Lene Hau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLene Hau

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Vejle, Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBoston Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Aarhus Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enNanotecnoloxía Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoNaomi Ginsberg (pt) Traducir e Christopher Slowe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Lene Vestergaard Hau, nada en Vejle o 13 de novembro de 1959, é unha física danesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1999 dirixiu o equipo da Universidade Harvard (Estados Unidos de América.) que logrou reducir a velocidade dun raio de luz a aproximadamente 17 metros por segundo. No 2001 conseguiron deter un raio momentaneamente. Isto foi posible grazas ao uso dun superfluído.

En 1989 aceptou unha estadía de investigación en Ciencias Físicas por dous anos na Universidade Harvard. Obtivo o seu doutoramento da Universidade de Aarhus en 1991. A súa especialidade é a física teórica, pero o seu interese moveuse á investigación experimental nun esforzo de crear un novo tipo de materia coñecido como condensado de Bose-Einstein. En 1991 incorporouse ao cadro de persoal científico do Instituto Rowland para a Ciencia, en Cambridge (Estados Unidos de América). Dende 1999 ocupa as cátedras de Física Aplicada e Física, en Harvard.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

As distincións en recoñecemento ao seu labor científico e de servizo inclúen:

  • Bolsa MacArthur Fellowship (2001-2006);
  • O premio NKT da Sociedade Física Danesa (2001);
  • A medalla Ole Rømer, outorgada polo presidente da Universidade de Copenhague (2001);
  • Un título honorífico, Æreshåndværker Kjøbenhavns Håndværkerforening (2001);
  • Samuel Friedman Rescue Award, da Fundación Friedman, Universidade de California, Os Ánxeles (2001);
  • O premio Ano 2000 da Top Danmark Foundation, Copenhague (2000);
  • O premio de J. C. Jacobsen, outorgado pola Fundación Carlsberg, Dinamarca (1989);
  • Bolsa de investigación outorgada pola Facultade de Ciencias da Universidade de Aarhus.

Outorgóuselle, ademais, un posto honorario na Real Academia Danesa de Ciencias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]