Cecilia Payne-Gaposchkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cecilia Payne-Gaposchkin
Cecilia Helena Payne Gaposchkin (1900-1979) (2).jpg
Cecilia Helena Payne-Gaposchkin
Datos persoais
Nacemento 10 de maio de 1900
Lugar Wendover, Reino Unido Reino Unido
Falecemento 7 de decembro de 1979
Lugar Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa cancro
Residencia Lexington, Massachusetts
Nacionalidade Británica
Cónxuxe Sergei I. Gaposchkin
Actividade
Campo Astronomía, astrofísica
Alma máter Universidade de Cambridge
Director de tese Harlow Shapley
Arthur Eddington
Alumnos de tese Helen Sawyer Hogg, Joseph Ashbrook, Frank Kameny, Frank Drake, Paul W. Hodge
Premios Henry Norris Russell Lectureship e Prêmio Annie J. Cannon de Astronomia
Cecilia Payne-Gaposchkin02b.jpg
editar datos en Wikidata ]

Cecilia Payne-Gaposchkin, nada o 10 de maio de 1900 en Wendover (Inglaterra) e finada o 7 de decembro de 1979 en Cambridge (Estados Unidos de América), foi unha astrónoma anglo-americana, que, no 1925, na súa Tese de Doutoramento (Ph.D) indicou que as estrelas están compostas na súa meirande parte por hidróxeno e helio.[1] Este traballo foi considerado moito tempo como "a máis destacada tese de doutoramento escrita nunca en astronomía".

Biografía[editar | editar a fonte]

Cecilia Payne naceu en Inglaterra e estudou botánica, física e química na Universidade de Cambridge. Pola imposibilidade de conseguir un título por ser muller, abandonou Inglaterra no 1922 coa intención de vivir en Estados Unidos, nacionalizándose no 1931. No 1925 converteuse na primeira persoa en ter un doctoramento en astronomía no Radcliffe College (hoxe, parte de Harvard) grazas á súa disertación sobre “atmosferas estelares, unha contribución ó estudo da observación das altas temperaturas nas capas invertidas das estrelas” (Stellar Atmospheres, A Contribution to the Observational Study of High Temperature in the Reversing Layers of Stars).

Cecilia Helena Payne-Gaposchkin traballando.

O astrónomo Otto Struve calificou o traballo de Cecilia como “sen dúbida a tese de doutoramento en Astronomía máis sobresaínte da historia”. Aplicou a teoría da ionización desenvolta polo físico Meghnad Saha para poder relacionar de xeito exacto a clasificación espectral das estrelas coa súa temperatura absoluta. A tese estableceu que o hidróxeno era o compoñente principal das estrelas.

Nunha viaxe posterior por Europa no 1933 coñeceu o astrofísico ruso Sergei I. Gaposchkin en Alemaña. Axudoulle a conseguir un visado para Estados Unidos e casaron en marzo de 1934, tendo tres fillos. Payne-Gaposchkin seguiu en activo toda a súa vida, desenvolvendo o seu labor en Harvard. Tardou varias décadas en ter un posto oficial: ata 1938 non se lle concedeu o título de “astrónoma”. No 1956 foi a primeira muller en acadar o posto de profesora asociada en Harvard, e logo, foi tamén a primeira en dirixir un departamento na mesma universidade.

Premios e honores[editar | editar a fonte]

Citas[editar | editar a fonte]

A recompensa do científico novo é a emoción de ser a primeira persoa na historia do mundo que ve ou entende algo. Nada se pode comparar con esa experiencia… A recompensa do científico vello é a sensación de ter visto como un vago borrador se convertía nunha paisaxe maxestosa.

— Cecilia Payne-Gaposchkin

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gratzer, Walter (2004). "148. Un mundo de hombres". Eurekas y euforias (Eurekas and Euphorias) (en castelán). Barcelona: Crítica. p. 367. ISBN 84-8432-558-X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cecilia Payne-Gaposchkin: An Autobiography and Other Recollections, Cecilia Payne-Gaposchkin, Katherine Haramundanis, ed. (Cambridge University Press, Cambridge, 1984).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Obituarios