Saltar ao contido

Licia Verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLicia Verde

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1971 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Venecia, Italia Editar o valor en Wikidata
Membro do consello directivo arXiv
valor descoñecido – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua
Universidade de Edimburgo - Doutora en filosofía Editar o valor en Wikidata
Tese académicaΩ0, bias and primordial non-Gaussianity : cosmology with future data sets (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (2001 Editar o valor en Wikidata)
Actividade
Campo de traballoCosmoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónoma, física Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCatalan Institution for Research and Advanced Studies (en) Traducir, profesora (2007–)
Universidade de Pensilvania, profesora (2003–2007)
Universidade de Princeton (2002–2003)
Universidade Rutgers, investigadora posdoutoral (2001–2002)
Universidade de Princeton, investigadora posdoutoral (2000–2001)
Universidade de Oslo
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Sitio webicc.ub.edu… Editar o valor en Wikidata
Dialnet: 2633252

Licia Verde, nada en Venecia en 1971, é unha cosmóloga e física teórica italiana, profesora ICREA de Física e Astronomía na Universidade de Barcelona.[1][2] Os seus intereses de investigación inclúen a estrutura a grande escala do universo, a enerxía escura, a inflación e a radiación de fondo cósmico de microondas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1996 graduouse na Universidade de Padua e realizou o doutoramento na Universidade de Edimburgo. Fixo unha estancia posdoutoral na Universidade de Princeton e empezou a traballar na facultade da Universidade de Pensilvania en 2003. En setembro do 2007, Verde converteuse en profesora ICREA na ICCUB da Universidade de Barcelona. Foi profesora na Universidade de Oslo durante o período do 2013 ao 2016.[3] Foi editora de Physics of the Dark Universe Journal e agora é editora do Journal of Cosmology and Astroparticle Physics.[4]

É unha autora moi citada e prolífica, coñecida sobre todo polo seu traballo na estrutura a grande escala, a análise de datos WMAP e o desenvolvemento de ferramentas estatísticas para analizar sondaxes do Universo.[5][6]

Apareceu na película Las Leyes de la termodinámica.[7]

Foi galardoada coa medalla Narciso Monturiol[8] e o premio Nacional de Investigación.[9] En 2018 recibiu o premio Breakthrough en Física Fundamental como parte do equipo WMAP.[10] En 2021 foi galardoada co Premio Jaume I en Investigación Básica.[11]

  1. "Exposició Científiques Catalanes 2.0". Associació Catalana de Comunicació Científica (en catalán). Consultado o 2020-05-17. 
  2. "La científica que ilumina la oscuridad". La Vanguardia (en castelán). 2019-01-20. Consultado o 2020-05-17. 
  3. "ITA University of Oslo". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  4. "Physics of the Dark Universe Journal". 
  5. "Google Scholar Citations". 
  6. "Publications listed at arXiv.gov". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 17 de maio de 2020. 
  7. "Las Leyes de la Termodinámica". 
  8. "19 personalitats i una institució rebran la Medalla i la Placa Narcís Monturiol". Govern.cat (en inglés). Consultado o 2021-01-28. 
  9. 324cat (27 de decembro de 2018). "La cosmòloga italiana Licia Verde, de la UB, Premi Nacional de Recerca 2018" (en català). Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  10. "Licia Verde comparte el premio Breakthrough en Física Fundamental como parte del equipo WMAP | Sociedad española de astronomía". Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  11. "GANADORES 2021 fprj". www.fprj.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]