Shirley Ann Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaShirley Ann Jackson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Membro do consello directivo Instituto Smithsoniano
5 de maio de 2005 – 6 de maio de 2017
Presidente Instituto Politécnico Rensselaer
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - física (–1973)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - física (–1968)
Park View School (Washington, DC) (en) Traducir
Theodore Roosevelt High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseJames Edward Young (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica da materia condensada e educación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , profesora universitaria , university president (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAT&T
Nuclear Regulatory Commission (en) Traducir
Universidade Rutgers (pt) Traducir
Instituto Politécnico Rensselaer Editar o valor em Wikidata
Membro de
Participou en
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

WikiTree: Jackson-49908

Shirley Ann Jackson, nada o 5 de agosto de 1946, é unha física estadounidense, e a décimo oitava presidenta do Instituto Politécnico Rensselaer.[1] Recibiu o seu doutoramento en física nuclear no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1973, converténdose na primeira muller afroamericana en conseguir un doutoramento no MIT.[2] É tamén a segunda muller afroamericana dos Estados Unidos en obter un doutoramento en física.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jackson naceu en Washington, D.C.. Os seus pais, Beatrice e George Jackson, fomentaron a súa educación.[4] O seu pai impulsou o seu interese na ciencia, axudándoa nos proxectos para as clases de ciencia. No Instituto de Roosevelt, Jackson graduouse en 1964 coas mellores cualificacións.

Jackson empezou a estudar no MIT en 1964, sendo unha dos vinte alumnos afroamericanos e a única estudando física teórica. Sufriu discriminación por parte dos seus compañeiros, pero elixiu quedar no MIT para a súa tese de doutoramento.[5]

Finalizou a súa tese en Física de partículas en 1973, sendo a primeira muller afroamericana en obter un grao de doutoramento no MIT. Jackson é tamén a segunda muller afroamericana nos Estados Unidos en obter un doutoramento en física.

Posteriormente, dirixiu laboratorios de Física tanto en Europa como Estados Unidos. Ademais, durante 15 anos colaborou cos Laboratorios Bell, onde fixo importantes avances en telecomunicacións: fax portátil, os cables de fibra óptica e a tecnoloxía do identificador de chamadas e a chamada en espera.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "List of Fellows". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  2. Appiah, Kwame Anthony; Gates Jr. Africana: The Encyclopedia of the African and African American Experience (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9780195170559. 
  3. "The 50 Most Important Women in Science". Kalmbach Publishing Co. Consultado o 15 de decembro de 2014. 
  4. "Physicists of the African Diaspora". Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  5. 5,0 5,1 "Shirley Ann Jackson (1946)". Consultado o 11-2-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]