Saltar ao contido

María Vieites Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Vieites Díaz
Biografía
Nacemento1991 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Doutora en filosofía (2014–2019)
Universidade de Santiago de Compostela - Master of Science (pt) Traducir (2013–2014)
Universidade de Santiago de Compostela - graduado en ciencias (2009–2013)
IES Porta da Auga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Europeo para a Investigación Nuclear (2023–)
Escola Politécnica Federal de Lausana (2019–)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata

María Vieites Díaz, nada en Ribadeo en 1991, é unha científica galega, investigadora en física de altas enerxías.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras facer o ensino medio no IES Porta da Auga de Ribadeo, estudou na Universidade de Santiago, onde tras rematar CC. Físicas se doctorou en 2019. cunha tese sobre o estudo das diferenzas de comportamento entre materia e antimateria mediante a análise de amplitudes en decaementos de mesóns B no experimento LHCb do CERN

Fixo o postdoctorado no LPHE, obtendo un posto no programa Ramón y Cajal, co que, tras varios anos no CERN e na École Polytechnique Fédérale de Lausanne (EPFL, Suíza), retorna a Galicia no 2024.[1]

En xuño de dito ano, foi nomeada coordinadora adxunta no experimento LHCb do CERN,[2] un equipo de que forman parte máis de 1700 persoas dun cento de institucións de 22 países. O seu nomeamento coincidiu coa fase previa a pasar a formar parte do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) en setembro de 2024,[3]

Foi relatora en diferentes congresos e seminarios en Europa e América, e participou en numerosas publicacións.[4][5][6][7]

Distincións[editar | editar a fonte]

No 2020 foi recoñecida mellor científica galega menor de 30 anos.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]