Saltar ao contido

Begoña Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBegoña Vila

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaWashington, D.C. Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de La Laguna
Jodrell Bank Centre for Astrophysics
Universidade de Manchester
Instituto de Astrofísica de Canarias
School of Physics and Astronomy, University of Manchester Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrofísica, enxeñeira, astrónoma Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGoddard Space Flight Center (pt) Traducir
Axencia Espacial Canadense
Fine Guidance Sensor and Near Infrared Imager and Slitless Spectrograph
NASA
Telescopio espacial James Webb Editar o valor en Wikidata
Premios

Begoña Vila Costas, nada en 1963 en Vigo, é unha astrofísica galega especializada no estudo de galaxias espirais.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica das Canarias (1981-1986) e doutorouse no Centro Jodrell Bank para Astrofísicos da Universidade de Manchester (1989)[2].

Traballou para a Axencia Espacial Canadense no deseño e construción do Fine Guidance Sensor (FGS), o sensor do telescopio espacial James Webb[3]. O FGS foi entregado á NASA en 2012, momento no que decidiron contratala no departamento de enxeñería de sistemas da NASA do GSFC (Programa Xeofísico, Xeodinámica e de Espazo Xeodésico)[4]​ do Fine Guidance Sensor (FGS), sensor que levará o telescopio espacial James Webb ademais de ser a encargada da proba fría final do grupo de instrumentos antes da súa integración co telescopio.[5]

Un ano despois, Vilas foi nomeada ‘FGS lead systems engineer’, ou o que é o mesmo: a persoa de referencia na toma de decisións en relación ao sensor. [2] Vila é a encargada de controlar que o telescopio espacial James Webb -sucesor do "Hubble"- teña a máxima precisión na toma de imaxes despois do lanzamento, e posta en órbita o 25 de decembro de 2021, a bordo dun foguete Ariane 5.[6]

En 2018 residía en Washington, D.C., onde traballaba como enxeñería de sistemas no centro de voo espacial Goddard.

É membro da ECUSA-DC, asociación que engloba á comunidade científica española das áreas de Washington DC, Maryland e Virxinia.[7]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • 2016 “Exceptional Public Achievement” (Logro Público Excepcional). Galardón que lle outorgou a NASA, os anos de logros excepcionais e liderado no deseño, desenvolvemento e probas do FGS[2] como parte do seu traballo no James Webb.[8]
  • 2017 Premio María Josefa Wonenburger Planells.[9] Outorgado pola Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia polo seu excelente labor científico.[8]
  • En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[10]
  • En 2025 foi nomeada doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo.[11]
  1. "Begoña Vila Costas". Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Begoña Vila Costas". Mulleres en Galicia. Consultado o 7/4/2019. 
  3. "Begoña Vila Costas". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2022-03-31. 
  4. "Work in Action – NASA GSFC" (en inglés). Consultado o 5 novembro 2018. 
  5. "“O telescopio James Webb verá as primeiras luces do universo”". Consultado o 5 novembro 2018. 
  6. "data de lanzamento do Telescopio espacial James Webb" (en inglés). Consultado o 4 xaneiro 2022. 
  7. "Begoña Vila: “Co novo telescopio da NASA miraremos as primeiras estrelas”". GCiencia. Xornalismo+Divulgación. Consultado o 07/04/2019. 
  8. 8,0 8,1 "Begoña Vila Costas". PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS. Consultado o 07/04/2019. 
  9. "A astrofísica Begoña Vila gaña o premio Wonenburger". Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  10. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 
  11. "A UVigo inviste doutora honoris causa á astrofísica Begoña Vila en recoñecemento á súa contribución á exploración do Universo Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2025-10-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns

[editar | editar a fonte]