Mulleres en Física

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cronoloxía das mulleres en física[editar | editar a fonte]

Esta é unha cronoloxía das mulleres en física, desde o século XVII até o século XXI. Os eventos cronolóxicos amosados na liña do tempo están relacionados coas achegas científicas e coa igualdade de xénero na física.

Galardoadas co Premio Nobel[editar | editar a fonte]

Só tres mulleres gañaron o Nobel de Física, outorgado anualmente desde 1901 pola Real Academia das Ciencias de Suecia.[5] Pero puideron ser máis, entre elas Lise Meitner,[2] Jocelyn Bell, Marietta Blau ou Vera Rubin. Marie Curie foi a primeira muller en recibir o premio en 1903, xunto con Pierre Curie e Henri Becquerel, a primeira persoa e única muller en recibir dous premios Nobel.[6] Maria Goeppert Mayer foi a segunda muller en gañar o premio en 1963, polas súas súas contribucións a entender a estrutura nuclear. Donna Strickland foi a terceira muller en gañar o premio en 2018 con Gérard Mourou.

Outras mulleres que fixeron importantes contribucións ao campo de física aparecen nos seguintes apartados.

Séculos XVII e XVIII[editar | editar a fonte]

  • 1668: Despois de separarse do seu marido, a francesa Marguerite de la Sablière estableceu un salón popular en París. Os científicos e os eruditos de diferentes países visitaron o salón regularmente para falar de ideas e compartir coñecementos. Sablière estudou física, astronomía e historia natural cos seus invitados.[7]
  • 1732: A física italiana Laura Bassi converteuse na primeiro muller membro da Academia de Ciencias de Boloña. Un mes máis tarde, defendeu a súa tese doutoral publicamente. Bassi foi a primeira muller profesora de física no mundo.[8][9]
  • 1751: A física italiana Cristina Roccati recibiu o seu doutoramento pola Universidade de Bologna.[13]

Século XIX[editar | editar a fonte]

  • 1816: A física e matemática francesa Sophie Germain foi a primeira muller en gañar un premio da Academia de París de Ciencias polo seu traballo en elasticidade.[15]
  • 1897: A física americana Isabelle Stone foi a primeira muller en obter un doutoramento en física nos Estados Unidos.[16]
  • 1898: A física danesa Kirstine Meyer foi galardoada coa medalla de ouro da Academia danesa Real de Ciencias e Letras.[17][18]
  • 1899: As físicas americanas Marcia Keith e Isabelle Stone foron as primeiras mulleres membros da Sociedade Americana de Física.[21][22]

Século XX[editar | editar a fonte]

Década de 1900[editar | editar a fonte]

  • 1903: Marie Curie recibiu o Premio Nobel de Física xunto co seu marido, Pierre Curie, e Henri Becquerel, pola descuberta da radioactividade e os dous elementos radioactivos: o radio e o polonio.[1]
  • 1900: As físicas Marie Curie e Isabelle Stone asistiron ao primeiro Congreso Internacional de Física en París, Francia. Eran as únicas dúas mulleres de 836 participantes.[22]
  • 1906: A física, matemática e enxeñeira inglesa Hertha Ayrton foi a primeira muller receptora da Medalla Hughes da Royal Society. Recibiu o premio pola súa investigación experimental no arco eléctrico e nas ondulacións na area.[23]
  • 1909: A física danesa Kirstine Meyer foi a primeira muller danesa en recibir un doutoramento en ciencias naturais. Escribiu a súa disertación sobre "o desenvolvemento do concepto de temperatura" dentro da historia de física.[17][24]

Década de 1910[editar | editar a fonte]

  • 1911: Marie Curie gañou o Premio Nobel en Química.[6] Isto converteuna na primeira persoa en gañar dous premios Nobel .

Década de 1920[editar | editar a fonte]

Década de 1930[editar | editar a fonte]

  • 1937: Marietta Blau e a súa estudante Hertha Wambacher, ambas as dúas físicas austríacas, recibiron o Premio Lieben da Academia austríaca de Ciencias polo seu traballo en observacións de raios cósmicos cunha técnica de emulsión fotográfica.[32][33]

Década de 1940[editar | editar a fonte]

  • 1941: Ruby Payne-Scott uniuse o Laboratorio de Física do Radio de CSIRO do Goberno de Australia; foi a primeira muller radio astrónoma.[38][39]
  • 1947: Berta Karlik, física austríaca, recibiu o Premio Haitinger da Academia Austríaca de Ciencias por descubrir os isótopos do ástato, e da existencia deste na natureza como produto de procesos de decaemento naturais.[41][42]

Década de 1950[editar | editar a fonte]

Maria Goeppert Mayer

Década de 1960[editar | editar a fonte]

Década de 1970[editar | editar a fonte]

  • 1972: Sandra Faber converteuse na primeira muller en formar parte do persoal do Observatorio Lamber a Universidade de California, Santa Cruz.[57]
  • 1973: A física americana Anna Coble foi o primeira muller afroamericana en recibir un doutoramento en biofísica, completando a súa disertación na Universidade de Illinois.[58]
  • 1980: A xeofísica nixeriana Deborah Ajakaiye converteuse na primeira muller africana nomeada profesora de física.[61][62] Foi a primeiro muller elixida na Academia Nixeriana de Ciencia, e a primeiro muller decana de ciencia en Nixeria.[63]
  • 1983: Inmaculada Paz-Andrade converteuse na primeira catedrática de Física na USC. En 1992 foi a primeira muller galardoada coa Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física (RSEF).[64]
  • 1983: A física e astronauta Sally Ride converteuse na primeira muller estadounidense en viaxar ao espazo.[65]
  • 1992: Crease o Daphne Jackson Trust co legado da física británica Daphne Jackson, co fin de axudar as persoas talentosas a regresar as súas carreiras STEM.[66]

Século XXI[editar | editar a fonte]

Década de 2000[editar | editar a fonte]

  • 2000: A astrofísica venezolana Kathy Vivas presentou o seu mapa de estrelas RR Lyrae, proporcionando idea á estrutura e historia da galaxia de Vía Láctea.[68]
  • 2001: Lene Hau e o seu equipo lograron deter un raio de luz completamente. [69]
  • 2002: Creación do Grupo Especializado de Mujeres en Física seguindo as recomendacións da IUPAP (International Union of Pure and Applied Physics) e da Comisión Europea, cos obxectivos de aumentar a presenza de mulleres en física, visibilizar os seus logros e defender os intereses e a igualdade de dereitos e oportunidades das físicas.
  • 2002-2004: Jocelyn Bell Burnell foi presidenta da Real Sociedade Astronómica.[70]
  • 2003: A xeofísica americana Claudia Alexander foi responsable das etapas finais de Proxecto Galileo, unha misión de exploración espacial que acabou no planeta Xúpiter.[71]
  • 2003: Deborah S. Jin e o seu equipo foron os primeiros en condensar pares de átomos fermiónicos. [72]
  • 2005: A galega Mar Capeáns foi a primeira muller española en formar parte do persoal do CERN.[73]
  • 2006 María Ángeles López Agüera é elixida decana da Facultade de Física da USC, e convértese na primeira muller en ocupar este cargo nunha facultade de ciencias na USC.[74]
  • 2007: A física Ibtesam Badhrees foi a primeira muller de Arabia Saudí na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN).[75]
Donna Strickland

Década de 2010[editar | editar a fonte]

  • 2011: A astrofísica americana e de orixe taiwanés Ma Chung-Pei liderou un equipo de científicos que descubriron varios dos buratos negros máis grandes coñecidos de 2011 a 2016.[76]
  • 2014: A física teórica americana Shirley Anne Jackson recibiu a Medalla Nacional de Ciencia. Jackson foi a primeira muller afroamericana en recibir un doutoramento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), e a primeira muller en presidir a Comisión Nuclear Reguladora dos EE.UU.[79][80][81]
  • 2015: Rabia Salihu Sa'id recibiu o Premio da Fundación Elsevier para científicas novas no mundo en desenvolvemento.[82]
  • 2016: Fabiola Gianotti converteuse na primeira Directora do CERN. [83]
  • 2016: Gabriela González foi unha dos catro científicos de LIGO que anunciaron a primeira observación ondulatoria gravitacional. Foi elixida pola revista Nature como unha das 10 figuras máis importantes no mundo da ciencia.[84]
  • 2016: A misión espacial Gaia, na que participan as astrofísicas galegas Ana Ulla da Uvigo e Minia Manteiga da UDC, obtén a imaxe máis completa da Vía Láctea. [85]
  • 2017: A profesora da USC Dolores Cortina foi elixida coordinadora do experimento R3B, dedicado ao estudo da estrutura nuclear e o funcionamento das estrelas.[86]
  • 2017: A astrofísica galega Begoña Vila foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger Planells.[87]
  • 2018: As astrofísicas británicas Hiranya Peiris e Joanna Dunkley e a cosmóloga Licia Verde formaron parte do equipo que recibiu o Premio Breakthrough en Física Fundamental polas súas contribucións a "mapas detallados do universo temperán que mellorou o noso coñecemento da evolución do cosmos e as flutuacións que sementaron a formación de galaxias".[88]
  • 2018: A física galega Montse Calleja recoñecida como unha das científicas españolas máis importantes, dentro da chamada Selección Española da Ciencia.[89]
  • 2018: A astrofísica Jocelyn Bell Burnell recibiu o premio especial Breaktrough en Física Fundamental, polos seus logros científicos e polo seu liderado inspirador. Cos cartos do premio, Bell Burnell creou unhas bolsas para contrarrestar o "nesgo inconsciente" na comunidade da física.[90]
  • 2018: A física alemá Petra Rudolf foi nomeada Presidenta da Sociedade Europea de Física (EPS).[93]
  • 2018: Emma Chapman recibiu o Premio Athena da Royal Society polo seu traballo para terminar co acoso sexual e o acoso escolar no mundo académico.[94]
  • 2018: Jess Wade, a física que escribe artigos na Wikipedia dedicados a mulleres e minorías na ciencia foi elixida pola revista Nature como unha das dez persoas máis influentes na ciencia.[95]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Nobel Prize in Physics 1903". NobelPrize.org. Consultado o 2019-03-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Mulleres nas Bibliotecas da UDC" (PDF). UDC. Consultado o 12-4-2020. 
  3. 3,0 3,1 "The Nobel Prize in Physics 1963". NobelPrize.org. Consultado o 2019-03-08. 
  4. 4,0 4,1 "The Nobel Prize in Physics 2018". NobelPrize.org. Consultado o 2019-03-08. 
  5. Tesh, Sarah; Wade, Jess (2017-09). "'Look happy dear, you've just made a discovery'". PhyW (en inglés) 30 (9): 31–33. ISSN 2058-7058. doi:10.1088/2058-7058/30/9/35. 
  6. 6,0 6,1 "The Nobel Prize in Chemistry 1911". NobelPrize.org. Consultado o 1-4-2020. 
  7. Ogilvie, Marilyn Bailey. Harvey, Joy Dorothy. (2000). The biographical dictionary of women in science : pioneering lives from ancient times to the mid-20th century (en inglés). Routledge. ISBN 978-0-203-80145-1. OCLC 499052455. 
  8. Verdejo, Amelia (2016-07-13). "Laura Bassi (Bolonia, 1711-1778)". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-21. 
  9. "Laura Bassi Italian scientist". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-03-21. 
  10. Yanes, Javier (2016-03-07). "Women Pioneers of Science". OpenMind (en inglés). Consultado o 2020-03-21. 
  11. Molero Aparicio, María; Salvador Alcaide, Adela (2017-11-14). "Madame de Châtelet (1706-1749)". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-21. 
  12. Châtelet, Emilie du. (2014). Les institutions de physique. Dix Huitième Siècle. ISBN 979-10-92328-00-4. OCLC 869725165. 
  13. Clark, William; Golinski, Jan; Schaffer, Simon (1999). The sciences in enlightened Europe. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-10939-8. OCLC 40510462. 
  14. "Laura Bassi. Italian scientist". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-04-12. 
  15. "Sophie Germain". www.agnesscott.edu. Consultado o 2020-04-12. 
  16. Staley, Richard (2008). Einstein's Generation: The Origins of the Relativity Revolution (en inglés). University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-77057-4. 
  17. 17,0 17,1 Aaserud (ed.). Popularization and People (1911-1962) 12. ISBN 9780080466873. 
  18. "Kirstine Bjerrum Meyer, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-10-12. Consultado o 2020-04-12. 
  19. Duck, Francis ((December 2013). "Edith Stoney MA The first woman medical physicist" (PDF). SCOPE 22 (22 (4)): 49–54. 
  20. Pereda, Naia (2014-10-20). "Edith Stoney, científica guerrera y pionera de la física médica.". Desayuno con fotones (en castelán). Consultado o 2020-04-12. 
  21. Women in Science: Antiquity Through the Nineteenth Century: a Biographical Dictionary with Annotated Bibliography. ISBN 9780262650380. 
  22. 22,0 22,1 Einstein's Generation: The Origins of the Relativity Revolution. ISBN 9780226770574. 
  23. "Biographies of Women Mathematicians". 
  24. "Kirstine Bjerrum Meyer, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-10-12. Consultado o 2020-03-21. 
  25. Corrales, Capi. "Matemáticas y matemáticas: vida y obra de Emmy Noether" (PDF). Consultado o 14-3-2020. 
  26. Requena, Belén Valenzuela (2018-02-27). "Emmy Noether por Belén Valenzuela Requena". Revista Española de Física (en castelán) 32 (1): 56–63. ISSN 0213-862X. 
  27. "Cecilia Payne". 
  28. Martínez Mazaga, Uxune. "Felisa Martín Bravo (1898-1979), la primera doctora en física". Mujeres con ciencia. Consultado o 16-3-2020. 
  29. Pintado Heredia, Raquel. "Katharine Burr Blodgett (1898-1979)". Mujeres con ciencia. Consultado o 14-3-2020. 
  30. Roll, Eduardo (2017-07-11). "Antonia Ferrín Moreiras, a primeira astrónoma galega". GCiencia. Consultado o 2020-03-23. 
  31. Edmond A. Mathez (ed.). Copia arquivada. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2008. Consultado o 13 de marzo de 2020. 
  32. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2020. 
  33. "Marietta Blau una estrella de la fisica de particulas". Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  34. Meitner, Lise; Frisch, O. R. (1939). "Disintegration of Uranium by Neutrons: a New Type of Nuclear Reaction". Nature 143 (3615): 239–240. Bibcode:1939Natur.143..239M. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/143239a0. 
  35. Morrón, Laura (2018-09-24). "Lise Meitner, una física que nunca perdió su humanidad". Revista Española de Física (en castelán) 32 (3): 55–64. ISSN 0213-862X. 
  36. Bermejo Patiño, M.R., González Louro, L., González Noya, A. M., Romero,M.J., Romero, C., Pedrido Castiñeiras, R., Martínez Calvo, M. (2007). "As mulleres e o sistema periódico" (PDF). Boletín das ciencias (64): 33–34. ISSN 0214-7807. 
  37. "Marguerite Perey, la otra hija de Marie Curie". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-03-18. Consultado o 2020-04-12. 
  38. "Ruby Violet Payne-Scott, la radioastrónoma pionera". Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  39. Goss, M; McGee, Richard (2009). Under the Radar. The First Woman in Radio Astronomy: Ruby Payne-Scott. Springer. ISBN 9783642031410. OCLC 567353180. 
  40. "Las chicas del ENIAC (1946-1955)". Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  41. "Berta Karlik". Consultado o 14-3-2020. 
  42. "Berta Karlik (1904-1990) y el elemento químico de los mil nombres". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-04-09. Consultado o 2020-04-12. 
  43. "El caso de Rosalind Franklin". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-05-09. Consultado o 2020-07-04. 
  44. "Copia arquivada" (PDF) 105. Bibcode:1957PhRv..105.1413W. doi:10.1103/PhysRev.105.1413. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2020. 
  45. Eberhard Zeidler (2011). Quantum Field Theory III: Gauge Theory: A Bridge between Mathematicians and and Physicists. ISBN 978-3-642-22421-8. 
  46. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1977". 
  47. Simon Sarkadi, Livia (2011). European Women in Chemistry. ISBN 9783527636464. 
  48. "As mulleres e o sistema periódico" (PDF). Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  49. des Jardins, Julie (2010). The Madame Curie Complex: The Hidden History of Women in Science. ISBN 978-1-55861-655-4. 
  50. Navarro, Jesús (2019-12-20). "Maria Goeppert Mayer, por Jesús Navarro". Revista Española de Física (en castelán) 33 (4). ISSN 0213-862X. 
  51. Chiang, Tsai-Chien. (2014). Madame Wu Chien-Shiung : the first lady of Physics Research. World Scientific. ISBN 978-981-4368-92-6. OCLC 907713164. 
  52. "Little Green Men, White Dwarfs or Pulsars?". 
  53. Casanova, Sara Gil (2019-04-11). "Vera Rubin, la astrónoma que nos hizo replantearnos de qué está hecho el universo por Sara Gil Casanova". Revista Española de Física (en castelán) 33 (1): 49–55. ISSN 0213-862X. 
  54. Casanova, Sara Gil (2019-04-11). "Vera Rubin, la astrónoma que nos hizo replantearnos de qué está hecho el universo por Sara Gil Casanova". Revista Española de Física (en castelán) 33 (1): 49–55. ISSN 0213-862X. 
  55. "María Josefa Yzuel: “La arrogancia de algunos científicos no facilita la comunicación de la ciencia”". Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  56. "Willie Hobbs Moore". www.nsbp.org. Consultado o 2020-08-01. 
  57. "The 2009 Bower Award in Science presented to Sandra Faber". Journal of the Franklin Institute 348. ISSN 0016-0032. doi:10.1016/j.jfranklin.2010.02.011. 
  58. Jordan, Diann. Sisters in Science: Conversations with Black Women Scientists about Race, Gender, and Their Passion for Science. Purdue University Press. ISBN 9781557534453. 
  59. admin. "Mary K. Gaillard, pionera de la física teórica, imparte una conferencia en la Universitat de València". news.pcuv.es (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  60. "Wu receives Wolf Prize in physics". Physics Today (en inglés) 31 (5): 81. 2008-12-29. ISSN 0031-9228. doi:10.1063/1.2995047. 
  61. "Mujeres en la Física" (PDF). Consultado o 14-3-2020. 
  62. Yount, Lisa. A to Z of Women in Science and Math. ISBN 9781438107950. 
  63. Encyclopedia of World Scientists. ISBN 9781438118826. 
  64. Pontevedra, Diario de (2018-03-25). "Inmaculada Paz Andrade: "Cuando las mujeres pierdan el miedo llegarán a donde quieran llegar"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  65. "Sally Kristen Ride, física y astronauta". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-05-26. Consultado o 2020-03-28. 
  66. "Our history – Daphne Jackson Trust". daphnejackson.org. Consultado o 2020-03-28. 
  67. "Vista de Mildred Dresselhaus: la reina del carbono. Revista Prisma Tecnológico". revistas.utp.ac.pa. Consultado o 2020-08-01. 
  68. "Yale Researcher Identifies Stars That Give Clues to the Milky Way". 
  69. "Light Changed to Matter, Then Stopped and Moved". 
  70. "Jocelyn Bell Burnell. British astronomer". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-08-01. 
  71. "Claudia Alexander dies at 56; JPL researcher oversaw Galileo, Rosetta missions". 
  72. "NASA-supported researchers have discovered a weird new phase of matter called fermionic condensates.". 
  73. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2020-03-27. 
  74. "«El gran reto para Física es contar con una nueva sede»". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-05-29. Consultado o 2020-03-27. 
  75. "Faces and places" 47. 
  76. "Newly Discovered Black Holes Are Largest So Far". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-08-01. 
  77. "CIENTÍFICAS AFRICANAS QUE VAN ABRIENDO CAMINOS. NASHWA EASSA". Usuaria desactivada. Consultado o 14-3-2020. 
  78. EFE (2013-03-28). "La física brasileña Marcia Barbosa recoge uno de los cinco premios L'Oréal-Unesco 2013". elDiario (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  79. "Shirley Ann Jackson 2014 National Medal of Science Physical Sciences". 
  80. "The Remarkable Career of Shirley Ann Jackson". 
  81. "Shirley Ann Jackson, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-08-05. Consultado o 2020-04-12. 
  82. "Early-Career Women Scientists From Developing Countries Honored at AAAS Annual Meeting". 
  83. "Higgs hunter will be CERN’s first female director". doi:10.1038/nature.2014.16287. 
  84. Efervesciencia (2017-01-09). "Con Gabriela González, a investigadora do ano para Nature". GCiencia. Consultado o 2020-04-12. 
  85. "A misión espacial Gaia, con participación galega, obtén a imaxe máis completa da Vía Láctea". Galicia Confidencial. Consultado o 15 marzo 2020. 
  86. "Dolores Cortina, da USC, dirixirá un proxecto europeo sobre a física das estrelas". Gciencia. Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  87. "A astrofísica Begoña Vila acada o premio Maria Wonenburger". GCiencia. 2017-10-28. Consultado o 2020-03-27. 
  88. "2018 Breakthrough Prize in Fundamental Physics". 
  89. CIENCIA (2018-12-03). "Montserrat Calleja: "Nuestra ilusión es que los instrumentos que desarrollamos en este laboratorio puedan usarse algún día en un hospital"". Quo (en castelán). Consultado o 2020-03-28. 
  90. Press, Europa (2018-09-06). "Jocelyn Bell Burnell, premio Breaktrough por descubrir los púlsares". www.europapress.es. Consultado o 2020-03-27. 
  91. "News Flash: Canadian physicist, Donna Strickland, co-recipient of 2018 Nobel Prize in Physics". 
  92. "Unprecedented Nobel Prize combo may bode well for women in sciences". 
  93. "EPS Council 2018: Petra Rudolf is the next EPS President-elect - European Physical Society (EPS)". www.eps.org. Consultado o 2020-03-27. 
  94. "Royal Society Athena Prize". royalsociety.org (en inglés). Consultado o 2020-08-01. 
  95. "Nature’s 10". www.nature.com (en inglés). Consultado o 2020-08-01. 
  96. "A física Elena G. Ferreiro dirixe un proxecto europeo sobre interacción forte". Gciencia. Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  97. "Susana Marcos: una pionera en la ingeniería óptica galardonada con el Premio Nacional de Investigación". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-08-01. Consultado o 2020-03-28. 
  98. "Karen Keskulla Uhlenbeck". 
  99. "A astrofísica Minia Manteiga ingresa na Academia Galega de Ciencias". GCiencia. 2020-03-04. Consultado o 2020-03-27.