Lise Meitner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLise Meitner

Lise Meitner en Washington, D.C. en 1946.
Biografía
Nacemento(de) Elise Meitner Editar o valor em Wikidata
7 de novembro de 1878
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1968
(89 anos)
Cambridge, Inglaterra
Lugar de sepulturaSt James Churchyard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Profesora Universidade Humboldt de Berlín
1926 – 1938 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustríaca e sueca.
RelixiónXudaísmo e Protestant Church of the Augsburg Confession in Austria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Director de teseFranz-Serafin Exner e Ludwig Boltzmann Editar o valor em Wikidata
Coñecido porFisión nuclear
Efecto Auger
Protactinio
Actividade
Campo de traballoFísica
Lugar de traballo Estocolmo
Cambridge Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncientífico nuclear , química , profesora universitaria , física Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto Real de Tecnologia (pt) Traducir (–1953)
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Viena
Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir
Instituto Real de Tecnologia (pt) Traducir
Universidade Católica de América Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosNikolaus Riehl (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias en
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoArnold Flammersfeld
Kan-Chang Wang
Nikolaus Riehl
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisPhilipp Meitner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hedwig Meitner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAuguste Meitner, Frida Frischauer-Meitner e Fritz Meitner Editar o valor em Wikidata
ParentesOtto Robert Frisch (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Lieben en 1925
Medalla Max Planck en 1949
Premio Enrico Fermi en 1966

WikiTree: Meitner-14 Find a Grave: 15166236 Editar o valor em Wikidata

Lise Meitner, nada en Viena o 7 de novembro de 1878 e finada en Cambridge o 27 de outubro de 1968, foi unha física austríaca que investigou a radioactividade e física nuclear.[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a terceira de oito fillos dunha familia xudía. Estudou física na Universidade de Viena (na que entrou no 1901) con Ludwig Boltzmann. Despois de doutorarse, mudouse a Berlín en 1907 para estudar con Max Planck e Otto Hahn na Universidade Friederich Wilhelm. Nesta institución traballou durante 30 anos liderando unha sección no Instituto Kaiser Wilhem (na actualide, Max Planck Institut). Ambos investigaron a radioactividade, un dende a perspectiva química e a outra dende a física. No ano 1918 descubriu o Protactinio. No 1923 descubriu a transición non radioactiva denominada Efecto Auger.

Ó ser anexionada Austria por Alemaña no 1938, pola súa condición de xudía,[2] Lise viuse forzada a trasladarse a Suecia, pasando a traballar en malas condicións no Instituto Manne Siegbahn de Estocolmo. Reuniuse de xeito clandestino con Otto Hahn en Copenhaguen (Dinamarca) para programar unha nova rolda de experiencias, que proporcionaron a evidencia da fisión nuclear e foron publicados en xaneiro de 1939, dando Lise a explicación física das observacións e ao proceso de fisión nuclear o mes seguinte.

Ó longo da súa vida publicou numerosos artigos en revistas científicas, recibiu cinco doutorados e outros recoñecementos, coma a medalla de Ouro Max Planck no 1949[2]. No 1944, Meitner foi ignorada mentres Hahn recibía o Nobel, o que foi corrixido en parte no 1966, ó seren galardoados xunto a Fritz Straßmann co Premio Enrico Fermi. O elemento número 109 chámase Meitnerio na súa honra.

No 1960 vaise retirar a Cambridge, Inglaterra. Sendo soterrada en Bramley. O seu sobriño Otto Frisch inscribu na súa tumba o epitafio Lise Meitner: unha física que nunca perdeu a humanidade[2].

Eponimia[editar | editar a fonte]

O cráter lunar Meitner leva este nome na súa memoria.[3]​ O cráter de Venus Meitner tamén conmemora o seu nome. Así mesmo, o asteroide (6999) Meitner recibiu este nome na súa honra.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lise Meitner Dies; Atomic Pioneer, 89. Lise Meitner, Physicist, Is Dead. Paved Way for Splitting of Atom.". The New York Times. 28 de outubro de 1968. Consultado o 9 de marzo do 2016. Dr. Lise Meitner, a físico nuclear nada en austría e que foi a primeira en calcular a enorme enerxía liberada pola división do átomo de uranio, morreu hoxe nun fogar de anciáns de Cambridge. Ela tiña 89 anos de idade. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Rodríguez M. e Fanlo A. Lise Meitner, La física que va iniciar l'era atòmica. Vegueta Edicións. ISBN 978-84-17137-13-7. 
  3. 3,0 3,1 Altschuler e Ballesteros (2016)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1
  • Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0

Outros artigos[editar | editar a fonte]