euridice.[3] Se ben non se coñecen as propias impresións de Monteverdi sobre a obra, o duque deuse conta do potencial desta nova forma de arte e procurou gañar prestixio patrocinándoa.[4] Polo tanto, a finais de 1606 encargou a Monteverdi unha obra que agora é considerada como o "nacemento da Ópera Occidental",[5] L'Orfeo, sobre un libreto de Alessandro Striggio o Novo.[6]

En 1613 Monteverdi converteuse en maestro di cappella na Basílica de San Marcos en Venecia, onde continuou a compoñer óperas para a corte dos Gonzaga e posteriormente para o Teatro Santi Giovanni e Paolo.[7][8] As dúas únicas que sobreviviron son Il ritorno d'Ulisse in patria con libreto de Giacomo Badoaro e a súa última ópera, L'incoronazione di Poppea, sobre un libro de Giovanni Francesco Busenello. Sete das súas óperas están perdidas. Destas, L'Arianna, Andromeda, Proserpina rapita e Le nozze d'Enea con Lavinia foron completadas e representadas en vida do compositor. As outras tres óperas perdidas Le nozze di Tetide, La finta pazza Licori e Armida abbandonata, nunca foron finalizadas, polo que se descoñece canta música completou, se a chegou a haber. Para algunhas delas, sobreviviu canto menos o libreto, de autores como Scipione Agnelli, Ercole Marigliani, Ottavio Rinuccini, Giulio Strozzi e Torquato Tasso.[9]

O termo ópera non era amplamente empregado ata o século XVII, polo que as obras musicais de Monteverdi para a escena foron coñecidas por distintos nomes como favola in musica (fábula musical), dramma in musica (drama musical), ou tragedia in musica (traxedia musical).[1] Monteverdi xogou un papel decisivo no desenvolvemento e popularización do xénero para o teatro musical público, a súa obra L'Orfeo é a primeira ópera que aínda se representa regularmente.[10][11]

Táboa[editar | editar a fonte]

sobrevivente Libreto e música existentes
fragmentos Libreto e fragmentos da música existentes
libreto Libreto existente, música perdida
perdida Libreto e música perdidos
Óperas de Claudio Monteverdi[12]
Período[a] Título Estado Xénero[13] Libretista Estrea SV[b]
Data Lugar Ocasión
1606–07 L'Orfeo sobrevivente Favola in musica Striggio Mantua
4 de febreiro de 1607
Palacio Ducal Carnaval de Mantua 318
Partitura
1607–08 L'Arianna fragmentos Tragedia in musica Rinuccini Mantua
28 de maio de 1608
Palacio Ducal Voda ducal 291
Partitura
1616–17 Le nozze di Tetide perdida Favola marittima[c] Agnelli Incompleta Voda ducal -
1618–20 Andromeda libreto Favola in musica Marigliani Mantua
1 de marzo de 1620
Palacio Ducal (probable)[13] Carnaval de Mantua[16] -
1626 Armida abbandonata libreto - Tasso[d] Incompleta Voda ducal[18] -
1627 La finta pazza Licori perdida - Strozzi Incompleta Posiblemente ascensión ducal[19] -
1630 Proserpina rapita fragmentos[e] Anatopismo[f] Strozzi Venecia
16 de abril de 1630
Palacio Mocenigo Voda 323
Score
1640 Il ritorno d'Ulisse in patria sobrevivente Dramma per musica Badoaro Venecia
1639–40
Teatro Santi Giovanni e Paolo Carnaval de Venecia 325
Partitura
1640 Le nozze d'Enea con Lavinia[g] libreto Tragedia di lieto fine Badoaro Venecia
1640–41
Teatro Santi Giovanni e Paolo Carnaval de Venecia -
1643 L'incoronazione di Poppea sobrevivente Dramma musicale[h] Busenello Venecia
1643
Teatro Santi Giovanni e Paolo Carnaval de Venecia 308
Partitura
Revisións[22]
Período[a] Título Estado Xénero[13] Libretista Estrea SV[b]
Data Lugar Ocasión
1639 L'Arianna fragmentos Tragedia in musica Rinuccini Venecia
1639–1640
San Moisés Carnaval de Venecia 291

Óperas[editar | editar a fonte]

L'Orfeo[editar | editar a fonte]

(Galego: "Orfeo")

Monteverdi compuxo L'Orfeo, unha favola in musica (historia en música), sobre un libreto de Alessandro Striggio para a tempada anual de carnaval en Mantua en 1607. Encargada pola Accademia degli Invaghiti, foi estreada no Palacio Ducal o 4 de febreiro de 1607.[23] A obra é a ópera máis Antigua que aínda se representa e graba con frecuencia.[24] O libreto está escrito con instinto dramático, diferente dos experimentos anteriores no novo xénero.[25]

L'Arianna[editar | editar a fonte]

(Galego: "Ariadna")

L'Arianna, unha tragedia in musica (traxedia en música), foi escrita para as celebracións da voda do fillo maior e herdeiro do duque Vincenzo, Franceso e Margarita de Savoia. O libretto de Riinuccini está baseado no mito grego de Ariadna. Foi estreada no Palacio Ducal o 28 de maio de 1608.[26]

Le nozze di Tetide[editar | editar a fonte]

(Galego: "A voda de Tetis")

Le nozze di Tetide, unha favola marittima (historia marítima),[c] foi un proxecto para as celebracións da voda do duque Ferdinando e Caterina de' Medici. Monteverdi recibiu o libretto de Scipione Agnelli sen nome de autor, algo que criticou nunha carta en decembro de 1616.[27] Iniciou a composición,[28] ata que o encargo foi retirado en xaneiro de 1617.[29]

Andromeda[editar | editar a fonte]

Andromeda é unha favola in musica encargada por Don Vincenzo Gonzaga para o Carnaval de Mantua de marzo de 1618, con libreto de Marigliani. Debido ao desinterese de Monteverdi levou dous anos en completarse e foi estreada durante a tempada de Carnaval de 1620, do 1 ao 3 de marzo.[30][31] A música perdeuse, mais o libreto, que durante moito tempo considerouse perdido, foi redescuberto en 1984.[32]

Armida abbandonata[editar | editar a fonte]

(Galego: "Armida abandonada")

Armida abbandonata foi escrita sobre un libreto de Torquato Tasso,[d] e estaba destinada ás celebracións para a voda do duque Eduardo de Parma e Margarita de' Medici. Monteverdi finalizou a obra, pero a representación foi cancelada a causa da morte do duque Vincenzo II Gonzaga a finais de decembro de 1627. Só sobreviviu unha canción a tres voces, "Come dolce oggi l'auretta".[33][34]

La finta pazza Licori[editar | editar a fonte]

(Galego: "A tola finxida Licori")

La finta pazza Licori foi encargada polo secretario da corte de Mantua, Alessandro Striggio o Novo, probablemente para celebrar o ascenso do duque Vincenzo II.[19][34] A obra é o primeiro intento de ópera cómica coñecido,[35] mais a Striggio non lle gustou o libreto de Strozzi e cancelou o encargo en setembro de 1627.[33]

Proserpina rapita[editar | editar a fonte]

(Galego: "O rapto de Proserpine")

Proserpina rapita, un anatopismo,[f] foi composta sobre un libreto de Strozzi para as celebracións pola voda de Lorenzo Giustiniani e Giustiniana Mocenigo, e estreada no Palacio Mocenigo en Venecia o 16 de abril de 1630.[36] Só sobreviviu unha canción a tres voces, "Come dolce oggi l'auretta".[20]

Il ritorno d'Ulisse in patria[editar | editar a fonte]

(Galego: "O regreso de Ulises á súa patria")

Logo da apertura do primeiro teatro público en Venecia, o Teatro San Cassiano en 1637, Monteverdi compuxo unha triloxía de óperas para o teatro público en Venecia, comezando con Il ritorno d'Ulisse in patria, un dramma per musica, sobre un libreto de Badoaro.[37] A súa estrea tivo lugar no Teatro Santi Giovanni e Paolo durante a tempada de Carnaval de 1639–40.[38]

Le nozze d'Enea con Lavinia[editar | editar a fonte]

(Galego: "A voda de Eneas con Lavinia")

Le nozze d'Enea con Lavinia[g], unha tragedia di lieto fine (traxedia con final feliz), con outro libreto de Badoaro, foi a segunda ópera escrita para o Teatro Santi Giovanni e Paolo e estreada na tempada de Carnaval de 1640–41. Aínda que o libreto sobreviviu, a música perdeuse.[37][38]

L'incoronazione di Poppea[editar | editar a fonte]

Portada do libreto.

(Galego: "A coroación de Popea")

L'incoronazione di Poppea e un dramma musicale[h] con libreto de Busenello. É a última ópera da triloxía escrita para o Teatro Santi Giovanni e Paolo, onde foi estreada durante a tempada de Carnaval de 1643. Foi unha das primeiras óperas baseadas en eventos e personaxes históricos.[37][38]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Período no que a ópera foi escrita.
  2. 2,0 2,1 Número no catálogo Stattkus-Verzeichnis, se o ten.
  3. 3,0 3,1 O xénero exacto desta obra é incerto e menciónase de moitos xeitos distintos: unha "ópera", unha "composiciión operística", ou unha favola marittima ("historia marítima"),o nome co que Monteverdi describiuna por primeira vez.[14][15]
  4. 4,0 4,1 O texto non foi escrito especificamente para a ópera, xa que foi adaptado a partir de poemas de Tasso.[17]
  5. Só sobreviviu unha única canción a tres voces, "Come dolce oggi l'auretta".[20]
  6. 6,0 6,1 Coñecida como "anatopismo", mais descoñécese o significado do termo.[21]
  7. 7,0 7,1 Coñecida alternativamente como Le nozze d'Enea e Lavinia ou Le nozze d'Enea in Lavinia
  8. 8,0 8,1 Ás veces denominado "opera regia"[1]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 Brown et al. 2001.
  2. Sonneck 1913, p. 102.
  3. Sternfeld 1986, p. 26.
  4. Ringer 2006, p. 16.
  5. Moller, Nathalie (24 de febreiro de 2017). "L'Orfeo de Claudio Monteverdi est-il le premier opéra ?" (en francés). France Musique. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  6. Ringer 2006, pp. 16, 43.
  7. Carter 2002, pp. 1–3.
  8. Fabbri 1994, p. 2.
  9. Carter 2002, pp. 298–305.
  10. Ringer 2006, pp. 43.
  11. "The Root Of All Opera: Monteverdi's 'Orfeo'" (en inglés). NPR. 8 de xaneiro de 2010. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  12. A información está extraída de Carter 2002, pp. 298–305 a non ser que se indique o contrario.
  13. 13,0 13,1 13,2 Carter & Chew 2001.
  14. Carter 2002, p. 48.
  15. Ringer 2006, p. 113.
  16. Carter 2002, pp. 167–168.
  17. Stevens 1980, pp. 311–13.
  18. Fabbri 1994, pp. 201–204, 223.
  19. 19,0 19,1 Fabbri 1994, pp. 198–199.
  20. 20,0 20,1 Fabbri 1994, p. 223.
  21. Fabbri 1994, p. 221.
  22. A información é de Carter & Chew 2001.
  23. Carter 2002, p. 298.
  24. Weinstock & Hanning 2020.
  25. Ringer 2006, pp. 43–44.
  26. Carter 2002, p. 299.
  27. Fabbri 1994, pp. 148–151.
  28. Fabbri 1994, p. 151.
  29. Carter 2002, p. 301.
  30. Carter 2002, pp. 167–168, 301.
  31. Fabbri 1994, p. 154.
  32. Rosenthal 1985, pp. 1–8.
  33. 33,0 33,1 Fabbri 1994, pp. 201–204.
  34. 34,0 34,1 Carter 2002, p. 303.
  35. Ringer 2006, pp. 111–113.
  36. Carter 2002, p. 304.
  37. 37,0 37,1 37,2 Ringer 2006, pp. 130–131.
  38. 38,0 38,1 38,2 Carter 2002, p. 305.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Libros
Artigos