Vera Rubin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vera Rubin
150
Vera Rubin en 2009
Datos persoais
Nacemento 23 de xullo de 1928
Lugar Filadelfia, Estados Unidos
Falecemento 25 de decembro de 2016 (88 anos)
Lugar Princeton, Estados Unidos
Residencia [Estados Unidos de América
Nacionalidade Estadounidense
Cónxuxe Robert Rubin[1]
Fillos David Rubin (1950)
Judith Young (1952)
Karl Rubin (1956)
Allan Rubin (1960)
Actividade
Campo Astronomía
Alma máter Vassar College, Universidade Cornell, Universidade de Georgetown
Institucións Instituto Carnegie de Washington
Sociedades Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos
Academia Pontificia das Ciencias
Tese Curvas de rotación galáctica
Director de tese George Gamow
Alumnos de doutoramento Sandra Faber
Contribucións e premios
Coñecido por Relatividade xeral, relatividade especial, efecto fotoeléctrico, equivalencia masa-enerxía, movemento browniano, ecuacións do campo de Einstein, estatística de Bose-Einstein, condensado de Bose-Einstein, teoría do campo unificado, paradoxo EPR
Premios Medalla Bruce
Premio Dickson en Ciencia
Medalla de oro de la Real Sociedad Astronómica
Medalla Nacional de Ciencia

Vera Cooper Rubin, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de xullo de 1928 e finada en Princeton (Nova Jersey) o 25 de decembro de 2016[2], foi unha astrónoma estadounidense, pioneira na medición da rotación das estrelas dentro dunha galaxia.[3] As súas medicións puxeron de manifesto que as curvas de rotación galáctica mantéñense planas, contradicindo o modelo teórico, sendo a evidencia máis directa e firme da materia escura.[4][5]

No seu obituario, Dennis Overbye (do The New York Times), dixo dela que "transformou a física moderna e a astronomía coas súas observacións amosando que as galaxias e estrelas están inmersas no control gravitacional de vastas nubes de materia escura. O seu traballo axudou a introducir un cambio de escala copernicano na conciencia cósmica, é dicir, a percepción do que os astrónomos sempre viran e pensaran que era o universo, é só a parte visible dun masivo iceberg de misterio."[6]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Mudouse a Washington D. C. cando tiña uns 10 anos. Foi daquela cando comezou a a amosar interese pola astronomía.[7] Os seus pais eran inmigrantes xudeus. O seu pai, Philip Cooper, foi un enxeñeiro eléctrico nado en Vilnius, Lituania, co nome de Pesach Kobchefski. A súa nai, Rose Applebaum, orixinaria de Besarabia, traballou para a Bell Telephone Company calculando a lonxitude das liñas telefónicas. Rubin tivo unha irmá maior, Ruth Cooper Burg, que foi xuíz administrativo no Departamento de Defensa dos Estados Unidos.[8]

Educación[editar | editar a fonte]

Rubin decidiu seguir a súa educación pre grao no Vassar College "porque Maria Mitchell —a primiera astrónoma reciñecida dos EEUU— traballara alí";[9] logrou o seu título de grao (BA degree) no 1948,[9] en astronomía, a única en dito campo nesa clase.[10] Tentou enrolarse nun programa para graduados en Princeton pero nunca recibiu o seu catálogo de graduación, non sendo permitidas mulleres no programa de graduados en astronomía ata 1975.[10]

Diferente foi o resultado do seu intento no master de Cornell, onde estudou física con Philip Morrison, e Mecánica cuántica con Richard Feynman e Hans Bethe. Completou a tese no 1951, de xeito controvertido, examinando "a posibilidade dunha rotación conxunta no universo na procura dun fluxo 'non de Hubble'"Larsen, Kristine (March 1, 2009). "Vera Cooper Rubin". Jewish Women: A Comprehensive Historical Encyclopedia. Brookline, MA: Jewish Women's Archive. Consultado o December 30, 2016. </ref> período no que fixo unha das primeiras observacións de desviacións do fluxo de Hubble no movemento das galaxias.

Na súa tese doutoral (en Georgetown), Rubin argumentou que as galaxias poderían estar rotando arredor de centros descoñecidos, máis que sinxelamente separándose, como era suxerido pola teoría do Big Bang naquel tempo. Robert Irion, en Science, describiu asi o traballo:

O primeiro traballo [do marido de Rubin, Robert] foi no Laboratorio de Física Aplicada da [[Universidade Johns Hopkins]… onde traballou co físico Ralph Alpher. [Alpher] introduciu ós Rubin co seu colega, o astrofísico George Gamow da Universidade George Washington. Gamow deviu o conselleiro de Vera Rubin aínda que ela era docente en Georgetown, na que tiña a área do programa de Ph.D. en astronomía.[9]

O estudo, realizado baixo a dirección de Gamow[11] e completado no 1954, concluíu que máis que estar distribuídas de xeito aleatorio polo universo, as galaxias aglutínanse, unha idea entrevista por outros durante dúas décadas.[12]. A publicación do estudo foi rexeitada polo Astronomical Journal e polo The Astrophysical Journal[7]. Máis tarde admitiu que tiña poucos datos, pero a súa tese foi importante para a evidencia de Gerard de Vaucouleur dun "supercluster local"[13]. Isto forzouna a continuar o seu traballo analizando como as estrelas se moven por fóra das galaxias, campo no que continuou ata a súa morte en 2016[14].

Traballo[editar | editar a fonte]

Trala súa graduación, foi profesora en Montgomery County Community College e tamén traballou na Universidade de Georgetown como asistente de investigación. No ano 1962 foi profesora asistente. No 1965, foi a primeira muller en usar os instrumentos do Observatorio de Palomar Alto. No 1965 tamén mantivo un posto no Departamento de Magnetismo Terrestre en Carnegie. Foi Senior Fellow no Departamento de Magnetismo Terrestre e a súa área de traballo foi descrita como "Galáctica e dinámica extragaláctica: estrutura a grande escala e dinámica do universo".


Recoñecementos académicos e membresías[editar | editar a fonte]

Membro da Academia Nacional de Ciencias dos EEUU,[15] da Academia Pontificia de Ciencias,[16] e da Sociedade Filosófica Americana.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vera Rubin". 
  2. "Pioneering astronomer Vera Rubin dies at 88". AJC.com. Consultado o 26/12/2016. 
  3. "MATERIA OSCURA, ASTRÓNOMA BRILLANTE: VERA RUBIN". caosyciencia.com (en español). Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  4. Pérez Martín, Isabel (17 de decembro de 2009). "Materia oscura, astrónoma brillante: Vera Rubin". Consultado o 1 de xaneiro 2013. 
  5. "Vera Rubin y el lado oscuro del universo". La Aventura de la Ciencia. 19 de maio de 2015. Consultado o 22 de maio 2015. 
  6. Overby, Dennis (27 de decembro de 2016). "Vera Rubin, 88, Dies; Opened Doors in Astronomy, and for Women". The New York Times. 
  7. 7,0 7,1 "Vera Cooper Rubin | Jewish Women's Archive". jwa.org. Consultado o 7 de abril 2016. 
  8. Bartusiak, Marcia (xuño de 1993). Harper Collins, ed. Through a Universe Darkly: A Cosmic Tale of Ancient Ethers, Dark Matter, and the Fate of the Universe. pp. 88–94. ISBN 0060183101. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Irion, Robert (2002). "The Bright Face behind the Dark Sides of Galaxies". Science (Washington, DC: AAAS) 295 (5557, February 8): 960–961. doi:10.1126/science.295.5557.960. Consultado o December 29, 2016. 
  10. 10,0 10,1 Overbye, Dennis (27 December 2016). "Vera Rubin, 88, Dies; Opened Doors in Astronomy,and for Women". The New York Times. 
  11. Popova, Maria (April 18, 2016). "Pioneering Astronomer Vera Rubin on Women in Science, Dark Matter, and Our Never-Ending Quest to Know the Universe" (journalist blog). Brain Pickings (self-published). Consultado o December 26, 2016. 
  12. Johnson, Ben & Tsai, Meigy (April 24, 2013). Contributions of 20th Century Women to Physics (CWP). CWP and Regents of the University of California. 
  13. Bartusiak, Marcia (xuño 1993). Through a Universe Darkly: A Cosmic Tale of Ancient Ethers, Dark Matter, and the Fate of the Universe. HarperCollins. pp. 88–94. ISBN 0-06-018310-1. 
  14. Irion, Robert (2002). "The Bright Face behind the Dark Sides of Galaxies". ProQuest Science Journals. 
  15. NAS Staff (2016). "Vera Rubin". National Academy of Sciences (NAS). Consultado o December 26, 2016. 
  16. "Women's History Month – Vera Rubin". Consultado o December 26, 2016. 
  17. "APS Members' Directory Search". Consultado o December 26, 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.