Gabriela González
Gabriela González | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1965 |
Lugar de nacemento | Córdoba |
Nacionalidade | Arxentina e Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidad Nacional de Córdoba |
Ocupación | astrónoma, profesora e investigadora |
Cónxuxe | Jorge Pullin |
Premios | Prêmio Bruno Rossi, Fellow of the American Physical Society, membro do Institute of Physics, Nature's 10, Edward A. Bouchet Award e Petrie Prize Lecture |
Na rede | |
https://www.lsu.edu/physics/people/faculty/gonzalez.php | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gabriela González, nada en Córdoba (Arxentina) o 24 de febreiro de 1965, é unha física, investigadora e profesora arxentina.[1] É coñecida maiormente polas súas contribucións na investigación sobre ondas gravitacionais, e por ser a portavoz do proxecto de investigación de ondas gravitacionais LIGO.[2][3][4][5] Ten no seu haber máis de 100 publicacións realizadas sobre o seu campo de estudo.[6] En abril de 2017 recibiu o premio NAS ao descubrimento científico da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[7][8]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Gabriel é filla de Dora Trembinsky (profesora de Matemáticas) e Pedro González (licenciado en Ciencias Económicas).[9] Realizou os seus estudos primarios na cidade de Córdoba, no Colexio Luterano Concordia. Os estudos secundarios realizounos no Instituto Dr. Manuel Lucero, de Alta Córdoba.[9]
Realizou os estudos superiores na Facultade de Matemática, Astronomía e Física (FAMAF) na Universidade Nacional de Córdoba (UNC) na que se licenciou en 1988.[3][4][10] Sempre estivo vinculada á FAMAF, de feito, foi presidenta do centro de estudantes e sempre mantivo un contacto permanente a nivel científico con ela. Segundo Gabriela, uniuse á familia da física porque cría que esa ciencia podía responder todas as preguntas, pero máis tarde deuse conta que a física non ten unha resposta para todo senón que crea máis preguntas que respostas.

Posteriormente, asentouse en Estados Unidos para estudar na Universidade de Siracusa (en 1989 baixo a tutela de Peter Sawlson), onde obtivo o seu doutoramento en 1995, e especializouse no MIT, onde logo traballou como investigadora do mesmo xeito que na Universidade Estatal de Pensilvania.[3][10][11][12]
En abril de 2017, exercía como investigadora na Universidade Estatal de Luisiana e era portavoz do grupo de colaboración científica de LIGO (Observatorio de Livingston), e da que foi integrante basicamente dende os seus comezos.[2][13][14] Xunto ao seu grupo de traballo, dedícase á calibración e á mellora dos detectores de ondas.[5] En 2008 converteuse na primeira muller en recibir unha cátedra completa para o seu departamento na universidade.
Publicou varios artigos sobre o movemento browniano como un límite á sensibilidade na detección de ondas gravitacionais, e ten un interese en análise de datos para a astronomía de ondas gravitacionais.[15]
En febreiro de 2016 foi unha dos catro científicos de LIGO que anunciaron a primeira observación ondulatoria gravitacional, detectada en setembro de 2015, os outros tres foron David Reitze, Rainer Weiss e Kip Thorne.[16]
González considera que “a ciencia irá moito mellor cando teñamos tantas mulleres como homes” e cre que iso ocorrerá cando caian os mitos sobre os físicos e os xenios, que afastan ás mulleres da investigación, e se recoñeza que na profesión traballa xente normal con vidas normais.[17]
Achegas científicas[editar | editar a fonte]
O descubrimento máis importante efectuado polo grupo de científicos do laboratorio LIGO liderado por Gabriela é, a data de abril de 2017, a confirmación da existencia das ondas gravitacionais. Con todo, nun principio non se lle concedeu demasiada importancia a este achado, aínda que as probas realizadas con posterioridade acabaron determinando que, efectivamente, atopáronse probas fiables da existencia das ondas gravitacionais.[2][3][18]
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 2007ː Premio Edward A. Bouchet[19]
- 2016ː Premio Domingo Faustino Sarmiento, outorgado polo Senado da Nación Arxentina.[2][20]
- 2016ː Seleccionada como unha dos científicos máis influentes de 2016 pola revista Nature.[14]
- 2017: Premio Bruno Rossi[21]
- 2017: Premio anual da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos ao descubrimento científico, xunto a David Reitze e Peter Saulson.[7][8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La doctora en Física Gabriela González, un orgullo para el país y el mundo". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Premiaron a Gabriela González, la cordobesa detrás del hallazgo de ondas gravitacionales". Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Gabriela González: "El descubrimiento merece un Premio Nobel"". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Quién es Gabriela González, la argentina que confirmó la teoría de Einstein". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 "Detectan por segunda vez las ondas gravitacionales que predijo Einstein". Consultado o 2 de decembro de 2016.
- ↑ "List of Peer-reviewed Publications" (PDF). Consultado o 2 de decembro de 2016.
- ↑ 7,0 7,1 "NAS award for cientific discovery". Consultado o 1 de maio de 2017.
- ↑ 8,0 8,1 "Una argentina, premiada y aplaudida por la comunidad científica mundial". 30 de abril de 2017. Consultado o 1 de mayo de 2017.
- ↑ 9,0 9,1 "La doctora en Física Gabriela González, un orgullo para el país y el mundo | GENTE". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ 10,0 10,1 "Gabriela González". Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ "Gabriela González". Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ "Quién es Gabriela González, la cordobesa que lideró el proyecto sobre ondas gravitacionales". La Voz. 11 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2017.
- ↑ Louisiana State University (2 de abril de 2013). "CV" (pdf). Consultado o 5 de maio de 2014.
- ↑ 14,0 14,1 "Nature’s 10 - Ten people who mattered this year.". Consultado o 23 de decembro de 2016.
- ↑ Louisiana State University. "Gabriela González, PhD". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2016. Consultado o 5 de maio de 2014.
- ↑ "LIGO announces gravitational-wave detection". Consultado o 23 de decembro de 2016.
- ↑ Nuño Domínguez (20 de agosto de 2018). "Entrevista | “La ciencia irá mucho mejor cuando tengamos tantas mujeres como hombres”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 20 de agosto de 2018.
- ↑ "Conferencia Ondas Gravitacionales de la Dra. Gabriela González".
- ↑ "Premios y recompensas cientificos / Fisica". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ "EL SENADO DISTINGUIÓ CON MENCIÓN DE HONOR A LA CIENTÍFICA GABRIELA GONZÁLEZ". Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ "Top high-energy prize awarded to LSU physicist and LIGO scientist Gabriela González".
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabriela González ![]() |