Crear artigos novos e mellorar os xa existentes. En Portal:Ópera/Colaboracións podes ver exemplos de artigos solicitados e artigos que se deben ampliar sobre a ópera, sobre o ballet hai moitos que crear (de feito case non hai ningún sobre o tema e tan só hai o ballet Petrushka, cómpre crear artigos de todo tipo, ballets, coreógrafos, bailaríns...).
Ampliar os artigos ópera e ballet para facelos o máis completos que sexa posible.
Crear as óperas das caixas de navegación que hai creadas: Verdi Feito!, Bellini Feito!, Berg Feito!, Rossini Feito!, Purcell (feitas 1 de 5), R. Strauss (feitas 12 de 15), Wagner (feitas 11 de 15 + Tetraloxía), Puccini (feitas 7 de 12 + Trittico pendente), Mozart (feitas 7 de 22), Donizetti (feitas 14 de 54), Poulenc (feitas 1 de 3).
Existen numerosos artigos sobre a ópera que teñen o básico (caixa de información, encabezado e personaxes), sería recomendable amplialos antes de crear novos artigos e, na medida do posible, crear os artigos xa con contido dende o principio. Isto é importante para ter máis opcións para presentar na portada do portal ou mesmo na da Galipedia.
Organización
Calquera usuario pode engadir o que crea que haxa que facer no proxecto ou facer propostas de mellora na páxina de conversa do proxecto.
Calquera usuario pode suxerir traballos de colaboración nun artigo ou artigos na páxina de conversa.